Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa sabedes que veñen as vacacións. Toca contarvos os contos máis bonitos para ler neste tempo. Quen mellor que vós para facer esas fermosas recomendacións de lectura para o verán?
Hai uns días funllo a pedir aos nenos e nenas de 1º que me recibiron cunha grande festa e curiosidade.
Así pois, non esquezades pasar pola biblioteca a deixar as recomendacións de lectura. Estades todos invitados!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!
domingo, 12 de junio de 2016
martes, 31 de mayo de 2016
Petanca
A Petanca é un xogo de habilidade no que cada xogador tira por turno unhas bolas metálicas procurando achegarse, todo o posible, a unha bola pequena, o boliche, que fóra lanzada con anterioridade a certa distancia.
Na Bandeira hai un Club de Petanca e goza de tradición dende 1978. Onte tivemos a sorte de contar con catro dos xogadores do pobo que nos ensinaron como xogan e como se divirten con este xogo tradicional.
Agora tócanos a nós recoller información de todo o que rodea a Petanca da Bandeira e das reglas deste xogo. Rétovos a ir deixándome cousiñas que descubrades da petanca e ir facendo un documento que quede recollido na biblioteca; e claro está, a convertilo nun xogo máis que practicar nos tempos de lecer.
Espero as vosas pescudas... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

Libros na Rúa 2016
O pasado venres 27 de maio colaboramos co Concello de Silleda na segunda edición dunha actividade chamada "Libros na rúa". Esta actividade estaba dirixida a conseguir cartos para axudar aos máis necesitados. A biblioteca cedeu os libros que xa non caben nos seus andéis ou que queren deixar paso a outros máis novos e foron cambiados por 1 euro.
O Concello completou esta xornada de venta de libros con contacontos e talleres. Foi unha mañá moi divertida!!!
A ver se o próximo ano repetimos!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
O Concello completou esta xornada de venta de libros con contacontos e talleres. Foi unha mañá moi divertida!!!
A ver se o próximo ano repetimos!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
QUEN DA A QUENDA de Héctor Cajaraville
Héctor Cajaraville é un escritor novo. Chegou a nós grazas a Cristina a nai de Xoana e Sabela. Ela propúxonos a lectura de Quen da a quenda? Un conto marabilloso que non podes deixar de ler.
De cada capítulo sacas unha aprendizaxe, grazas a unha meiga divina ou a Divina, a meiga, imos coñecendo a uns personaxe raros, distintos, peculiares...
O encontro con Héctor ía a ser curto, de apenas unha hora, e case perdemos os autobuses. Contounos un montón de cousas e as súas respostas detalladas ían enganchando a nosa atención e interese. O cariño e a familiaridade coa que falou con nós é inesquecible. Neste vídeo queda unha imaxe do que foi unha fermosa tarde de maio na biblioteca con Héctor.
Grazas Héctor e Cristina pola vosa simpatía e cercanía.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NAS BIBLITECAS!!!

SEÑOR GATO (Todos)
María, a mestra de música, conseguiu, unha vez máis, unir a todos os nenos e nenas do cole para cantar e bailar. Esta vez foi grazas ao poema de Manuel María "Señor Gato" co que puxemos o broche á nosa particular celebración das Letras Galegas e da nosas VI Romaría.
A FALA (Sexto)
Nunha festa coma a VI Romaría das Letras Galegas, na que o escritor homenaxeado é Manuel María, non podía faltar un poema que unira a lingua, a fala, o galego, Galicia e o poeta... Así pensaron os nenos e nenas de 6º que lle rinden o seu homenaxe ás nosas letras e ao noso poeta recitando "A fala".
GALICIA (Quinto)
Os nenos e nenas de 5º escolleron o poema "Galicia" para honrar a Manuel María e para celebrar o Día das Letras Galegas. Que mellor xeito de facelo que cantándolle a Nosa Terra!
A RODA e O MEU BARCO (Cuarto)
En toda festa que se precie non poden faltar os cantos e os xogos. Os nenos e os nenas de cuarto aportan esta nota festiva recitando os poemas de Manuel María "A Roda" e "O meu barco" para celebrar as Letras Galegas e a nosa VI Romaría.
lunes, 30 de mayo de 2016
A EMIGRACIÓN (Terceiro)
A Emigración é o título deste poema de Manuel María que recitaron os nenos e nenas de terceiro o Día das Letras Galegas. Pequenos emigrantes, coas súas maletas en man, que non podían faltar nunha romaría tradicional coma a nosa.
O ARCO DA VELLA (Segundo)
Nenos e nenas de segundo, unidos, formando un ARCO DA VELLA, recitan o poema de Manuel María e contribúen así a honralo nesta festa das Letras Galegas 2016.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)