domingo, 22 de noviembre de 2020

LECTURAS PARA O 25 de novembro

Ola amiguiños e amiguiñas!! Chega o 25 de novembro, unha data que non debemos de deixar pasar. Xa sabemos que a ides a traballar na aula con todos os mestres e mestras, así coma con algún especialista. Dende aquí propoñémosvos unhas lecturas que nos parecen moi interesantes e divertidas.
Mirádeas e xa nos contaredes!!
Un saúxo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

 

miércoles, 4 de noviembre de 2020

DIGICRAFT NO TEU COLE

Ola amiguiños e amiguiñas!! Dende hoxe imos a abrir unha nova xanela neste blog que levará por nome DIGICRAFT

DIGICRAFT é un programa educativo, no que estamos a participar con todo o alumnado de primaria, que ten coma obxectivo formar nas competencias dixitais. Semana a semana iremos aprendendo conceptos relacionados coa realidade aumentada, a programación e o videoxogo ou a robótica.

Un proxecto emocionante, interesante e moi divertido. Se queredes ver o que facemos premede neste vídeo resultado da 1ª sesión que tiveron os nenos e nenas de 1º a 3º e que se chama: Viaxamos no tempo; e a de 4º a 6º que se chama: Enigmas no aire.


lunes, 2 de noviembre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Un ano máis celebramos o "Día das Bibliotecas". Este ano foi acompañado de novidades: A presentación tivo que ser na aula e as normas da biblioteca cambiaron un pouquiño. 
Agora xa víchedes o vídeo e tedes o voso marcapáxinas co protocolo a seguir.
A Biblioteca xa está aberta a todos e todas!!
Así que xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!



miércoles, 28 de octubre de 2020

AS NORMAS DA BIBLIOTECA

Ola amiguiños e amiguiñas!! A Bibliotecas abriu as súas portas. Xa sabedes que as normas cambiaron e grazas ao vídeo que fixeron os axudantes da Biblioteca de 6º imos aprendendo coma debemos comportarnos neste espazo.

Tamén entregaron un marcapáxinas coa normativa para que poidades solucionar ao momento as vosas dúbidas.


En todo caso o Equipo de Biblioteca, e os axudantes de 6º, estaremos sempre pola Biblioteca durante os recreos, para axudarvos coas vosa dúbidas.

Así que xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


domingo, 25 de octubre de 2020

24 de Outubro, Día das Bibliotecas

Ola amiguiños e amiguiñas!!

O pasado sábado celebramos o Día das Bibliotecas baixo o lema "Bibliotecas sempre ao teu carón", porque como ben sabemos a Biblioteca é unha porta á cultura, ao coñecemento e ao entretenemento en calquera circunstancia... polo que:

Despois de tanto tempo de corentena..., vacacións... e portas pechadas...

ABRE A BIBLIOTECA!!

Os axudantes da Biblioteca coma todos os anos achegáronse a axudarnos a preparar todo para poder abrir as nosas portas. Coa súa axuda fixemos un vídeo para ensinar as novas normas impostas pola nova situación derivada do COVID-19, así coma lembrar as normas que xa todos sabiamos.

Todos e todas os que formamos a biblioteca estamos moi ilusionados por poder abrir as portas no recreo e para as aulas. Agardamos volver a vivir con ilusión a lectura, a creatividade, a imaxinación...

Aínda que nos gustaría moito invitarvos coma cada ano a pasar pola Biblioteca, amosarvos o video e agasallarvos con pequenas sorpresas... hoxe toca gozar deste día doutro xeito. Acompañádesnos? Pois mirade o que os Axudantes da Biblioteca veñen a contar.

Ollade!! Ollade!!


