domingo, 25 de abril de 2021

DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2021

Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor
é unha celebración para promover o goce dos libros e da lectura. Cada 23 de abril, sucédense celebracións en todo o mundo para dar a  coñecer o poder máxico dos libros... Para nós o mellor xeito de facelo e poñer ós nosos pequenos en contacto con libros. Deixarllos mirar, ulir, tocar e ser eles os que, por un día,
escollan os libros e merquen os libros da nosa biblioteca.

Así comezamos unha semana dedicada ó libro. Fixemos unha pequena feira. Cada aula pasou pola entrada do cole para escoller dous libros. Dúas novidades que segundo eles non deberían faltar na nosa biblioteca. Dende infantil á sexto pasamos todos. Tocamos os libros, sentimos as súas historias e ulimos a súa maxia e despois de moito debater escollemos os dous libros por aula. A moitos soubolles a pouco e tiveron que ir á biblioteca a pedirlle a Garabullo algún imprescindible que non puideron escoller...


En Radio Garabullo estivo presente a lectura. Houbo radio en directo todos os días para o comedor, e o día 23 durante os patios de recreo. Nesta emisións fixéronse recomendacións de Libros CD. Libros co poder de axudar a combater o aillamento do COVID, reforzar os lazos entre as personas, amosar outro xeito de lectura e coma todos os libros estimular as nosas mentes e a nosa creatividade.

Tamén houbo un apadriñamento lector moi fermoso unhas nenas de 2º aproveitaron esta data para ler un conto para todos os compañeiros e compañeiras do cole. Un conto para o comedor. Un apadriñamento lector común a todos e todas moi emocionante. Sara e Yesica de 2º dedicáronlle a toda a comunidade educativa o conto A escaleira no comedor do luns axudadas por Candela e Carla de 6º

Aproveitamos esta semana para traer ós nenos e nenas de infantil á biblioteca. Todos puideron aprender como funciona agora e como facer para levar o seu contiño porque o COVID non pode acabar coa lectura nin coas bibliotecas.

Para rematar pequenos e maiores decidiron contar, cantar e bailar un conto para todos. Un conto moi divertido e entretido no que todos participamos. Un conto para ver, para bailar, para cantar, para ler, para rir!! Pete el gato: I love my white shoes



0 comentarios: