lunes, 8 de junio de 2020

DÍA DO MEDIO AMBIENTE E DÍA DOS OCÉANOS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Este ano empezamos un proxecto que chamamos "Desplastifícate" Queríamos concienciarnos a nós mesmos, e as nosas familias, da problemática que supón o plástico, a repercusión que trae a utilización do mesmo e cambiar a nosa actitude de cara a súa utilización.
Aprendemos a reciclar, a reducir e a reutilizar; pero, aínda así, queda moito camiño para loitar polo noso planeta e salvar o noso medio ambiente e os nosos océanos.
O venres, 5 de xuño, foi o "Día Mundial do Medio Ambiente". Hoxe, 8 de xuño, é o "Dia Mundial dos Océanos". Nunha situación normal estaríamos finalizando este proxecto. Un proxecto no que fomos aprendendo que os océanos están morrendo, porque os estamos usando coma vertedoiros, enchéndoos de residuos. O lixo prexudica as criaturas que viven dentro do mar e arredor del. Debemos seguir loitando por salvar o planeta, seguir coidando o noso pequeno mundo.
Un xeito de axudarnos a entender este problema é a través dos libros e dos contos. É aquí onde nós cobramos importancia. Nesta data tan sinalada, propoñemos Lecturas para cambiar o mundo. Apuntádevos? Seguimos co proxecto o vindeiro ano? Apetécevos ser SUPERHÉROES CONTRA O PLÁSTICO?

Como primeira idea... un libro que leva por título "SUPERHÉROES CONTRA EL PLÁSTICO" de Martin Dorey da Editora Destino Infantil & Xuvenil.
Máis que un libro é unha guía práctica que propón 50 misións para loitar contra o plástico e así poder cambiar o mundo. Queredes ser "Superhéroes"?



"¿Qué le pasa al planeta?" Eva Clemente achéganos un conto que vai a axudar a entender mellor a situación ambiental do noso planeta dende un punto de vista divertido. O planeta amosa síntomas de estar enfermo: contaminación dos océanos, extinción de especies, agotamento dos recursos naturais,... Pero... Que pode facer un neno para sandar ó noso Planeta?


Palmeras en el Polo Norte. Todo o mundo fala do cambio climático, pero é verdade todo o que din sobre el? Palmeiras no Polo Norte responde algunhas preguntas que todos nos facemos. É un libro que fala da contaminación, de animais extinguidos, de volcáns, icebergs,... se tes curiosidade sobre estes temas xa sabedes collede este libro de Marc ter Host e Wendy Panders.


Tú puedes salvar el mundo de Angela Green. A través deste conto podes unirte a Greta Thunberg e a millóns de nenos e nenas. A túa misión: Salvar o mundo. Aprende de 38 personaxe inspiradores e convértete ti tamén nun héroe da Terra. No libro tamén atoparás 12 retos para aportar o teu gran de area na loita contra o cambio climático. Lembra: Non hai un Planeta B. Tes 12 meses para protexer o noso!!


Plastic Detox de José Luis Gallego é un libro que lembra que hai que "Desplastificar" o Planeta.  Da claves, ideas e ferramentas para reducir o consumo de plástico sen cambiar moito o noso estilo de vida.


Cambio climático de Yayo Herrero, María Gonzáles e Berta Páramo da todo tipo de información sobre este tema: Comprendemos ben que é o cambio climático? Como se produciu? Sabemos como afecta ós bosques, á auga ou ós animais? Como nos afecta ás persoas? e o máis importante... Sabemos o que podemos facer para afrontar o problema?
Un mar de plásticos de Kristi Blom y Geir Gabrielsen explica coma o océano, que alimenta ás aves mariñas, está a converterse nun vertedoiro. Que podemos facer para remedialo? Neste libro veremos aportacións de xentes de todo o mundo para afrontar o problema dos residuos plásticos no mar!!


Basura. Todo sobre as cousas máis molestas do mundo. Gerda Raidt explica, con moitas ilustracións e breves textos, que lles pasa ós desperdicios cando son recollidos polos camións do lixo... 




0 comentarios: