Ola amiguiños e amiguiñas!! Chega o Nadal e o tempo de vacacións. Un tempo máxico para soñar, compartir e gozar en familia. Dende a biblioteca animámosvos a compartir as lecturas en familia e descubrir historias inesquecibles.
Nas páxinas dos contos agóchanse duendes, animais faladores, aventuras, curiosidades, quer fan rir, soñar e imaxinar. Coma sempre invitámosvos a vir a biblioteca en busca de contos sorprendentes, pero tamén deixamos estas recomendacións lectoras de Nadal para o voso tempo de lecer e descanso.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Durante as últimas semanas, os nenos e nenas de 4º de primaria convertéronse en auténticos xornalistas e xornalistas deportivos. A través dunha pequena investigación, achegáronse a un deporte moi presente na nosa contorna: a petanca, e coñeceron de preto a historia e o traballo do Club Petanca Bandeira.
O resultado foi a preparación dunha entrevista, na que os nenos e nenas tiveron a oportunidade de falar directamente con José e Miki membros do Club Petanca Bandeira, un club histórico, con máis de corenta anos de traxectoria, que leva o nome da Bandeira por toda Galicia.
Durante a entrevista falouse da orixe do club, da importancia da amizade e do compañeirismo, dos adestramentos, dos torneos e tamén das emocións que se viven arredor deste deporte. O alumnado descubriu que a petanca non é só lanzar bólas, senón respecto, convivencia, paciencia e traballo en equipo.
Despois, todo o alumnado de primaira participou en pequenos obradoiros de petanca. Pronto os veremos no campo de Bandeira poñendo en práctica o aprendido.
Dende aquí queremos agradecer ao Club Petanca Bandeira a súa dispoñibilidade, a súa cercanía e o cariño co que acolleron as preguntas do noso alumnado. Grazas por axudarnos a aprender e por ser un exemplo de deporte, compromiso e comunidade.
Ola amiguiños e amiguiñas"" A pasada semana celebramos o 25 N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Un mural co lema "Florece e medra libre" e as cancións que nos dan a forza para facelo foron os pasos a seguir este ano. Tiñamos que rematar este traballo presentando estas cancións en Radio Garabullo e falando cunha pequeno representación de cada aula. As locutoras do podcast: Martina, Lola, Lucía e Henar de 5º.
Infantil propuxo "Varre Vasoira" de Fillas de Cassandra.
1º de Primaria propuxo "A porta violeta" de Rozalén.
2º de Primaria propuxo "Vivir mi vida" de Marc Anthony
3º de Primaria propuxo "Que non mo neguen" das Tanxugueiras
4º de Primaria propuxo "Madre Tierra" de Chayanne
5º de Primaria propuxo "Son Muller" de Máis boas cas patacas
6º de Primaria propuxo "No dejaré de quererte" de Dani Fernández
O Ceip de Bandeira convídavos a coñecer, coa axuda de Garabullo, a nosa Biblioteca e a mergullarvos no fascinante mundo dos libros. Neste curso viaxaremos a miles de experiencias inesquecibles... AGARDÁMOSVOS!!!!
Buscar este blog
PDI "CREATECA"
Cada conto aporta aprendizaxes infinitas. Preme na imaxe e segue aprendendo
BIBLIOTECA CREATIVA 2023-2024
Premendo na imaxe podedes ver as actividades de Biblioteca Creativa
LECTURA E FAMILIA
Premendo na imaxe poderedes acceder ás actividades relacionadas con este proxecto
Bibliotecas Escolares
RADIO NA BIBLIO
Preme na imaxe e poderás ver todos os "Podcast" de Radio Garabullo para RADIO NA BIBLIO