martes, 17 de junio de 2025

Cristina a mamá de Manuela e "PEPA A LOBA"

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Onte tivemos a sorte de contar coa visita da man de Manuela de 4º de infantil. Xuntou a todos e todas na biblioteca en dúas tandadas para falar de "Pepa a Loba". Cinguindo a maxia das lendas e a realidade, a imaxinación, a música e a interpretación fíxonos pasar uns momentos moi divertidos e de aprendizaxe. Grazas Cris pola túa colaboración.

lunes, 16 de junio de 2025

Programa 3: Parabéns 16-06-2025

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa chega o fin de curso e o programa de Parabéns tamén remata. Un curso máis os parabéns e as novas do cole acompañaron os comedores do cole dándolle ese aire festivo e compartindo ese momento que tanto nos ilusiona a todos coma é o día do noso aniversario e a celebración con todos e todas no comedor.


E así celebramos o aniversario de todos e todas as nacidas en abril, maio, xuño e xullo!!



domingo, 15 de junio de 2025

Obradoiro de costura con FÁTIMA a mamá de Sabela de 4º

Ola, amiguiños e amiguiñas!! O luns pasado os nenos e nenas de 4º tiveron a sorte de contar coa visita de Fátima, a nai de Sabela. Participaron nun obradoiro de costura no que coseron un "Xogo de Tres en Raia". Primeiro fixeron unha bolsiña na que bordaron a súa inicial e decoraron coma quixeron. Despois coseron a bolsa coa máquina de coser e recortaron as pezas do seu "Tres en raia". Pasárono xenial e vese que isto de coser non se lles da nada mal!!

miércoles, 11 de junio de 2025

"Nós tamén creamos" e Navega Caracol

 Ola, amiguiños e amiguiñas!! Se vos falo de "Nós tamén creamos".... Sabedes de que se trata?

Pois o Programa NÓS TAMÉN CREAMOS é un programa que ten por obxectivo fomentar o uso e a aprendizaxe do galega o través da creación audiovisual, concretamente mediante a realización de curtametraxes de animación coa técnica do STOP MOTION (empregando fotos para que semelle que as figuras, obxectos ou debuxos teñan movemento).

Este ano o alumnado de 2º e 5º de primaria participou neste programa facendo actividades moi distintas e divertidas dirixidas a dar vida ao conto Navega Caracol de Armando Quinteiro publicado en OQO.

Entre as actividades fixeron :

En segundo, aproveitando o Nadal, fixeron un  "Taumatropo de Nadal". Queredes saber que é, e como se fai? Ollade!!

En quinto xogan con obxectos e fotografía, hai algún grupo que escolle o propio corpo... e seguen a experimentar cambiando a velocidade do fotograma:


Xa para facer o conto foi 2º quen debuxou os personaxes:


E quinto fixo as gravacións de audio da man de Izan e entre todos fotografiaron os escenarios:


E este foi o resultado: NAVEGA CARACOL!

CRISTINA COLLAZO E LECTURA E FAMILIAS

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Ao longo de todo o mes de maio tivemos a sorte de contar coa visita de Cristina Collazo os mércores pola tarde. Papás, mamás, avós e avoas e incluso os irmás máis pequenos ou maiores participaron con vós netes obradoiros tan divertidos onde non só aprendemos moito de oralidade, improvisacion e creatividade senón que tamén lembramos moitos ditos, refráns e cancións populares.

jueves, 5 de junio de 2025

María e a gata Sandía

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe Darling de 3º estivo na nosa emisora de Radio Garabullo para ler un conto escrito e inventado por ela. Quixo facer deste xeito un "Audiolibro" para que todos pequenos e grandes poidamos lelo e escoitalo. A ver se vos gusta!!

