viernes, 3 de mayo de 2024

E OS LIBROS ALIMENTAN...

Ola amiguiños e amiguiñas!! Despois dunha semana de libros e intercambios solidarios de contos por alimentos non perecedeiros, conseguimos unha boa cantidade de alimentos, que foron doados á concelleira de Benestar Ánxela Troitiño. Así foi recollido nos xornais deste venres e así de guapos saídes. Picade na foto se queredes ler a nova.

FARO DE VIGO


LA VOZ DE GALICIA






XORNADA EN FAMILIA para conmemorar o Día do Libro

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 24 de abril tivemos unha xornada de portas abertas ás Familias. Recomendacións lectoras, falar dos nosos contos favoritos e dos seus personaxes e facer chapas para facer deste día unha xornada inesquecible. Aquí tedes un resumo!!


jueves, 2 de mayo de 2024

CONVIVIMOS! 2 de maio de 2024

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe é o 2 de maio, o "Día Mundial contra o Acoso Escolar".
Neste  curso escolar, o alumnado de 2º de primaria fai fincapé nesta data promovendo pautas para unha boa convivencia e para evitar situacións non favorecedoras. Amósanlle a todo o colexio un decálogo a ter en conta e tamén unha pequena historia coa que reflexionar: "A historia de punto"
Botádelle un ollo!!

miércoles, 1 de mayo de 2024

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Como cada ano celebramos o "Día do Libro" con Apadriñamentos Lectores. Lecturas que pequenos e non tan pequenos compartides lecturas e momentos de imaxinación, lectura e aventura.

É un ratiño moi especial para todos e así o demostrades. Ollade!!

lunes, 29 de abril de 2024

LIBROS QUE ALIMENTAN 2024

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Ao longo da pasada semana celebramos a Semana do Libro. Houbo moitas actividades dende recomendacións de libros ata apadriñamentos lectores. Unha das que fixemos todos os recreos da semana foi o intercambio de alimentos non perecederos por libros froito do expurgo. Conseguimos moitos alimentos que pronto serán entregados ao Concello para repartir entre as familias que o precisen. Tamén fixemos un photocall onde posábades co voso novo conto así de guapos e guapas.

LECTURA E FAMILIA con Mariela

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O mércores 24, os nenos e nenas de infantil celebraron a Semana do Libro con Mariela, a nai de Martina Blanco. Achegous a nosa biblioteca a contarlles un conto moi divertido e moi bonito: Por catro esquiniñas de nada. A verdade que estivo moi entretido e o pasamos moi ben. Queredes escoitalo?

domingo, 28 de abril de 2024

As Recomendacións Lectoras da Semana do Libro 2024

Ola amiguiños e amiguiñas!! Acabamos de rematar a Semana do Libro e que mellor xeito que facendo recomendacións lectoras. Ao longo da semana moitos dos vosos compañeiros e compañeiras pasaron pola biblioteca durante os recreos para falar das súas lecturas favoritas. En tres pequenos vídeos poderedes ver recomendacións de todo tipo. Dádelle ao "play" e gozade con estes consellos.






martes, 2 de abril de 2024

EXPERIMENTOS COA AUGA por 6º de Infantil

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe vimos a falar dunha fermosa experiencia que estiveron a facer os nenos e nenas de 6º de infantil durante o 2º trimestre. 

Estiveron a facer un PROXECTO SOBRE A AUGA, coa axuda de Eva a profe de prácticas. Investigaron e fixeron un montón de experimentos para aumentar as súas aprendizaxes e entender mellor o que aprenderon.

Este proxecto rematou o día 22 de marzo "Día Mundial da Auga" coa elaboración dun LapBook para cada un dos nenos e nenas cun resumo de todo o aprendido.

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2024

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 1 de abril celebramos o "Día das Artes Galegas".

O Día das Artes Galegas foi establecido pola Real Academia Galega de Belas Artes en 2015 para exaltar e promover a creación galega. Escolleuse como data de celebración o 1 de abril, xa que esa data de 1188 aparece na epígrafe dos linteis do Pórtico da Gloria.

A Academia escolle cada ano un homenaxeado cuxa figura se considere transcendental na historia da arte galega e da que pasasen polo menos dez anos do seu pasamento. Este ano o homenaxeado foi Francisco Asorey, un dos renovadores da arte galega e da escultura no século XX. Autor de esculturas en madeira policromada como A Santa ou San Francisco, coa que  gaña a primeira medalla da Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid; ou os monumentos a Ramón Aller e a Xoaquín Loriga en Lalín.

Os compañeiros e compañeiras fixeron unha exposición para falarnos da súa vida e da súa obra, pero non quixeron rematar o seu traballo, sen probar as súas posibilidades creativas, e facer as súas propias creacións.




miércoles, 13 de marzo de 2024

PARABÉNS Á HORA DE COMER E CURIOSIDADES DO TEMPO DE LECER

Ola amiguiños e amiguiñas! Hoxe en Radio Garabullo tivemos un novo programa de "Parabéns á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer".  Os vosos compañeiros de 4º Izan, Mathías, Martín e Andrés subiron á emisora para felicitar a todos os que naceron nos meses de xaneiro e febreiro ademais de contar as novas do cole.