Ola amguiños e amiguiñas!! O curso está rematado pero aínda quedan cousiñas por amosar. O alumnado de 6º quixo facer un vídeo de despedida a Marisa pola súa xubilación. Un vídeo en nome de toda a escola que resumo o importante que foi a nosa mestra Marisa para todo o centro. Feliz xubilación!!
martes, 1 de julio de 2025
O ALUMNADO DE 6º despide a Marisa dun xeito moi especial
lunes, 30 de junio de 2025
CIRCUÍTOS EN 6º DE PRIMARIA
Ola amiguiños e amiguiñas!! O curso rematou, pero aínda quedan cousiñas por amosarvos. O alumnado de 6º estivo na aula de Polos Creativos fedellando e aprendendo moitas cousas dos circuítos.
viernes, 20 de junio de 2025
As sesións de Robótica en 5º de primaria
Ola amguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes dende a biblioteca promovemos actividades de todo tipo dirixidas a mellorar a lectura, escritura, expresión oral, creatividade, imaxinación,... Este ano dende Biblioteca Creativa e en colaboración con Polos Creativos e a titoría de 5º fixéronse moitas actividades interesantes e dirixidas a completar os traballos de aula. Queredes saber coma traballaron?
Fixenron probas con LEGOS:
martes, 17 de junio de 2025
Cristina a mamá de Manuela e "PEPA A LOBA"
Ola amiguiños e amiguiñas!! Onte tivemos a sorte de contar coa visita da man de Manuela de 4º de infantil. Xuntou a todos e todas na biblioteca en dúas tandadas para falar de "Pepa a Loba". Cinguindo a maxia das lendas e a realidade, a imaxinación, a música e a interpretación fíxonos pasar uns momentos moi divertidos e de aprendizaxe. Grazas Cris pola túa colaboración.
lunes, 16 de junio de 2025
Programa 3: Parabéns 16-06-2025
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa chega o fin de curso e o programa de Parabéns tamén remata. Un curso máis os parabéns e as novas do cole acompañaron os comedores do cole dándolle ese aire festivo e compartindo ese momento que tanto nos ilusiona a todos coma é o día do noso aniversario e a celebración con todos e todas no comedor.
domingo, 15 de junio de 2025
Obradoiro de costura con FÁTIMA a mamá de Sabela de 4º
Ola, amiguiños e amiguiñas!! O luns pasado os nenos e nenas de 4º tiveron a sorte de contar coa visita de Fátima, a nai de Sabela. Participaron nun obradoiro de costura no que coseron un "Xogo de Tres en Raia". Primeiro fixeron unha bolsiña na que bordaron a súa inicial e decoraron coma quixeron. Despois coseron a bolsa coa máquina de coser e recortaron as pezas do seu "Tres en raia". Pasárono xenial e vese que isto de coser non se lles da nada mal!!
miércoles, 11 de junio de 2025
"Nós tamén creamos" e Navega Caracol
Ola, amiguiños e amiguiñas!! Se vos falo de "Nós tamén creamos".... Sabedes de que se trata?
Pois o Programa NÓS TAMÉN CREAMOS é un programa que ten por obxectivo fomentar o uso e a aprendizaxe do galega o través da creación audiovisual, concretamente mediante a realización de curtametraxes de animación coa técnica do STOP MOTION (empregando fotos para que semelle que as figuras, obxectos ou debuxos teñan movemento).
Este ano o alumnado de 2º e 5º de primaria participou neste programa facendo actividades moi distintas e divertidas dirixidas a dar vida ao conto Navega Caracol de Armando Quinteiro publicado en OQO.
Entre as actividades fixeron :
En segundo, aproveitando o Nadal, fixeron un "Taumatropo de Nadal". Queredes saber que é, e como se fai? Ollade!!
En quinto xogan con obxectos e fotografía, hai algún grupo que escolle o propio corpo... e seguen a experimentar cambiando a velocidade do fotograma:
CRISTINA COLLAZO E LECTURA E FAMILIAS
Ola amiguiños e amiguiñas!! Ao longo de todo o mes de maio tivemos a sorte de contar coa visita de Cristina Collazo os mércores pola tarde. Papás, mamás, avós e avoas e incluso os irmás máis pequenos ou maiores participaron con vós netes obradoiros tan divertidos onde non só aprendemos moito de oralidade, improvisacion e creatividade senón que tamén lembramos moitos ditos, refráns e cancións populares.
jueves, 5 de junio de 2025
María e a gata Sandía
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe Darling de 3º estivo na nosa emisora de Radio Garabullo para ler un conto escrito e inventado por ela. Quixo facer deste xeito un "Audiolibro" para que todos pequenos e grandes poidamos lelo e escoitalo. A ver se vos gusta!!