O gato Mel

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe Lía González de 3º estivo na nosa emisora de Radio Garabullo para ler un conto escrito e inventado por ela. Quixo facer deste xeito un "Audiolibro" para que todos pequenos e grandes poidamos lelo e escoitalo. A ver se vos gusta!!



martes, 3 de junio de 2025

ENQUISA DA BIBLIOTECA DO CURSO 2024-2025

 Ola amiguiños e amiguiñas!!  Xa estamos a rematar o curso e queremos saber que pensades da biblioteca e das actividades que oferta. Aquí deixamos unha enquisa para que fagades e nos axudedes a mellorar.

lunes, 2 de junio de 2025

XOGO VASO-PELOTA

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe o alumnado de 2º ensinounos a facer un xoguete empregando produtos de refugallo. Toda infantil e 1º ciclo pasou pola biblioteca a facer o xoguete. Queredes saber como se fai e o divertido que é?

jueves, 29 de mayo de 2025

Novas de Bandeira, por Lía Enríquez e Sara

Ola amguiños e amiguiñas!! Sabedes unha das cousas que máis nos gustan na Biblio e na Radio? É ver todo o que aprendedes e o autónomos que sodes!! Onte cando Sara e Lía Enríquez de 6º quixeron subir soas a emisora de Radio Garabullo a facer un pequeno programa encantounos. Elas soas escribiron a escaleta e gravaron soas durante o recreo para poder emitir o podcast no comedor do cole. Un traballo fantástico. Moitas grazas. 


miércoles, 28 de mayo de 2025

FORMACIÓN DE RADIO NA BIBLIO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Ao longo deste mes de maio o alumnado de 4º tivo dúas sesións de formacion de Radio na Biblio da man de Cristina Collazo.

Aprenderon a importancia dun bo quecemento corporal e da voz, a preparación da mesma, a vocalización, os cambios de ton e de ritmo así como a modulación.

Non esquecer que aínda que sempre debemos levar unha escaleta que nos de confianza no momentos da gravación na radio, tamén debemos estar preparados para a improvisación, a creatividade, a espontaneidade...

Con todo o aprendido e improvisando fixeron este conto para Radio Garabullo. Queredes escoitalo? Despois podedes ver os mellores momentos deste divertido Obradoiro.



domingo, 25 de mayo de 2025

INSTRUMENTOS DA MEMORIA

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado luns o 2º e 3º ciclio de primaria contou cun obradoiro moi especial.

A Deputación de Pontevedra, con motivo da celebración das Letras Galegas 2025, dedicadas ás cantareiras e a poesía popular oral,  da man da Fundación Legar ofreceronnos representacións musicais didácticas dirixidas a promover o interese pola música de raíz. 

Ao longo de 2 horas dunha forma activa e participativa realizaron un percorrido pola historia da nosa música de raíz, dende os instrumentos primitivos ata os máis comúns hoxe en día.


miércoles, 21 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS 2025

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado luns celebramos as "Letras Galegas" no cole. Foi unha xornada acompañada de lecturas compartidas en galego, música e aprendizaxe. Aquí tedes algúns momentos.

Tivemos apradriñamnetos lectores onde maiores e pequenos compartiron un contiño en galego.


Tamén tivemos o noso pasacalle e a nosa foliada. Pandereteiras e gaiteiros do cole amenizaron a "Hora de Ler"

LAMBECAZOLAS 2025: Tortitas de plátano

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O curso non rematou, así que as actividades do Lembecazolas e as receitas saudables seguen a ser ben recibidas.

A pasada semana a mestra de 6º de infantil, Leticia, fixo unhas tortitas de plátano co seu fillo. Quedaron tan ricas que decidiu ensinarlle a súa clase a facelas e organizar así "Un fantástico e divertido venres de merenda".

Nós aproveitamos para ensinarvos as súas receitas e recomendar un par de libros de receitas que podedes atopar na biblioteca para ampliar as vosas merendas!!

Comezamos con Frutas divertidas de Iryna Stepanova. A creatividade e a froita unidas para facer ricas merendas.



Continuamos con Sin dientes y a bocados de Juan Llorca. Unha guía completa accesible e imprescindible; ideal para axudar a resolver dúbidas frecuentes sobre o paso da lactancia á alimentación complementaria regulada e dirixida polo propio bebé.


Outro podería ser Aventuras e desventuras dos alimentos ultraprocesados de Teresa Benéitez. Algunha vez tivéchedes curiosidade por saber de onde veñen todos os alimentos que aparecen na nosa mesa?


