miércoles, 30 de enero de 2013

30 de xaneiro do 2013 DÍA DA PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas:
O Día da PAZ chegou e tamén o tempo de ver e amosar o resultado dunha semana de traballo en equipo, de colaboración, de lectura, de búsqueda da PAZ, pintar, recortar, ler e reler, preparar voces, preparar sons... e ao final velaí está  A máscara do León. Un conto que pasou a ser un pouquiño noso. Xa forma parte da historia do centro. Aquí tedes o voso conto. O noso conto:



Non esquezamos "A HORA DE LER". Esas nove lecturas que durante nove días lemos nas nove aulas. Tanto os nenos e nenas como titores e especialistas foron dándolle vida ás distintas historias para buscar a súa relación coa PAZ. Aprendimos moito da PAZ. Da importancia de dar e compartir, de tentar axudar aos que están ao noso lado, sen ter que perderse en grandes ideales. Aquí déixovos un vídeo onde se ve como foron as lecturas nestes nove días que hoxe rematan deixando claro que
A LECTURA TAMÉN É UN CAMIÑO PARA A PAZ




Non podemos finalizar este fermoso traballo do día da PAZ sen mencionar aos rapaces e rapazas de 6º que estiveron buscando frases célebres de famosos para deixar aquí recollidas e poñer un punto e seguido no noso compromiso por e para a PAZ.
Agardo que gocedes tanto como eu vendo os videos que aquí quedan recollidos
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


martes, 29 de enero de 2013

A lectura: Un camiño para a PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas:
Que fermosos son os contos que estes días titores e especialistas len con vós na hora de ler!!
Sabedes? Os mestres gozan tanto cos contos coma vós e para mostra déixovos unhas fotos.
Ollade como miran e comentan os contos antes de levalos a aula.
É unha ledicia ver como nove contos son capaces de mover a todo o centro.
Vedes como a lectura ten moito poder?
Parabens amiguiños e amiguiñas por conseguir nestas datas que a LECTURA sexa un camiño MÁIS para a PAZ


Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

viernes, 18 de enero de 2013

30 de Xaneiro DÍA DA PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas:
Estamos a preparar o DÍA DA PAZ. Hoxe ao chegar ao cole sorprendémonos cun bonito mural.

  











 
Unha mandala que nos amosa a lectura como un camiño para a paz. Ao longo de 9 días faremos 9 lecturas para conmemorar esta celebración.
Os maiores lembrarannos frases célebres referidas á PAZ.
O cole, en conxunto, faremos o noso propio conto. Así todos xuntos o día 30 de xaneiro pecharemos as actividades adicadas a esta conmemoración cunha sorpresa para todo o centro.
Espero que estes contos vos gusten, divirtan e que a través deles poidamos achegarnos un pouquiño máis ao que significa a palabra PAZ.






Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 9 de enero de 2013

Remataron as Vacacións

Ola amiguiños e amiguiñas. Xa remataron as vacacións!!! Que tal a volta á escola? Foron moitos os agasallos recibidos nestes días?
Eu teño que dicir que estou moi ledo. A biblioteca encheuse de novos libros, algúns deles dos aconsellados na guía de recomendacións. Non sabedes o contento que estou. Hai libros para todos e son preciosos. Pasei todas as vacacións lendo como un lapis traballador. Regaláronvos libros? Cales? Contádeme algo e haberá sorpresas, lectura e diversión para todos e todas.

Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 18 de diciembre de 2012

Un libro polo Nadal

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Desexando a chegada das vacacións?
Tedes ganas de pasar uns días na casa coa familia? Supoño que si.
Eu dende aquí, dende a Biblioteca, déixovos un agasallo:
Algúns consellos de lectura para as vacacións.
Libros e contos onde a aventura, a maxia, a tenrura, a ledicia e a emoción están presentes.
Son moitos, moitos,... moitísimos os contos e os libros que podería recoller e recomendar para ler nestas datas... Aquí tedes os que máis me gustaron.

Agardo que vos gusten.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

FELICES FESTAS

Ola nenos e nenas de Bandeira!!!
Xa chegan as vacacións de Nadal e dende a Biblioteca anímovos a seguir lendo e vivir divertidas aventuras a través dos contos. Felices Festas a todos e todas.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



lunes, 17 de diciembre de 2012

12-12-2012 ás 12 con Celso Emilio Ferreiro

O 12 do 12 do 2012 ás 12:00 celebramos no noso centro o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. Os nenos e nenas do 3º ciclo rapearon un dos poemas deste autor: "Deitado fronte ao mar".
Un fantástico traballo fruto da ilusión dos nenos e nenas de 5º e 6º baixo a tutela da mestra de música, María.
Aquí queda recollido o rap de "Deitado fronte ao mar". Agardo que vos emocione e goste tanto coma a min.


Se queredes ler algo máis deste fantástico autor déixovos dous consellos de lectura que podedes atopar na biblioteca.


Un  saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

jueves, 13 de diciembre de 2012

A Constitución polos rapaces e rapazas de 6º

Ola amiguiños e amiguiñas. Como ben sabedes estes días estivemos a celebrar a conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia. Os alumnos e alumnas de 6º dedicaron un tempo da clase a traballar en profundidade este tema. As súas conclusións deixáronas expostas na entrada do centro para todos e agora a través deste Blog.
Espero que vos gusten.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


domingo, 9 de diciembre de 2012

Contos para sentir

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Lembrades que o pasado día 3 de decembro conmemoramos o Día Internacional das Persoas Discapacitadas? Pois a orientadora, Lucía, deixounos unha lista de contos para achegarnos a esta temática. Son contos moi interesantes e relacionados coa discapacidade. Pouco a pouco iredes atopándoos na biblioteca. Algúns xa os temos...
Aquí tedes a lista proposta por Lucía.

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!




A Constitución e o Estatuto de autonomía de Galicia

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Dende o día 1 deste mes e ata o día 11 conmemórase a Constitución e o Estatuto de autonomía de Galicia. Que quere dicir esto? Sodes quen de dicirme que significa esta data para nós? Que é a Constitución? Que é o Estatuto de autonomía de Galicia? Coñecedes algún conto ou libro ou video que poida axudar a outros nenos e nenas a entender o que significan estas conmemoracións?
Agardo as vosas respostas...


Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!