O gato Mel
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe Lía González de 3º estivo na nosa emisora de Radio Garabullo para ler un conto escrito e inventado por ela. Quixo facer deste xeito un "Audiolibro" para que todos pequenos e grandes poidamos lelo e escoitalo. A ver se vos gusta!!
martes, 3 de junio de 2025
ENQUISA DA BIBLIOTECA DO CURSO 2024-2025
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa estamos a rematar o curso e queremos saber que pensades da biblioteca e das actividades que oferta. Aquí deixamos unha enquisa para que fagades e nos axudedes a mellorar.
lunes, 2 de junio de 2025
XOGO VASO-PELOTA
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe o alumnado de 2º ensinounos a facer un xoguete empregando produtos de refugallo. Toda infantil e 1º ciclo pasou pola biblioteca a facer o xoguete. Queredes saber como se fai e o divertido que é?
jueves, 29 de mayo de 2025
Novas de Bandeira, por Lía Enríquez e Sara
Ola amguiños e amiguiñas!! Sabedes unha das cousas que máis nos gustan na Biblio e na Radio? É ver todo o que aprendedes e o autónomos que sodes!! Onte cando Sara e Lía Enríquez de 6º quixeron subir soas a emisora de Radio Garabullo a facer un pequeno programa encantounos. Elas soas escribiron a escaleta e gravaron soas durante o recreo para poder emitir o podcast no comedor do cole. Un traballo fantástico. Moitas grazas.
miércoles, 28 de mayo de 2025
FORMACIÓN DE RADIO NA BIBLIO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Ao longo deste mes de maio o alumnado de 4º tivo dúas sesións de formacion de Radio na Biblio da man de Cristina Collazo.
Aprenderon a importancia dun bo quecemento corporal e da voz, a preparación da mesma, a vocalización, os cambios de ton e de ritmo así como a modulación.
Non esquecer que aínda que sempre debemos levar unha escaleta que nos de confianza no momentos da gravación na radio, tamén debemos estar preparados para a improvisación, a creatividade, a espontaneidade...
Con todo o aprendido e improvisando fixeron este conto para Radio Garabullo. Queredes escoitalo? Despois podedes ver os mellores momentos deste divertido Obradoiro.
domingo, 25 de mayo de 2025
INSTRUMENTOS DA MEMORIA
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado luns o 2º e 3º ciclio de primaria contou cun obradoiro moi especial.
A Deputación de Pontevedra, con motivo da celebración das Letras Galegas 2025, dedicadas ás cantareiras e a poesía popular oral, da man da Fundación Legar ofreceronnos representacións musicais didácticas dirixidas a promover o interese pola música de raíz.
Ao longo de 2 horas dunha forma activa e participativa realizaron un percorrido pola historia da nosa música de raíz, dende os instrumentos primitivos ata os máis comúns hoxe en día.
miércoles, 21 de mayo de 2025
LETRAS GALEGAS 2025
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado luns celebramos as "Letras Galegas" no cole. Foi unha xornada acompañada de lecturas compartidas en galego, música e aprendizaxe. Aquí tedes algúns momentos.
Tivemos apradriñamnetos lectores onde maiores e pequenos compartiron un contiño en galego.
LAMBECAZOLAS 2025: Tortitas de plátano
Ola amiguiños e amiguiñas!! O curso non rematou, así que as actividades do Lembecazolas e as receitas saudables seguen a ser ben recibidas.
A pasada semana a mestra de 6º de infantil, Leticia, fixo unhas tortitas de plátano co seu fillo. Quedaron tan ricas que decidiu ensinarlle a súa clase a facelas e organizar así "Un fantástico e divertido venres de merenda".
Nós aproveitamos para ensinarvos as súas receitas e recomendar un par de libros de receitas que podedes atopar na biblioteca para ampliar as vosas merendas!!