Seguro que estades agardando polas receitas. Aí van:



martes, 20 de mayo de 2025

BIBLIO CREATIVA PARA MELLORAR

Ola amiguiños e amiguiñas!! Seguimos coas actividades de Biblio Creativa. Grazas a aplicacións coma CANVA e as posibilidades da Biblio Creativa estamos a mellorar a nosa cartelería. Que opinades? Vides a crear carteis á Biblioteca?



PANDERETEIRAS. LETRAS GALEGAS 2025

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis celebramos as "Letras Galegas" no cole. Este ano está dedicado á poesía popular oral, personificada en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandereteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva que quere recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.

Nós quixemos recoller un pouco desa tradición oral nas nosas pandeiretas. Escaneando os códigos QR podedes ver como cada aula interpretou a súa cantiga ao seu xeito. Queredes velas?

Pasade polo cole e vide a escanear as nosas pandeiretas!!



Ao escanear os códigos da barras das panderetas podemos ver os vídeos que fixeron as aulas.

4º Infantil


5º  Infantil


6º  Infantil


1º Primaria


2º Primaria


3º Primaria


4º Primaria


5º Primaria


6º Primaria

A NOSA FACHADA

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis a "Fachada do cole" amanece celebrando as Letras Galegas e aos seus homenaxeados. Queredes ver como loce a nosa fachada? 

sábado, 17 de mayo de 2025

PLAN DIRECTOR: Charlas coa Guardia Civil para 5º e 6º

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Como vén sendo habitual na nosa escola o alumnado de 5º e 6º tivo unha formación coa Guardia Civil. Tamén as familias.

Charlas que trataban temas moi importantes e de actualidade: adiccións, perigos das redes, ciberseguridade,...







viernes, 16 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS 2025. Cartelería

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Non deixedes de pasar pola entrada do cole para ver aprender cousiñas das homenaxeadas nestas Letras 2025. Este ano a cartelería destinada aos coles é Cantareiras: poesía populara oral, elaborado polo CEIP Celso Emilio Ferreiro, de Cerceda.



miércoles, 14 de mayo de 2025

O gato Tintín

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe Lía Oro de 3º estivo na emisora de Radio Garabullo
para ler un conto escrito e inventado por ela. Así, fixo este "Audiolibro" para que todos pequenos e grandes poidamos lelo e escoitalo. A ver se vos gusta!!




Cream Colorful Earth Rocket Illustration Vector World Book Day Video de Margarita Faílde Porto

martes, 13 de mayo de 2025

MULLERES QUE CANTAN A NOSA CULTURA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Este ano o alumnado de 6º estivo preparando un programa de radio para darnos a coñecer un pouco a tradición das cantareiras e pandereteiras. Foi un traballo que contou coa colaboración das rapazas do cole que tocan e cantan en "Xirandola". O resultado un "Podcast" de Radio moi interesante para coñecer un pouco mellor as nosas letras e escoitar o ben que o fan as vosas compañeiras.





ESCOITADE!!!

lunes, 12 de mayo de 2025

PROPOSTAS DO SEMINARIO GALÁN

Ola amiguiños e amiguiñas!! Seguimos coas actividades dedicadas á celebración das Letras Galegas. Nesta ocasión seguimos as propostas do Seminario Galán. 

Comezamos cos Xogos?













E se queres investigar ti en calquera proposta de xogo ou traballo pica na imaxe!!







A PRIMAVERA DAS LETRAS

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis chegamos cunha proposta da "Primavera das Letras" para conmemorar as Letras Galegas.

Queredes xogar e aprender seguindo a súa proposta? Picade nas imaxes!!










domingo, 11 de mayo de 2025

APRENDER COAS MULLERES GALEGAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Este  ano a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade propón "Aprende coas mulleres galegas", unha serie de actividades para coñecer e afondar na vida de diferentes referentes intelectuais de Galicia.

Nesta ocasión, e aproveitando a celebración das nosas letras, propón a seguinte unidade didáctica.




lunes, 5 de mayo de 2025

COLABORACIÓN ENTRE CENTROS: Ramón de Valenzuela & Ramón Otero Pedrayo

Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis o noso centro CEIP Ramón de Valenzuela e o CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro uníronse a través das clases de 4º de primaria para compartir algo propio das súas escolas ou pobos. Nesta ocasión decidiron presentar  á persoa que lle da nome ao seu centro e compartir todo o que foron aprendendo. Este foi o resultado.

Os nosos compañeiros de 4º fixeron un PDF co noso mestre e escritor Ramón de Valenzuela;


Os compañeiros de 4º de Amoeiro mandáronnos esta fermosa carta:



viernes, 2 de mayo de 2025

2 de maio: Día Mundial contra o Acoso Escolar

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe celebramos o "Día Mundial contra o Acoso Escolar".

O acoso é un fenómeno que afecta a millóns de nenos e adolescentes en todo o mundo.

Moitos países e organizacións internacionais impulsaron o "Día Mundial contra o Acoso Escolar coma unha xornada para visibilizar, analizar e frear as conductas agresivas e sistemáticas que se producen nalgúns entornos educativos. Este día non é unha data conmemorativa, é un símbolo dun compromiso global para garantir un ambiente seguro e respetuoso para todos os estudantes.

Os compañeiros e compañeiras de 4º quixeron axudarnos a entender mellor esta data a través de dous camiños.

Por unha banda coa lectura do libro " A miña amiga invisible" de Eduardo Santiago. Conta a histora de Uxía e o que lle acontece cando abandona a cidade coa súa familia para vivir nunha aldea preto dun bosque. Grazas a aparición dunha amiga invisible intentará superar todos os atrancos que a realidade teima en poñer no seu camiño. Un conto de fadas pouco convencional sobre o poder da imaxinación para enfrontar problemas reais.

Por outra banda coa emisión dun programa de radio: "Invisible nunca máis" tendo como referencia esta historia e dando consellos de como afrontar situacións de "Acoso".

jueves, 1 de mayo de 2025

CHARLA SOBRE OS PERIGOS DAS REDES SOCIAIS

Ola amiguiños e amiguiñas!! O día de onte marcouse por unha charla para as familias e os maiores do cole. Unha charla dirixida polo noso director Antonio e enfocada aos perigos que implica o emprego das Redes Sociais.

Xa sabemos que as redes sociais están a converterse nunha parte importante da vida dos adolescentes e xóvenes. Proporcionan conexións virtuais, intercambio de información, interacción, espazos para discusións de diversos temas , un lugar para queixas e tamén para expoñer talentos, pasatempos e traballos creativos,...

Sen embargo, o uso excesivo e inadecuado destas plataformas dixitais provoca impactos negativos na saúde mental dos estudantes. Os principais riscos asociados ao uso das redes sociais por parte dos xóvenes son a depresión, sentimentos de inferioridade, baixa autoestima, vanidade excesiva, competitividade, envexa e a influencia de valores dudosos.

Un tema moi interesante abordado o mércores da man de Antonio a través de ENAPAS.





miércoles, 30 de abril de 2025

ANO CASTELAO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Este ano celébrase o "Ano Castelao". O obxectivo do Ano Castelao 2025 é conmemorar a memoria e o legado de quen é considerado un dos fundadores da Galicia contemporánea, a súa cultura e o seu marco político. Para que coñezades un pouco mellor a Castelao, a súa vida e obra deixámosvos aquí algunhas propostas.


Aquí poderedes poñer a proba todo o aprendido





lunes, 28 de abril de 2025

AXUDANTES DA BIBLIOTECA na Semana do Libro

 Ola amiguiños e amiguiñas!! A pasada semana celebramos a "Semana do Libro" e os nenos e nenas de 6º amósannos algunhas das actividades que están a facer.

viernes, 25 de abril de 2025

Obradoiro das Abellas co teacher Marcos

Ola amiguiños e amiguiñas!!  O venres contamos coa visita de Marcos. Sabiamos que lle gustaban moito as abellas e que era apicultor no seu tempo de ocio, pero non sabía todo o que controlaba de abellas. Cantas cousas nos contou!! Algunha están aquí recollidas, aínda que o pasamos tan ben que estamos dispostos a repetir pronto!!. 

Aproveitamos para recomendarvos algúns libros de abellas que tedes na biblioteca para seguir aprendendo ou gozando das súas aventuras.

