Ola amguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes dende a biblioteca promovemos actividades de todo tipo dirixidas a mellorar a lectura, escritura, expresión oral, creatividade, imaxinación,... Este ano dende Biblioteca Creativa e en colaboración con Polos Creativos e a titoría de 5º fixéronse moitas actividades interesantes e dirixidas a completar os traballos de aula. Queredes saber coma traballaron?
Fixenron probas con LEGOS:
Que ocorre cando lle metemos un motor a un LEGO?
Convertéronse en robots por un día para
coñecer como funciona o pensamento computacional.
Desenvolveron a súa creatividade eco Kappla:
Crearon xogos de cartón e outros materiais para compartir con todo o cole:
Iniciáronse na programación co xogo “cody
roby”
Deron os primeiros pasos de programación cos
ordenadores grazas a blockly games:
Tocaron unha canción coas placas makey makey:
Empregaron o Boli 3D (Celebración do 8M)
Experimentaron co Robot
matatalab:
E aprenderon moitas cousas de Rosalía de Castro cos Escornabots:
Ola amiguiños e amiguiñas!! Onte tivemos a sorte de contar coa visita da man de Manuela de 4º de infantil. Xuntou a todos e todas na biblioteca en dúas tandadas para falar de "Pepa a Loba". Cinguindo a maxia das lendas e a realidade, a imaxinación, a música e a interpretación fíxonos pasar uns momentos moi divertidos e de aprendizaxe. Grazas Cris pola túa colaboración.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa chega o fin de curso e o programa de Parabéns tamén remata. Un curso máis os parabéns e as novas do cole acompañaron os comedores do cole dándolle ese aire festivo e compartindo ese momento que tanto nos ilusiona a todos coma é o día do noso aniversario e a celebración con todos e todas no comedor.
E así celebramos o aniversario de todos e todas as nacidas en abril, maio, xuño e xullo!!
Ola, amiguiños e amiguiñas!! O luns pasado os nenos e nenas de 4º tiveron a sorte de contar coa visita de Fátima, a nai de Sabela. Participaron nun obradoiro de costura no que coseron un "Xogo de Tres en Raia". Primeiro fixeron unha bolsiña na que bordaron a súa inicial e decoraron coma quixeron. Despois coseron a bolsa coa máquina de coser e recortaron as pezas do seu "Tres en raia". Pasárono xenial e vese que isto de coser non se lles da nada mal!!
Ola, amiguiños e amiguiñas!! Se vos falo de "Nós tamén creamos".... Sabedes de que se trata?
Pois o Programa NÓS TAMÉN CREAMOS é un programa que ten por obxectivo fomentar o uso e a aprendizaxe do galega o través da creación audiovisual, concretamente mediante a realización de curtametraxes de animación coa técnica do STOP MOTION (empregando fotos para que semelle que as figuras, obxectos ou debuxos teñan movemento).
Este ano o alumnado de 2º e 5º de primaria participou neste programa facendo actividades moi distintas e divertidas dirixidas a dar vida ao conto Navega Caracol de Armando Quinteiro publicado en OQO.
Entre as actividades fixeron :
En segundo, aproveitando o Nadal, fixeron un "Taumatropo de Nadal". Queredes saber que é, e como se fai? Ollade!!
En quinto xogan con obxectos e fotografía, hai algún grupo que escolle o propio corpo... e seguen a experimentar cambiando a velocidade do fotograma:
Xa para facer o conto foi 2º quen debuxou os personaxes:
E quinto fixo as gravacións de audio da man de Izan e entre todos fotografiaron os escenarios:
Ola amiguiños e amiguiñas!! Ao longo de todo o mes de maio tivemos a sorte de contar coa visita de Cristina Collazo os mércores pola tarde. Papás, mamás, avós e avoas e incluso os irmás máis pequenos ou maiores participaron con vós netes obradoiros tan divertidos onde non só aprendemos moito de oralidade, improvisacion e creatividade senón que tamén lembramos moitos ditos, refráns e cancións populares.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe Darling de 3º estivo na nosa emisora de Radio Garabullo para ler un conto escrito e inventado por ela. Quixo facer deste xeito un "Audiolibro" para que todos pequenos e grandes poidamos lelo e escoitalo. A ver se vos gusta!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe Lía González de 3º estivo na nosa emisora de Radio Garabullo para ler un conto escrito e inventado por ela. Quixo facer deste xeito un "Audiolibro" para que todos pequenos e grandes poidamos lelo e escoitalo. A ver se vos gusta!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa estamos a rematar o curso e queremos saber que pensades da biblioteca e das actividades que oferta. Aquí deixamos unha enquisa para que fagades e nos axudedes a mellorar.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe o alumnado de 2º ensinounos a facer un xoguete empregando produtos de refugallo. Toda infantil e 1º ciclo pasou pola biblioteca a facer o xoguete. Queredes saber como se fai e o divertido que é?
O Ceip de Bandeira convídavos a coñecer, coa axuda de Garabullo, a nosa Biblioteca e a mergullarvos no fascinante mundo dos libros. Neste curso viaxaremos a miles de experiencias inesquecibles... AGARDÁMOSVOS!!!!
Buscar este blog
PDI "CREATECA"
Cada conto aporta aprendizaxes infinitas. Preme na imaxe e segue aprendendo
BIBLIOTECA CREATIVA 2023-2024
Premendo na imaxe podedes ver as actividades de Biblioteca Creativa
LECTURA E FAMILIA
Premendo na imaxe poderedes acceder ás actividades relacionadas con este proxecto
Bibliotecas Escolares
RADIO NA BIBLIO
Preme na imaxe e poderás ver todos os "Podcast" de Radio Garabullo para RADIO NA BIBLIO