jueves, 29 de mayo de 2025

Novas de Bandeira, por Lía Enríquez e Sara

Ola amguiños e amiguiñas!! Sabedes unha das cousas que máis nos gustan na Biblio e na Radio? É ver todo o que aprendedes e o autónomos que sodes!! Onte cando Sara e Lía Enríquez de 6º quixeron subir soas a emisora de Radio Garabullo a facer un pequeno programa encantounos. Elas soas escribiron a escaleta e gravaron soas durante o recreo para poder emitir o podcast no comedor do cole. Un traballo fantástico. Moitas grazas. 


miércoles, 28 de mayo de 2025

FORMACIÓN DE RADIO NA BIBLIO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Ao longo deste mes de maio o alumnado de 4º tivo dúas sesións de formacion de Radio na Biblio da man de Cristina Collazo.

Aprenderon a importancia dun bo quecemento corporal e da voz, a preparación da mesma, a vocalización, os cambios de ton e de ritmo así como a modulación.

Non esquecer que aínda que sempre debemos levar unha escaleta que nos de confianza no momentos da gravación na radio, tamén debemos estar preparados para a improvisación, a creatividade, a espontaneidade...

Con todo o aprendido e improvisando fixeron este conto para Radio Garabullo. Queredes escoitalo? Despois podedes ver os mellores momentos deste divertido Obradoiro.



domingo, 25 de mayo de 2025

INSTRUMENTOS DA MEMORIA

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado luns o 2º e 3º ciclio de primaria contou cun obradoiro moi especial.

A Deputación de Pontevedra, con motivo da celebración das Letras Galegas 2025, dedicadas ás cantareiras e a poesía popular oral,  da man da Fundación Legar ofreceronnos representacións musicais didácticas dirixidas a promover o interese pola música de raíz. 

Ao longo de 2 horas dunha forma activa e participativa realizaron un percorrido pola historia da nosa música de raíz, dende os instrumentos primitivos ata os máis comúns hoxe en día.


miércoles, 21 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS 2025

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado luns celebramos as "Letras Galegas" no cole. Foi unha xornada acompañada de lecturas compartidas en galego, música e aprendizaxe. Aquí tedes algúns momentos.

Tivemos apradriñamnetos lectores onde maiores e pequenos compartiron un contiño en galego.


Tamén tivemos o noso pasacalle e a nosa foliada. Pandereteiras e gaiteiros do cole amenizaron a "Hora de Ler"

LAMBECAZOLAS 2025: Tortitas de plátano

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O curso non rematou, así que as actividades do Lembecazolas e as receitas saudables seguen a ser ben recibidas.

A pasada semana a mestra de 6º de infantil, Leticia, fixo unhas tortitas de plátano co seu fillo. Quedaron tan ricas que decidiu ensinarlle a súa clase a facelas e organizar así "Un fantástico e divertido venres de merenda".

Nós aproveitamos para ensinarvos as súas receitas e recomendar un par de libros de receitas que podedes atopar na biblioteca para ampliar as vosas merendas!!

Comezamos con Frutas divertidas de Iryna Stepanova. A creatividade e a froita unidas para facer ricas merendas.



Continuamos con Sin dientes y a bocados de Juan Llorca. Unha guía completa accesible e imprescindible; ideal para axudar a resolver dúbidas frecuentes sobre o paso da lactancia á alimentación complementaria regulada e dirixida polo propio bebé.


Outro podería ser Aventuras e desventuras dos alimentos ultraprocesados de Teresa Benéitez. Algunha vez tivéchedes curiosidade por saber de onde veñen todos os alimentos que aparecen na nosa mesa?


Seguro que estades agardando polas receitas. Aí van:



martes, 20 de mayo de 2025

BIBLIO CREATIVA PARA MELLORAR

Ola amiguiños e amiguiñas!! Seguimos coas actividades de Biblio Creativa. Grazas a aplicacións coma CANVA e as posibilidades da Biblio Creativa estamos a mellorar a nosa cartelería. Que opinades? Vides a crear carteis á Biblioteca?



PANDERETEIRAS. LETRAS GALEGAS 2025

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis celebramos as "Letras Galegas" no cole. Este ano está dedicado á poesía popular oral, personificada en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandereteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva que quere recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.

Nós quixemos recoller un pouco desa tradición oral nas nosas pandeiretas. Escaneando os códigos QR podedes ver como cada aula interpretou a súa cantiga ao seu xeito. Queredes velas?

Pasade polo cole e vide a escanear as nosas pandeiretas!!



Ao escanear os códigos da barras das panderetas podemos ver os vídeos que fixeron as aulas.

4º Infantil


5º  Infantil


6º  Infantil


1º Primaria


2º Primaria


3º Primaria


4º Primaria


5º Primaria


6º Primaria

A NOSA FACHADA

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis a "Fachada do cole" amanece celebrando as Letras Galegas e aos seus homenaxeados. Queredes ver como loce a nosa fachada? 

sábado, 17 de mayo de 2025

PLAN DIRECTOR: Charlas coa Guardia Civil para 5º e 6º

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Como vén sendo habitual na nosa escola o alumnado de 5º e 6º tivo unha formación coa Guardia Civil. Tamén as familias.

