lunes, 29 de junio de 2020

FELIZ VERÁN


ATA SEMPRE 6º!!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Rematamos!! Chegaron as vacacións e  toca descansar e gozar do tempo libre como máis vos apeteza!!! Eu quedarei por aquí agardando por vós, lendo novas historias para contárvolas á volta!!!
Pero antes de pechar este curso quería dedicarlles unhas verbas ós nenos e nenas de 6º que tiveron que deixar o cole dun xeito tan “raro”, sen despedidas.
Ola 6º!! Hoxe esta entrada está dedicada a vós. Un curso que sempre creu na Biblioteca e en min “Garabullo”. Non podo deixarvos marchar sen despedirme de vós.
Foi un pracer compartir con todos vós estes anos de Biblioteca, e especialmente este último tan intenso que nos tocou vivir...
Grazas por crer en min, pola ilusión que sempre puxestes en todas as actividades que vos propuxen, polos debuxos, polos contos, polas recomendacións, pola axuda na radio...GRAZAS POR TODO!!!
Botareivos moito, moito de menos axudantes de 6°. Agora comezades unha nova etapa no instituto, moita sorte!!! Non esquezades esta biblioteca que medrou con vós e cambiou coas vosas propostas. Seguide levando a lectura por onde vaiades e regalade ilusión e a imaxinación a través dun conto.
Garabullo, a mascota da biblioteca que cobrou vida grazas a vós, e o Equipo de Biblioteca do que a vosa titora forma parte queremos desexarvos o mellor nesta nova etapa tan marabillosa que vos tocará vivir. Aprendede, gozade, divertídevos.... e lede! Nunca esquezades e facede voso o lema da biblioteca que sempre nos acompañou: “Lemos porque nos peta
Agora toca descansar e gozar do tempo libre como máis vos apeteza!!! Eu quedarei por aquí agardando, lendo novas historias para contárvolas á volta!!!
E que mellor maneira de rematar que con esta foto de cando empezastes e unha das últimas de todos na biblioteca neste curso singular e diferente que de seguro quedará no noso recordo para sempre...
Adeus!! E xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Garabullo
ASÍ EMPEZAMOS TODOS XUNTOS


AGORA DÍGOVOS ADEEEUS!!!  en non esquezades:
"Lemos porque nos PETA"
Non vos esqueceremos!!!




0 comentarios: