Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis celebramos as "Letras Galegas" no cole. Este ano está dedicado á poesía popular oral, personificada en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandereteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva que quere recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.
Nós quixemos recoller un pouco desa tradición oral nas nosas pandeiretas. Escaneando os códigos QR podedes ver como cada aula interpretou a súa cantiga ao seu xeito. Queredes velas?
Pasade polo cole e vide a escanear as nosas pandeiretas!!
0 comentarios:
Publicar un comentario