lunes, 30 de octubre de 2017

OS CONTOS DE MEDO

Sabedes que ingredientes debe ter un bo conto de medo?
Pois entre outros:

É moi importante crear un ambiente que xere certa inquietude nos teus lectores. Un clima de meeeedo!!

Os personaxes deben facer sentir medo ou asustar moito tanto polo seu comportamento coma polo seu aspecto físico. Tamén asustan se foron reais e contan unha historia acontecida despois de mortos.

Importante que haxa certas doses de MISTERIO
.
A morte, a venganza, as emocións negativas son boa temática para un bo conto de medo.


Darlle un comezo real e verosímil. "Contoume a miña avoa..." "Nunha casa vella da vila..."

Os conto de medo débense ler despacio, creando incertidume e con cambios no volume e no tono da voz.

Animádesvos a escribir un conto de MEDO? Agardo por eles...

martes, 24 de octubre de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa estamos aquí de novo para comezar un novo ano de biblioteca. Un novo ano que dedicaremos a "Pensar". A biblioteca ofrece múltiples posibilidades non so de traballo e aprendizaxe senón tamén de creación e divertimento que quero compartir con todos vós. Grazas a este vídeo feito polo alumnado de 6º podedes ver algunhas das miles de posibilidades que ten a biblioteca.
Feliz día das Bibliotecas!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!!


lunes, 9 de octubre de 2017

OLLOS

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa comezamos o curso escolar que veredes está cheo de novidades lectoras e novidades na biblioteca!!!
Empezamos a nosa andaina falándovos de:


O libro "Ollos", publicado por Kalandraka dentro da serie Animais Extraordinarios foi incluido en The White Ravens 2017, unha prestixiosa lista elaborada por uns especialistas que reúnen as obras de maior calidade literaria e/ou estética do ano.

Xa sabedes non dubidedes en vir pola biblioteca a "ollalo".

jueves, 22 de junio de 2017

CLUB DE LECTURA DE 6º

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Os nenos e nenas de 6º fixeron o seu club de lectura de aula e ao longo do ano foron lendo dous libros que lles encantaron. Agora queren compartilo con vós e recomendarvos que os leades no verán.

miércoles, 21 de junio de 2017

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Un ano máis rematamos o curso. Achégase o verán e o tempo de lecer. Piscina e praia é o que máis apetece con tanta calor, pero tamén hai momentos nos que quedaremos na casa para gozar do descanso.
Para estes momentos os axudantes da biblioteca acordaron facer estas recomendacións de lectura para todos vós. Que contos nos recomendan?? Ollade o vídeo e...
Animádevos a ler no verán!!

martes, 13 de junio de 2017

TALLER DE GLOBOFLEXIA E MAQUILLAXE

Ola rapaces e rapazas!!!
O martes pasado, Gabriela, a nai de Violeta de 5 anos, estivo cos nenos e nenas de infantil impartindo un obradoiro de maquillaxe e de globoflexia. Agasallounos con globos con moitas formas e o mellor de todo para cada neno e para cada nena un maquillaxe. Que guapos estabades todos!!!
Unha actividade fascinante e Gabriela a mellor monitora que fixo que pasáramos uns momentos inesquecibles!!!
Ollade que ben o pasaron


martes, 6 de junio de 2017

Coñecendo aos Dinosauros

Os nenos e nenas de infantil investigaron moito sobre os dinosauros e agora o comparten con nós.
Animádesvos a aprender?

TALLER DE SURREALISMO CON RAFI

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Onte o curso de 6º tivo a sorte de ter a visita de Rafi. Coñecedora da fotografía e do surrealismo animounos a facer un taller de imaxinación. Convertiunos en persoas distintas, raras, atípicas... moi divertidas.
Pasaron un momento fantástico e aquí podedes ver un resumo da xornada. E máis abaixo o resultado.





jueves, 1 de junio de 2017

ENQUISA PROFESORADO

Hoxe tócalle aos mestres facer a súa valoración da biblioteca. Aquí vola deixo!!
Un saúdo!!

miércoles, 31 de mayo de 2017

Charla con Antonio Manuel Fraga

Unha vez máis o escritor Antonio Manuel Fraga estivo na escola para falar cos nenos e nenas de 5º e 6º do Castañeiro de Abril. Neste conto, Buto, un zapateiro, conta a historia do seu amigo Baltasar, un rapaz de once anos, cego de nacemento e orfo de nai, que vive coas súas tías, Olegaria e Berenguela, dúas xemelgas moi antipáticas e un pouco malvadas. Acompañado sempre do seu can, Barriga Branca, tenta xuntar cartos para reunirse co seu pai. A aparición do Castañeiro suporá unha serie de cambios que farán que non deixes de ler o libro ata rematalo.
Antonio Manuel Fraga falou cos vosos compañeiros da súa obra e deste conto en especial, dos personaxes, da historia,... aquí podedes ver un anaquiño dunha mañá inesquecible.