lunes, 29 de junio de 2020

FELIZ VERÁN


ATA SEMPRE 6º!!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Rematamos!! Chegaron as vacacións e  toca descansar e gozar do tempo libre como máis vos apeteza!!! Eu quedarei por aquí agardando por vós, lendo novas historias para contárvolas á volta!!!
Pero antes de pechar este curso quería dedicarlles unhas verbas ós nenos e nenas de 6º que tiveron que deixar o cole dun xeito tan “raro”, sen despedidas.
Ola 6º!! Hoxe esta entrada está dedicada a vós. Un curso que sempre creu na Biblioteca e en min “Garabullo”. Non podo deixarvos marchar sen despedirme de vós.
Foi un pracer compartir con todos vós estes anos de Biblioteca, e especialmente este último tan intenso que nos tocou vivir...
Grazas por crer en min, pola ilusión que sempre puxestes en todas as actividades que vos propuxen, polos debuxos, polos contos, polas recomendacións, pola axuda na radio...GRAZAS POR TODO!!!
Botareivos moito, moito de menos axudantes de 6°. Agora comezades unha nova etapa no instituto, moita sorte!!! Non esquezades esta biblioteca que medrou con vós e cambiou coas vosas propostas. Seguide levando a lectura por onde vaiades e regalade ilusión e a imaxinación a través dun conto.
Garabullo, a mascota da biblioteca que cobrou vida grazas a vós, e o Equipo de Biblioteca do que a vosa titora forma parte queremos desexarvos o mellor nesta nova etapa tan marabillosa que vos tocará vivir. Aprendede, gozade, divertídevos.... e lede! Nunca esquezades e facede voso o lema da biblioteca que sempre nos acompañou: “Lemos porque nos peta
Agora toca descansar e gozar do tempo libre como máis vos apeteza!!! Eu quedarei por aquí agardando, lendo novas historias para contárvolas á volta!!!
E que mellor maneira de rematar que con esta foto de cando empezastes e unha das últimas de todos na biblioteca neste curso singular e diferente que de seguro quedará no noso recordo para sempre...
Adeus!! E xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Garabullo
ASÍ EMPEZAMOS TODOS XUNTOS


AGORA DÍGOVOS ADEEEUS!!!  en non esquezades:
"Lemos porque nos PETA"
Non vos esqueceremos!!!




sábado, 27 de junio de 2020

LECTURAS VERÁN

Ola amiguiños e amiguiñas!! Chegaron as vacacións!!!
Xa sei que moitos de vós botastes en falta as "Bolsas de libros do verán", así que decidimos darvos unhas pequenas recomendacións lectoras para seguir estando preto de todos vós, agradecéndovos as vosas recomendacións durante a corentena. Achegámosvos contos novos  que están a encher as librarías. Historias máxicas, fantásticas, misteriosas, divertidas,... Para cada idade un conto e... contos para todas as idades. 
Animádesvos a ler no verán e non ser un lacazán?
Lembrade que podedes mandar mensaxes comentando se vos gustaron os contos!!
Felices vacacións!! Feliz verán!!


viernes, 19 de junio de 2020

XUNTOS NAS ONDAS

Ola amiguiñas e amiguiños!! Xa se achega o verán e "Xuntos nas Ondas" despídese despois de 17 programas que non serían posible facer sen a vosa axuda. Un programa que naceu coa idea de manternos unidos neste confinamento. Grazas a todos e todas pola vosa axuda e colaboración. Hoxe para despedirnos escollemos un menú de recompensa para o vindeiro ano. Os nenos e nenas de 1º falaron das comidas do comedor e recomendan un menú para cando voltemos as aulas. Conseguirán ter o menú para a volta? De momento escoitade a ver se coincidides nos gustos co alumnado de 1º. 
Feliz Verán!!! 

jueves, 18 de junio de 2020

NOTAS DE AQUÍ 8

Ola amiguñas e amiguiños!! Estamos rematando curso e toca despedirnos ata o vindeiro ano de "Notas de Aqui". Candela e Ana escolleron coma último grupo desta tempada a "Pauliña". Supoño que terán varios motivos, un deles é que dous dos músicos que a acompañan son de aquí de Bandeira, e as súas fillas foron compañeiras nosas no cole. Se queredes escoitar a "Pauliña" e saber máis dela xa sabedes,... dádelle ó play e a gozar!!!
Feliz verán! Adeeeus!! 


viernes, 12 de junio de 2020

NOTAS DE AQUÍ 7

Ola amiguiños e amiguiñas!! Seguimos emitindo en Radio Garabullo. Ana e Candela no seu 7º programa de "Notas de Aquí" quixeron contarnos curiosidades dunha banda moi cercana a nós. A Banda Municipal de Silleda que, coma todos, estivo moi activa na corentena, creando pezas marabillosas contando con distintas colaboracións. Escoitade o que hoxe Ana e Candela contan desta agrupación musical que tanto admiramos.