Charlas que trataban temas moi importantes e de actualidade: adiccións, perigos das redes, ciberseguridade,...







viernes, 16 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS 2025. Cartelería

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Non deixedes de pasar pola entrada do cole para ver aprender cousiñas das homenaxeadas nestas Letras 2025. Este ano a cartelería destinada aos coles é Cantareiras: poesía populara oral, elaborado polo CEIP Celso Emilio Ferreiro, de Cerceda.



miércoles, 14 de mayo de 2025

O gato Tintín

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe Lía Oro de 3º estivo na emisora de Radio Garabullo
para ler un conto escrito e inventado por ela. Así, fixo este "Audiolibro" para que todos pequenos e grandes poidamos lelo e escoitalo. A ver se vos gusta!!




Cream Colorful Earth Rocket Illustration Vector World Book Day Video de Margarita Faílde Porto

martes, 13 de mayo de 2025

MULLERES QUE CANTAN A NOSA CULTURA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Este ano o alumnado de 6º estivo preparando un programa de radio para darnos a coñecer un pouco a tradición das cantareiras e pandereteiras. Foi un traballo que contou coa colaboración das rapazas do cole que tocan e cantan en "Xirandola". O resultado un "Podcast" de Radio moi interesante para coñecer un pouco mellor as nosas letras e escoitar o ben que o fan as vosas compañeiras.





ESCOITADE!!!

lunes, 12 de mayo de 2025

PROPOSTAS DO SEMINARIO GALÁN

Ola amiguiños e amiguiñas!! Seguimos coas actividades dedicadas á celebración das Letras Galegas. Nesta ocasión seguimos as propostas do Seminario Galán. 

Comezamos cos Xogos?













E se queres investigar ti en calquera proposta de xogo ou traballo pica na imaxe!!







A PRIMAVERA DAS LETRAS

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis chegamos cunha proposta da "Primavera das Letras" para conmemorar as Letras Galegas.

Queredes xogar e aprender seguindo a súa proposta? Picade nas imaxes!!










domingo, 11 de mayo de 2025

APRENDER COAS MULLERES GALEGAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Este  ano a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade propón "Aprende coas mulleres galegas", unha serie de actividades para coñecer e afondar na vida de diferentes referentes intelectuais de Galicia.

Nesta ocasión, e aproveitando a celebración das nosas letras, propón a seguinte unidade didáctica.




lunes, 5 de mayo de 2025

COLABORACIÓN ENTRE CENTROS: Ramón de Valenzuela & Ramón Otero Pedrayo

Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis o noso centro CEIP Ramón de Valenzuela e o CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro uníronse a través das clases de 4º de primaria para compartir algo propio das súas escolas ou pobos. Nesta ocasión decidiron presentar  á persoa que lle da nome ao seu centro e compartir todo o que foron aprendendo. Este foi o resultado.

Os nosos compañeiros de 4º fixeron un PDF co noso mestre e escritor Ramón de Valenzuela;


Os compañeiros de 4º de Amoeiro mandáronnos esta fermosa carta:



viernes, 2 de mayo de 2025

2 de maio: Día Mundial contra o Acoso Escolar

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe celebramos o "Día Mundial contra o Acoso Escolar".

O acoso é un fenómeno que afecta a millóns de nenos e adolescentes en todo o mundo.

Moitos países e organizacións internacionais impulsaron o "Día Mundial contra o Acoso Escolar coma unha xornada para visibilizar, analizar e frear as conductas agresivas e sistemáticas que se producen nalgúns entornos educativos. Este día non é unha data conmemorativa, é un símbolo dun compromiso global para garantir un ambiente seguro e respetuoso para todos os estudantes.

Os compañeiros e compañeiras de 4º quixeron axudarnos a entender mellor esta data a través de dous camiños.

Por unha banda coa lectura do libro " A miña amiga invisible" de Eduardo Santiago. Conta a histora de Uxía e o que lle acontece cando abandona a cidade coa súa familia para vivir nunha aldea preto dun bosque. Grazas a aparición dunha amiga invisible intentará superar todos os atrancos que a realidade teima en poñer no seu camiño. Un conto de fadas pouco convencional sobre o poder da imaxinación para enfrontar problemas reais.

Por outra banda coa emisión dun programa de radio: "Invisible nunca máis" tendo como referencia esta historia e dando consellos de como afrontar situacións de "Acoso".

jueves, 1 de mayo de 2025

CHARLA SOBRE OS PERIGOS DAS REDES SOCIAIS

Ola amiguiños e amiguiñas!! O día de onte marcouse por unha charla para as familias e os maiores do cole. Unha charla dirixida polo noso director Antonio e enfocada aos perigos que implica o emprego das Redes Sociais.

Xa sabemos que as redes sociais están a converterse nunha parte importante da vida dos adolescentes e xóvenes. Proporcionan conexións virtuais, intercambio de información, interacción, espazos para discusións de diversos temas , un lugar para queixas e tamén para expoñer talentos, pasatempos e traballos creativos,...

Sen embargo, o uso excesivo e inadecuado destas plataformas dixitais provoca impactos negativos na saúde mental dos estudantes. Os principais riscos asociados ao uso das redes sociais por parte dos xóvenes son a depresión, sentimentos de inferioridade, baixa autoestima, vanidade excesiva, competitividade, envexa e a influencia de valores dudosos.

Un tema moi interesante abordado o mércores da man de Antonio a través de ENAPAS.