Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis entramos no Entroido acompañados de investigación e creación. Non só recreamos os sombreiros e máscaras de Entroidos moi famosos coma son o de Cobres, Laza, Verín ou o noso de Bandeira, senón que tamén investigamos e quixemos contar en Radio Garabullo todo o que descubrimos. Non volo perdades!!
jueves, 8 de febrero de 2024
LECTURA E FAMILIA: Unha charla con Iago
Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabede estamos dentro dun proxecto que se chama "Ler en Familia" e unha das vosa compañeiras, Noela de 5º, invitou ao seu primo Iago a vir a falar con nós do que sabe: Do balonmán.
Os nenos e nenas de 5º pasaron unha xornada estupenda falando e practicando balonmán e como non aproveitando a ocasión para entrevistar a este porteiro tan divertido. Escoitade:
UN MANDADIÑO PARA O XOVES
Ola garabulliños e garabulliñas!
O xoves tardaba en chegar
mais xa pode apurar
e o teu complemento buscar.
martes, 6 de febrero de 2024
INVESTIGANDO SOBRE OS BALDRÉUS CON MARIÑA E IZAN DE 4º
Ola amiguiños e amiguiñas!! Algún de vós escoitou falar algún día dos Baldréus? Son figuras do Entroido de Silleda que están empezando a agromar. O vindeiro xoves virán ata o cole a facernos unha visita. Unha das súas peculiaridades é que non falan así que Mariña e Izan andiveron investigando como aprender cousas dos Baldréus e chegaron a Xosé Filloy, moi coñecedor deste Entroido. Así que, colleron os seus chalecos de reporteiros e a gravadora e foron a Silleda a entrevistalo. Queredes saber o que lles contou? Escoitade!!
lunes, 5 de febrero de 2024
UN MANDADIÑO PARA O MARTES
Ola garabulliños e garabullinas!!
Estades preparados?
Non esquenzades os complententos
Vinde medio-disfrazados!!
sábado, 3 de febrero de 2024
UN MANDADIÑO PARA O LUNS
Ola garabulliños e garabulliñas!!
Aí vén o luns
co primeiro mandadiño
continúa lendo este cómic
como bo garabulliño
viernes, 2 de febrero de 2024
LECTURAS POLA PAZ
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis chegou o "Día da PAZ". Viña nun tren cheo de lecturas e acompañado dos mellores desexos dos nenos e nenas deste cole.
Os máis pequenos contaron coa axuda dos nenos e nenas de 6º que lles contaron contos tan bonitos coma Negros e Brancos ou Elmer de David Mckee, Orellas de Bolboreta de Luisa Aguilar ou Frederick de Leo Lionni.
Os máis grandes aproveitaron as horas de ler para compartir lecturas coma A Fuxida de Berta Davila, El Deshielo de Riki Blanco, El cielo de Afganistán de Ana A. de Eulate ou Batalla de Naipes de Juan Ignacio Pérez Palomares.
Lecturas que buscaban dun xeito ou outro chegar á PAZ e rexeitar as Guerras. Son contos que buscan acadar valores positivos tan importantes coma a solidariedade, o respecto, a amizade e sobre todo a celebración da diferenza. Valores que xa viaxan con nós no noso "TREN DA PAZ".
OS MANDADIÑOS DE GARABULLO
Ola garabulliños e garabulliñas!!
Achégase o Entroido e os seus mandadiños
estade atentos a este Blog
e vide ben complementadiños.
XA CHEGA O ENTROIDO
Ola garabulliños e garabulliñas!! Lía Enriquez e Mateo estiveron polos estudos de Radio Garabullo emitindo un pequeno podcast.
O vindeiro venres será a festa do Entroido no cole e queren pinchar música para o patio do cole. Xa saben algúns temas que van a poñer, pero tamén queren contar con vós e os vosos consellos. Escoitade!