domingo, 31 de enero de 2021

ELMER polos nenos e nenas de Infantil

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Os  compañeiros e compañeiras de infantil escolleron o conto de ELMER para compartir con nós estas lecturas pola PAZ dende a radio.

Elmer, o elefante multicolor, é un clásico infantil que transmite valores positivos tan importantes coma a solidariedade, o respecto, a amizade e , sobre todo, a celebración da diferenza.

Non deixedes de escoitar e ver este conto que escolleu infantil para compartir con nós esta semana da PAZ. Podedes escoitalo directamente dende ivoox ou ver o vídeo apoiado en imaxes que as profes de infantil prepararon para nós.

ELMER de Infantil. Contos da PAZ pola Radio!!


0 comentarios: