miércoles, 29 de mayo de 2024

Intercambio de cartas 4º

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Ao longo do trimestre os vosos compañeiros e compañeiras de 4º estiveron facendo novas amizades a través do correo.

Xa sabemos que hoxe en día todos estades comunicados a través das redes sociais. Sen embargo, non hai moito tempo, empregabamos o lapis e o papel. A través das cartas familias ou amizades intercambiaban a información das súas vidas e agardaban ansiosos a chegada dunha nova carta contando as novas dos seus seres queridos.

Isto fixeron os compañeiros de 4º. Intercambiaron cartas coa rapazada de 4º do CPI Plurilingüe de Vedra. Ao longo do trimestre foron presentándose, como son, que lles gusta, afeccións,... Mandan as súas cartas coidando a súa caligrafía e ortografía, variando os temas a tratar e establecendo conversas moi interesantes. Un impresionante traballo de redacción voluntario e moi motivante en colaboración co CPI Plurilingüe de Vedra ao que saludamos dende aquí e invitaremos pronto para coñecernos en persoa.




0 comentarios: