Ola amiuguiños e amiguiñas! Como xa sabedes o alumnado do 2º ciclo de Educación Primaria celebrou oDía Internacional dos Bosques cunha actividade vinculada ao proxecto de biblioteca do centro.
Dentro deste proxecto, continúan traballando na recuperación do espazo “O coto da Gaiteira”, destinado á plantación de diferentes especies arbóreas.
Para conmemorar esta data, prepararon a narración do contoWangari e as árbores da paz, que compartiron co resto das aulas, transmitindo valores de respecto e coidado polo medio natural.
Seguimos medrando xuntos, coidando o noso entorno
lunes, 23 de marzo de 2026
Ola, amiguiños e amiguiñas!!
Que estará acontecendo no cole? Víchedes os carteis da entrada do cole? Que estará a psar?
Será que na clase de inglés algo se está a argallar… e a Pascua está a chegar….
Ola, amiguiños e amiguiñas! Hoxe queremos compartir unha das actividades que vivimos na nosa biblioteca escolar, enmarcada dentro do noso Proxecto Documental Integrado (PDI).
O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria participou nun obradoiro de biblioteca creativa moi especial da man de Cristina e Jean-Ba, de Alouette Machine. Foi unha experiencia diferente, manipulativa e chea de significado, na que as nenas e nenos puideron achegarse ao mundo da imprenta manual.
Durante a sesión, descubriron como se elaboraban antigamente os carteis, empregando letras móbiles, tintas e prensas. Con moita ilusión e creatividade, foron creando as súas propias composicións, converténdose por un intre en auténticos impresores e impresoras.
O resultado deste traballo foi a creación de cartelería destinada a dous espazos moi importantes dentro do noso proxecto: o Horto e o Coto da Gaiteira. Deste xeito, a actividade non só tivo un valor artístico e manipulativo, senón tamén funcional, xa que as súas creacións formarán parte do día a día do centro.
Ademais, esta proposta permitiu traballar aspectos como a cooperación, a atención ao detalle, a expresión escrita e o respecto polos procesos tradicionais de creación, conectando o pasado co presente dunha maneira moi significativa.
Sen dúbida, foi unha experiencia enriquecedora que deixou pegada no noso alumnado e que contribúe a facer da biblioteca un espazo vivo, dinámico e cheo de aprendizaxes.
Moitas grazas a Cristina e Jean-Ba por achegarnos esta marabillosa actividade!
Ola amguiños e amiguiñas! A pasada semana no cole celebramos dúas datas moi importantes: o 8M, Día Internacional da Muller, e o 11F, Día da Nena e da Muller na Ciencia. Para unir estas celebracións creamos unha actividade especial dedicada ás mulleres galegas científicas.
O alumnado de 5º de Primaria investigou sobre diferentes científicas de Galicia que, co seu traballo e dedicación, están a contribuír a mellorar o mundo no que vivimos. Descubriron quen son, a que se dedican e por que o seu traballo é tan importante.
Con toda esta información elaboraron unha ficha resumida para compartir co resto do cole e axudarnos a coñecer mellor o papel das mulleres na ciencia.
No seguinte vídeo podedes descubrir algunhas destas mulleres galegas científicas e coñecer porque son tan importantes.
Esta semana celebramos no cole o 8M, Día da Muller, que decidimos unir co 11F, Día da Nena e da Muller na Ciencia, para formar o DÍA DAS MULLERES CIENTÍFICAS E GALEGAS.
Da man do alumnado de 5º de Primaria e do seu mural entramos en contacto con MULLERES GALEGAS fundamentais para o desenvolvemento do mundo actual.
Como o que máis nos gusta é xogar... e os nenos e nenas de 5º diso saben moito, fixeron unhas cartas de parellas das "Mulleres científicas galegas" para realizar xogos de memoria. Por outra banda, para primaria ampliáronas con datos biográficos. Deixáronnas no espazo de xogo e calma das escaleiras.
O martes tivemos a presentación de todo o traballo que rematará cun programa de radio especial: unha entrevista a Marisol Soengas. Nacida en Agolada, Marisol é unha cientírfica bióloga galega, especializada na microbioloxía molecular. É unha prestixiosa investigadora a nivel mundial na loita contra o melanoma, o tipo de cancro de pel menos común paro o máis letal. É directora do Grupo de Melanoma, no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas.
As reporteiras de Radio Garabullo tiveron a sorte de poder facerlle unha entrevista no mes de xaneiro en Lalín. A entrevista pronto a poderedes escoitar. Mentres, deixámosvos cun resumo da nosa celebración do 8M & 11F.
Ola amiuguiños e amiguiñas! O mércores 11 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tivo a sorte de participar nunha charla moi especial con Gúmer Portas, locutor de Radio Lalín e director do programa Entre Nós.
Ao longo do encontro, Gúmer explicoulles como funciona a radio por dentro, como se preparan os programas e a importancia deste medio como fonte de información. O alumnado puido coñecer de primeira man como é o traballo dun locutor e resolver as súas dúbidas.
Esta actividade serviunos para achegar a radio ás nenas e nenos, entendéndoa como un medio de comunicación próximo, dinámico e moi útil para informarse e expresarse.
Hoxe na escola, da man de 5º de primaria, celebramos o 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
A encargada de facer a reportaxe foi Vega Lalín, tamén de 5º de Primaria, que despois foi ata a biblioteca para facer a montaxe das fotos e amosarnos o resumo da xornada.
Os nenos e nenas de infantil xa están a levar os seus contiños para ler en casa. Para eles é unha festa pasar polo nosa biblioteca e escoller as súas lecturas preferidas. Mirade que contentos marchan!!
A semana pasada, Alicia de 4º de infantil pediunos un conto que tiña moitas gañas de ler, e seguindo as súas recomendacións trouxemos para a biblioteca "La sirena cantarina" de Julia Donaldson.
Conta a historia dunha serea adorada polo público. pero que pronto vai a descubrir aue a vida nunha pecera non pode substituír á liberdade do ancho mar.... Non vos conto máis. Se queredes coñecer a historia desta serea xa a temos na biblioteca.
Aproveitando a celebración do Día da Radio e do Entroido, os nenos e nenas de 6º decidiron preparar un podcast especial... Xa que entrevistaron a sete compañeiros e compañeiras —Antía, Carla, Uxía, Daniela, Mariña, Martín e Andrés— que participaron no Alto dos Xenerais Infantil de Bandeira, unha experiencia chea de tradición, emoción e orgullo.
Ao longo da entrevista coñeceremos como viviron ese día e que sentiron ao formar parte desta tradición singular e senlleira declarada Festa de Interese Turístico.
O Ceip de Bandeira convídavos a coñecer, coa axuda de Garabullo, a nosa Biblioteca e a mergullarvos no fascinante mundo dos libros. Neste curso viaxaremos a miles de experiencias inesquecibles... AGARDÁMOSVOS!!!!
Buscar este blog
PDI "MELLORAMOS CANDO RECUPERAMOS"
Ao longo deste curso e do seguinte pretendemos recuperar e renovar os distintos espazos do cole.
ESPAZO CREATIVO
Premendo na imaxe podedes ver as actividades de Biblioteca Creativa e Polos Creativos
LECTURA E FAMILIA
Premendo na imaxe poderedes acceder ás actividades relacionadas con este proxecto
Bibliotecas Escolares
RADIO NA BIBLIO
Preme na imaxe e poderás ver todos os "Podcast" de Radio Garabullo para RADIO NA BIBLIO