lunes, 21 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Ola amiguiños e amiguiñas!! Sabedes que celebramos hoxe? O "Día Internacional dos Bosques". No noso cole levamos moito tempo preocupándonos pola contorna. Son moitas as accións que facemos: reciclaxe, compostaxe, temos un horto,... e tamén ao longo dos anos fomos recuperando zonas da contorna do cole para plantar todo tipo de árbores, e así crear a nosa "Aula da Natureza", onde aprendemos moitas cousas da plantación e o coidado das distintas especies.

Este ano grazas ao proxecto "Fortes coma Carballos" estamos investigando as árbores da nosa plantación, a importancia das distintas especies e como recuperar aquelas que por diversas situacións non van adiante. Hoxe deixamos a aula para achegarnos ós patios a repoñer aquelas especies que, por distintos motivos, non chegaron a agromar todo o ben que nós esperábamos.





0 comentarios: