lunes, 25 de octubre de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola amiguiños e amiguiñas un ano máis!! Hoxe celebramos na escola o "Día das Bibliotecas Escolares". A festa da nosa biblioteca. Cantas gañas tiña de vervos de novo buscando historias fantásticas polos meus andeis, investigando para completar as vosas aprendizaxes nos ordenadores ou nos libros de consulta ou simplemento creando, aprendendo e gozando das posibilidades da nosa biblioteca.

Que marabilla ver coma eu Garabullo, coa axuda dos vosos compañeieros e compañeiras de 6º, cobrei vida para compartir con todos e todas un intre inesquecible na biblioteca. Alí vimos un vídeo que aquí deixo para que vexades canto queirades e pensedes cal será o proxecto de investigación que dende a biblioteca propoñemos para este ano. Tamén houbo sorpresas. Contos para todos e unha pulseira que seguindo o lema das "Bibliotecas Escolares" lémbravos que "A biblioteca ten a palabra"... E dende hoxe vós tamén a tedes para contarnos cousas, para investigar, para imaxinar, para crear,... A biblioteca somos todos e todas!! Agardamos por vós!! VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

0 comentarios: