Ola amiguiños e amiguiñas!! Ao longo da pasada semana celebramos a Semana do Libro. Houbo moitas actividades dende recomendacións de libros ata apadriñamentos lectores. Unha das que fixemos todos os recreos da semana foi o intercambio de alimentos non perecederos por libros froito do expurgo. Conseguimos moitos alimentos que pronto serán entregados ao Concello para repartir entre as familias que o precisen. Tamén fixemos un photocall onde posábades co voso novo conto así de guapos e guapas.
lunes, 29 de abril de 2024
LECTURA E FAMILIA con Mariela
Ola amiguiños e amiguiñas!! O mércores 24, os nenos e nenas de infantil celebraron a Semana do Libro con Mariela, a nai de Martina Blanco. Achegous a nosa biblioteca a contarlles un conto moi divertido e moi bonito: Por catro esquiniñas de nada. A verdade que estivo moi entretido e o pasamos moi ben. Queredes escoitalo?
domingo, 28 de abril de 2024
As Recomendacións Lectoras da Semana do Libro 2024
Ola amiguiños e amiguiñas!! Acabamos de rematar a Semana do Libro e que mellor xeito que facendo recomendacións lectoras. Ao longo da semana moitos dos vosos compañeiros e compañeiras pasaron pola biblioteca durante os recreos para falar das súas lecturas favoritas. En tres pequenos vídeos poderedes ver recomendacións de todo tipo. Dádelle ao "play" e gozade con estes consellos.
lunes, 22 de abril de 2024
XOGOS NO PATIO
Ola amiguiños e amiguiñas!! A biblioteca está presente en todas as facetas do cole. Non só nos momentos de estudo, tamén nos de lecer. Incluso para aprender a xogar e obter propostas de xogos para os tempos de recreo. Hoxe que os nenos e nenas de 3º organizan os xogos do patio, a biblioteca recoméndalles o libro Chirlosmirlos de Antón Cortizas e ilustrado por Cuchi Souto.
Chirlosmirlos é unha enciclopedia de xogos populares, resultado dun labor de investigación e de organización realizado ao longo de varios anos. Reúne máis de catrocentos xogos, coas súas variantes e propostas de adaptación ou renovación nalgúns dos casos.
Tédelo na Biblioteca para dinamizar máis e mellor o voso tempo de lecer.
jueves, 18 de abril de 2024
LIBROS PARA O DÍA DO LIBRO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis chega a Semana do Libro. As recomendacións lectoras chegarán da vosa man pero... aquí deixamos uns libros novos e suxerentes para as vosas lecturas. Dádenos a vosa opinión.
lunes, 8 de abril de 2024
4º AXUDA A CATALOGAR
martes, 2 de abril de 2024
EXPERIMENTOS COA AUGA por 6º de Infantil
Estiveron a facer un PROXECTO SOBRE A AUGA, coa axuda de Eva a profe de prácticas. Investigaron e fixeron un montón de experimentos para aumentar as súas aprendizaxes e entender mellor o que aprenderon.
Este proxecto rematou o día 22 de marzo "Día Mundial da Auga" coa elaboración dun LapBook para cada un dos nenos e nenas cun resumo de todo o aprendido.
DÍA DAS ARTES GALEGAS 2024
O Día das Artes Galegas foi establecido pola Real Academia Galega de Belas Artes en 2015 para exaltar e promover a creación galega. Escolleuse como data de celebración o 1 de abril, xa que esa data de 1188 aparece na epígrafe dos linteis do Pórtico da Gloria.
A Academia escolle cada ano un homenaxeado cuxa figura se considere transcendental na historia da arte galega e da que pasasen polo menos dez anos do seu pasamento. Este ano o homenaxeado foi Francisco Asorey, un dos renovadores da arte galega e da escultura no século XX. Autor de esculturas en madeira policromada como A Santa ou San Francisco, coa que gaña a primeira medalla da Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid; ou os monumentos a Ramón Aller e a Xoaquín Loriga en Lalín.
Os compañeiros e compañeiras fixeron unha exposición para falarnos da súa vida e da súa obra, pero non quixeron rematar o seu traballo, sen probar as súas posibilidades creativas, e facer as súas propias creacións.
viernes, 15 de marzo de 2024
Booktrailer de 5º. Soños de fútbol en Bangui
Ola amiguiños e amiguiñas!! OS itininerarios lectores están a facerse en todas as aulas. Todos compartimos unha mesma lectura e comentámola cos compañeiros de aula. Os compañeiros e compañeiras de 5º quixeron facer un pequeno trailer do libro que acaban de rematar. Con isto pretenden que saibades de que vai o conto e vos animades a lelo.
Este é o Booktrailer de Soños de fútbol en Bangui de Yves Pinguilly, publicado na editorial Galaxia.
jueves, 14 de marzo de 2024
INFANTIL NA BIBLIOTECA
Ola amiguiños e amiguiñas!! Coma cada semana os nenos e nenas de infantil pasan os mércores pola biblioteca. Coas súas bolsiñas azuis deciden os contos que queren levar e que despois se recomendan entre eles para que leven os compañeiros e compañeiras. Mirade como escollen e que contentos van!!