Abejas: Piotr Socha


 El abejoso: Nadia Shireen


Dez abellas na laranxeira: Marilar Aleixandre


Las abejas: Maria Ángels Julivert


La tarea de las abejas :  Pog 




Recomendacións Lectoras de 3º polo Día do Libro

Ola amiguiños e amiguiñas!! Aproveitando a celebración do "Día do Libro" os compañeiros e compañeiras de 3º achegáronse á emisora de Radio Garabullo para facervos unhas recomendacións de lectura. Falan de moitos libros moi divertidos e adaptados a todas as idades e gustos. Cal vos gusta a vós máis? Lembrade que os tedes na biblioteca a vosa disposición.


APADRIÑAMENTOS LECTORES (Día do Libro 2025)

Ola amiguiños e amiguiñas!! Esta semana celebramo o "Dïa do Libro" e coma cada ano fixemos unha das actividades que máis nos gusta a todos: Os "Apadriñamentos Lectores". Grandes e pequenos compartimos lecturas no patio. Encántamo o marmurio que se escoita cando estades todos contando os vosos contos aos vosos compañeiros e compañeiras.

sábado, 12 de abril de 2025

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2025

Ola amguiños e amiguiñas!! Un ano máis comezamos o mes de abril celebrando o "Día das Artes Galegas". A Real Academia Galega de Belas Artes escolleu o 1 de abril por ser a data que figura inscrita nos dinteis do Pórtico da Gloria como día de su finalización no ano 1188.

Cada ano escóllese a un homenaxeado na historia da arte galega. Un persoeiro que morrera máis de 10 anos atrás. Este ano está dedicado a Isaac Díaz Pardo.

O alumnado de 5º de Primaria quixo conmemorar esta data con todo o cole. No canto de centrarse no homenaxeado, frealizaron un percorrido polo mundo da arte galega. A través dunha exposición na entrada do cole  e  dun vídeo amosáronnos  a todos os resultados do seu traballo de investigación.

Tamén invitaron ás familias a vir a ver o froito do seu traballo.



viernes, 11 de abril de 2025

BIBLIOTECA CREATIVA CON Carlos Gallego

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Este luns a maioría do alumnado de Primaria, tivo a sorte de contar coa visita de Carlos Gallego para facer un obradoiro de Collage.

Carlos Gallego é ilustrador e deseñador gráfico. Entre outras ocupacións ilustra libros de texto para distintos cursos de Educación Primaria e Secundaria; tamén libros de narrativa; proxectos publicitarios... 

Durante o obradoiro os compañeiros e compañeiras de primaria empregaron a técnica de collage como método para comprender e representar o mundo que nos rodea dunha maneira creativa. Mediante distintos exercicios foron descubrindo diferentes estratexias para converter sinxelos recortes de papel en todo tipo de elementos naturais e obxectos cotiáns.

miércoles, 9 de abril de 2025

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

 Ola amguiños e amiguiñas!! Esta semana celebramos o "Día Mundial da Saúde". Este ano comeza co eslogan "Comezos saudables, futuros esperanzadores". O 7 de abril é unha data que serve para lembrar a importancia que ten a nosa saúde e insistir na importancia da prevención da enfermidade e promoción da saúde, algo que depende de cada un de nós.

Así o entenden as nosas familias que estiveron mandando recetas saudables ao LAMBECAZOLAS (premede aquí) e tamén o entendemos nós. Así a mestra de 6º de infantil enviounos este vídeo para animarnos a seguír unha alimentación saudable.

martes, 8 de abril de 2025

AS NOVAS DE BANDEIRA

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa sabedes que na escola facemos un montón de actividades!! Esta semana Lía Enríquez e Sara de 6º decidiron facer un noticiario contando todas as novas que están a pasar no cole e que pasarán. Está xenial!! Agardamos que sigan contando máis novas de todo o que irá acontecendo ata final de curso.

Agora escoitade as novas que seleccionaron para emitir para o comedor do cole!!

jueves, 3 de abril de 2025

Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe celebramos o "Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo". A asociación AÚPA DEZA para contribuir á concienciación  sobre o autismo un ano máis creando o hashtag #AchégaTEAoMeuSorriso.