Comezamos con Frutas divertidas de Iryna Stepanova. A creatividade e a froita unidas para facer ricas merendas.
Continuamos con Sin dientes y a bocados de Juan Llorca. Unha guía completa accesible e imprescindible; ideal para axudar a resolver dúbidas frecuentes sobre o paso da lactancia á alimentación complementaria regulada e dirixida polo propio bebé.
Outro podería ser Aventuras e desventuras dos alimentos ultraprocesados de Teresa Benéitez. Algunha vez tivéchedes curiosidade por saber de onde veñen todos os alimentos que aparecen na nosa mesa?
martes, 20 de mayo de 2025
BIBLIO CREATIVA PARA MELLORAR
Ola amiguiños e amiguiñas!! Seguimos coas actividades de Biblio Creativa. Grazas a aplicacións coma CANVA e as posibilidades da Biblio Creativa estamos a mellorar a nosa cartelería. Que opinades? Vides a crear carteis á Biblioteca?
PANDERETEIRAS. LETRAS GALEGAS 2025
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis celebramos as "Letras Galegas" no cole. Este ano está dedicado á poesía popular oral, personificada en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandereteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva que quere recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.
Nós quixemos recoller un pouco desa tradición oral nas nosas pandeiretas. Escaneando os códigos QR podedes ver como cada aula interpretou a súa cantiga ao seu xeito. Queredes velas?
Pasade polo cole e vide a escanear as nosas pandeiretas!!
A NOSA FACHADA
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis a "Fachada do cole" amanece celebrando as Letras Galegas e aos seus homenaxeados. Queredes ver como loce a nosa fachada?
sábado, 17 de mayo de 2025
PLAN DIRECTOR: Charlas coa Guardia Civil para 5º e 6º
Ola amiguiños e amiguiñas!! Como vén sendo habitual na nosa escola o alumnado de 5º e 6º tivo unha formación coa Guardia Civil. Tamén as familias.
Charlas que trataban temas moi importantes e de actualidade: adiccións, perigos das redes, ciberseguridade,...
viernes, 16 de mayo de 2025
LETRAS GALEGAS 2025. Cartelería
Ola amiguiños e amiguiñas!! Non deixedes de pasar pola entrada do cole para ver aprender cousiñas das homenaxeadas nestas Letras 2025. Este ano a cartelería destinada aos coles é Cantareiras: poesía populara oral, elaborado polo CEIP Celso Emilio Ferreiro, de Cerceda.
miércoles, 14 de mayo de 2025
O gato Tintín
para ler un conto escrito e inventado por ela. Así, fixo este "Audiolibro" para que todos pequenos e grandes poidamos lelo e escoitalo. A ver se vos gusta!!
martes, 13 de mayo de 2025
MULLERES QUE CANTAN A NOSA CULTURA
Ola amiguiños e amiguiñas!! Este ano o alumnado de 6º estivo preparando un programa de radio para darnos a coñecer un pouco a tradición das cantareiras e pandereteiras. Foi un traballo que contou coa colaboración das rapazas do cole que tocan e cantan en "Xirandola". O resultado un "Podcast" de Radio moi interesante para coñecer un pouco mellor as nosas letras e escoitar o ben que o fan as vosas compañeiras.
ESCOITADE!!!
lunes, 12 de mayo de 2025
PROPOSTAS DO SEMINARIO GALÁN
Ola amiguiños e amiguiñas!! Seguimos coas actividades dedicadas á celebración das Letras Galegas. Nesta ocasión seguimos as propostas do Seminario Galán.
Comezamos cos Xogos?
A PRIMAVERA DAS LETRAS
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis chegamos cunha proposta da "Primavera das Letras" para conmemorar as Letras Galegas.
Queredes xogar e aprender seguindo a súa proposta? Picade nas imaxes!!
domingo, 11 de mayo de 2025
APRENDER COAS MULLERES GALEGAS
Ola amiguiños e amiguiñas!! Este ano a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade propón "Aprende coas mulleres galegas", unha serie de actividades para coñecer e afondar na vida de diferentes referentes intelectuais de Galicia.
