miércoles, 30 de abril de 2025

ANO CASTELAO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Este ano celébrase o "Ano Castelao". O obxectivo do Ano Castelao 2025 é conmemorar a memoria e o legado de quen é considerado un dos fundadores da Galicia contemporánea, a súa cultura e o seu marco político. Para que coñezades un pouco mellor a Castelao, a súa vida e obra deixámosvos aquí algunhas propostas.


Aquí poderedes poñer a proba todo o aprendido





lunes, 28 de abril de 2025

AXUDANTES DA BIBLIOTECA na Semana do Libro

 Ola amiguiños e amiguiñas!! A pasada semana celebramos a "Semana do Libro" e os nenos e nenas de 6º amósannos algunhas das actividades que están a facer.

viernes, 25 de abril de 2025

Obradoiro das Abellas co teacher Marcos

Ola amiguiños e amiguiñas!!  O venres contamos coa visita de Marcos. Sabiamos que lle gustaban moito as abellas e que era apicultor no seu tempo de ocio, pero non sabía todo o que controlaba de abellas. Cantas cousas nos contou!! Algunha están aquí recollidas, aínda que o pasamos tan ben que estamos dispostos a repetir pronto!!. 

Aproveitamos para recomendarvos algúns libros de abellas que tedes na biblioteca para seguir aprendendo ou gozando das súas aventuras.

Abejas: Piotr Socha


 El abejoso: Nadia Shireen


Dez abellas na laranxeira: Marilar Aleixandre


Las abejas: Maria Ángels Julivert


La tarea de las abejas :  Pog 




Recomendacións Lectoras de 3º polo Día do Libro

Ola amiguiños e amiguiñas!! Aproveitando a celebración do "Día do Libro" os compañeiros e compañeiras de 3º achegáronse á emisora de Radio Garabullo para facervos unhas recomendacións de lectura. Falan de moitos libros moi divertidos e adaptados a todas as idades e gustos. Cal vos gusta a vós máis? Lembrade que os tedes na biblioteca a vosa disposición.


APADRIÑAMENTOS LECTORES (Día do Libro 2025)

Ola amiguiños e amiguiñas!! Esta semana celebramo o "Dïa do Libro" e coma cada ano fixemos unha das actividades que máis nos gusta a todos: Os "Apadriñamentos Lectores". Grandes e pequenos compartimos lecturas no patio. Encántamo o marmurio que se escoita cando estades todos contando os vosos contos aos vosos compañeiros e compañeiras.

sábado, 12 de abril de 2025

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2025

Ola amguiños e amiguiñas!! Un ano máis comezamos o mes de abril celebrando o "Día das Artes Galegas". A Real Academia Galega de Belas Artes escolleu o 1 de abril por ser a data que figura inscrita nos dinteis do Pórtico da Gloria como día de su finalización no ano 1188.

Cada ano escóllese a un homenaxeado na historia da arte galega. Un persoeiro que morrera máis de 10 anos atrás. Este ano está dedicado a Isaac Díaz Pardo.

O alumnado de 5º de Primaria quixo conmemorar esta data con todo o cole. No canto de centrarse no homenaxeado, frealizaron un percorrido polo mundo da arte galega. A través dunha exposición na entrada do cole  e  dun vídeo amosáronnos  a todos os resultados do seu traballo de investigación.

Tamén invitaron ás familias a vir a ver o froito do seu traballo.



viernes, 11 de abril de 2025

BIBLIOTECA CREATIVA CON Carlos Gallego

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Este luns a maioría do alumnado de Primaria, tivo a sorte de contar coa visita de Carlos Gallego para facer un obradoiro de Collage.

Carlos Gallego é ilustrador e deseñador gráfico. Entre outras ocupacións ilustra libros de texto para distintos cursos de Educación Primaria e Secundaria; tamén libros de narrativa; proxectos publicitarios... 

Durante o obradoiro os compañeiros e compañeiras de primaria empregaron a técnica de collage como método para comprender e representar o mundo que nos rodea dunha maneira creativa. Mediante distintos exercicios foron descubrindo diferentes estratexias para converter sinxelos recortes de papel en todo tipo de elementos naturais e obxectos cotiáns.

miércoles, 9 de abril de 2025

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

 Ola amguiños e amiguiñas!! Esta semana celebramos o "Día Mundial da Saúde". Este ano comeza co eslogan "Comezos saudables, futuros esperanzadores". O 7 de abril é unha data que serve para lembrar a importancia que ten a nosa saúde e insistir na importancia da prevención da enfermidade e promoción da saúde, algo que depende de cada un de nós.

Así o entenden as nosas familias que estiveron mandando recetas saudables ao LAMBECAZOLAS (premede aquí) e tamén o entendemos nós. Así a mestra de 6º de infantil enviounos este vídeo para animarnos a seguír unha alimentación saudable.

martes, 8 de abril de 2025

AS NOVAS DE BANDEIRA

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa sabedes que na escola facemos un montón de actividades!! Esta semana Lía Enríquez e Sara de 6º decidiron facer un noticiario contando todas as novas que están a pasar no cole e que pasarán. Está xenial!! Agardamos que sigan contando máis novas de todo o que irá acontecendo ata final de curso.

Agora escoitade as novas que seleccionaron para emitir para o comedor do cole!!

jueves, 3 de abril de 2025

Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe celebramos o "Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo". A asociación AÚPA DEZA para contribuir á concienciación  sobre o autismo un ano máis creando o hashtag #AchégaTEAoMeuSorriso.

Con el pretenden enfatizar o valor do sorriso como forma de comunicación, de empatía e de inclusión.

A proposta foi expoñer os vosos sorrisos nunha árbore chamada "A árbore dos sorrisos" nunha estrutura aportada por AÚPA DEZA.

#AchégaTEAMeuSorriso

#Somosinfinitos

A nosa árbore dos sorrisos