Con el pretenden enfatizar o valor do sorriso como forma de comunicación, de empatía e de inclusión.

A proposta foi expoñer os vosos sorrisos nunha árbore chamada "A árbore dos sorrisos" nunha estrutura aportada por AÚPA DEZA.

#AchégaTEAMeuSorriso

#Somosinfinitos

A nosa árbore dos sorrisos



martes, 25 de marzo de 2025

PROGRAMA 2: Parabéns 26-03-2025

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos nas ondas o novo programa de RADIO GARABULLO. Parabéns á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer.

Nesta ocasión os locutores foron Hugo Fuentes, Lucía, Xoán e Eire de 4º. Tocaba darlle os parabéns aos nacidos nos meses de decembro a marzo e contarnos algunha cousiña máis. Escoitade!!



lunes, 24 de marzo de 2025

COMO TRABALLAR COA PRENSA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Coma ben sabedes, ao longo destes últimos días, xornais e revistas acompañánnos ao longo de toda a xornada. Ademais dos que habitualmente veñen ao cole contamos con outros distintos para facer actividades variadas.

Así puidemos investigar unha nova dende a perspectiva de distintos xornais.

Crear as nosas propias noticias partindo de unha idea ou dunha reflexión de aula.

Facer pequenos editoriais de aula contando o que está a pasar na escola.

Preparar programas de radio para a nosa emisora...

A clase de 5º de primaria decidiu facer a súa propia nova a partir dunha imaxe. Así traballaron por equipos!!


Por outra banda os nenos e nenas de 3º buscaron a información nun medio que xa casi queda esquecido... As revistas!!
Aquí podemos velos comentando as curiosidades que nelas atopan.


Como vedes xornais e revistas, radio e TV,... fan chegar a nós as novas que acontecen no mundo. Ademais de ser un material moi importante para completar as nosas aprendizaxes.
Lede xornais, escoitade a radio e vide a contarnos e comentarnos as vosas noticias.

martes, 18 de marzo de 2025

AS ACTIVIDADES DO DÍA DE ROSALÍA

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa sei que fai moito que celebramos o "Día de Rosalía". Foron moitas as actividades que programamos e que fomos facendo ben e con tempo. Ben sabemos que Rosalía non se celebra un día so. 

Para aprender moito de Rosalía o seu homenaxe cos mandadiños do Entroido traendo unha flor posta no seu honor. Aprendemos moito da súa faceta literaria e decidimos facer un recital, como xa vistedes nos vídeos do Día de Rosalía que xa publicamos.

Coñecer a Rosalía e achegarse á natureza. Tiña predilección por unhas frores que estudamos pintamos e tamén prantamos: os pensamentos. 


Ademais de traballar a súa vida e a súa obra con moitas propostas que fomos vendo neste Blog. Con todo o aprendido fomos á biblioteca a xogar cos escornabots. As preguntas eran adaptadas aos nosos niveis pero podo asegurarvos que poucos nenos coñecen mellor á nosa autora que vós.

sábado, 15 de marzo de 2025

SEMANA DA PRENSA 2025

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Ao longo desta semana tivemos a Semana da Prensa. Coma cada ano mercamos xornais para aprender a importancia da Prensa escrita. Pero non debemos esquecer que non é a única forma de acceder ás novas que acontecen ao noso redor. A información pode chegar a través da Radio, dos xornais dixitais e de páxinas serias que dan a información obxectiva e contrastada.

Non deixedes de tentar facer as vosas novas e enviárnolas. Danos igual o medio a empregar e a nova a contar. Agardamos impacientes por saber todo o que podedes investigar e contar!!



jueves, 13 de marzo de 2025

A NENA QUE SEMPRE DICÍA NON!! Con Mariela e Martina de 4 anos

Ola amiguiños e amiguiñas!! Onte contamos coa visita da nai de Martina Blanco de 5º de infantil. Trouxeron un conto moi divertido dunha nena que sempre dicía NON!! Coñecedes a alguén que diga NON a todo? Pois neste conto tedes a unha!! Pero seguro que a nai atopa o xeito de facela cambiar de opinión!