Nesta ocasión, e aproveitando a celebración das nosas letras, propón a seguinte unidade didáctica.
lunes, 5 de mayo de 2025
COLABORACIÓN ENTRE CENTROS: Ramón de Valenzuela & Ramón Otero Pedrayo
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis o noso centro CEIP Ramón de Valenzuela e o CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro uníronse a través das clases de 4º de primaria para compartir algo propio das súas escolas ou pobos. Nesta ocasión decidiron presentar á persoa que lle da nome ao seu centro e compartir todo o que foron aprendendo. Este foi o resultado.
Os nosos compañeiros de 4º fixeron un PDF co noso mestre e escritor Ramón de Valenzuela;
viernes, 2 de mayo de 2025
2 de maio: Día Mundial contra o Acoso Escolar
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe celebramos o "Día Mundial contra o Acoso Escolar".
O acoso é un fenómeno que afecta a millóns de nenos e adolescentes en todo o mundo.
Moitos países e organizacións internacionais impulsaron o "Día Mundial contra o Acoso Escolar coma unha xornada para visibilizar, analizar e frear as conductas agresivas e sistemáticas que se producen nalgúns entornos educativos. Este día non é unha data conmemorativa, é un símbolo dun compromiso global para garantir un ambiente seguro e respetuoso para todos os estudantes.
Os compañeiros e compañeiras de 4º quixeron axudarnos a entender mellor esta data a través de dous camiños.
Por unha banda coa lectura do libro " A miña amiga invisible" de Eduardo Santiago. Conta a histora de Uxía e o que lle acontece cando abandona a cidade coa súa familia para vivir nunha aldea preto dun bosque. Grazas a aparición dunha amiga invisible intentará superar todos os atrancos que a realidade teima en poñer no seu camiño. Un conto de fadas pouco convencional sobre o poder da imaxinación para enfrontar problemas reais.
Por outra banda coa emisión dun programa de radio: "Invisible nunca máis" tendo como referencia esta historia e dando consellos de como afrontar situacións de "Acoso".
jueves, 1 de mayo de 2025
CHARLA SOBRE OS PERIGOS DAS REDES SOCIAIS
Ola amiguiños e amiguiñas!! O día de onte marcouse por unha charla para as familias e os maiores do cole. Unha charla dirixida polo noso director Antonio e enfocada aos perigos que implica o emprego das Redes Sociais.
Xa sabemos que as redes sociais están a converterse nunha parte importante da vida dos adolescentes e xóvenes. Proporcionan conexións virtuais, intercambio de información, interacción, espazos para discusións de diversos temas , un lugar para queixas e tamén para expoñer talentos, pasatempos e traballos creativos,...
Sen embargo, o uso excesivo e inadecuado destas plataformas dixitais provoca impactos negativos na saúde mental dos estudantes. Os principais riscos asociados ao uso das redes sociais por parte dos xóvenes son a depresión, sentimentos de inferioridade, baixa autoestima, vanidade excesiva, competitividade, envexa e a influencia de valores dudosos.
Un tema moi interesante abordado o mércores da man de Antonio a través de ENAPAS.
miércoles, 30 de abril de 2025
ANO CASTELAO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Este ano celébrase o "Ano Castelao". O obxectivo do Ano Castelao 2025 é conmemorar a memoria e o legado de quen é considerado un dos fundadores da Galicia contemporánea, a súa cultura e o seu marco político. Para que coñezades un pouco mellor a Castelao, a súa vida e obra deixámosvos aquí algunhas propostas.
Aquí poderedes poñer a proba todo o aprendido
lunes, 28 de abril de 2025
AXUDANTES DA BIBLIOTECA na Semana do Libro
Ola amiguiños e amiguiñas!! A pasada semana celebramos a "Semana do Libro" e os nenos e nenas de 6º amósannos algunhas das actividades que están a facer.
viernes, 25 de abril de 2025
Obradoiro das Abellas co teacher Marcos
Ola amiguiños e amiguiñas!! O venres contamos coa visita de Marcos. Sabiamos que lle gustaban moito as abellas e que era apicultor no seu tempo de ocio, pero non sabía todo o que controlaba de abellas. Cantas cousas nos contou!! Algunha están aquí recollidas, aínda que o pasamos tan ben que estamos dispostos a repetir pronto!!.
Aproveitamos para recomendarvos algúns libros de abellas que tedes na biblioteca para seguir aprendendo ou gozando das súas aventuras.