miércoles, 25 de marzo de 2020

CONTOS CONTADOS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Coma levades o de quedar na casa?
Nestes días chegan propostas desde distintos medios para que aproveitedes e fagades actividades relacionadas coa música, a pintura, traballos propostos polos vosos mestres e mestras...
Pois neste caso dende unha editorial de contos que vos gustan moito: KALANDRAKA chegounos unha proposta que queren compartir con todos nós "Contos Contados".
Queren transmitirnos e compartir con nós  o seu amor polos libros e a lectura.
Se premedes na imaxe poderes acceder á sección da canle de Kalandraka, na que irán aparecendo algúns contos contados. Comezamos recomendando "Versos e viceversos"para conmemorar o Día da Poesía que celebramos o pasado 21 de marzo.
Agardamos que escoitedes moitos contos e poidades divertirvos moito neste obrigado tempo de lecer.
Tamén vos reto a que sexades vós os que fagades os vosos "Contos contados" e os mandedes ao noso correo conversascongarabullo@gmail.com.
Encargarémonos de ilos colgando aqui no blog para que todos poidamos divertirnos con esta inciativa de Kalandraka.
Rétovos a todos e todas os que formades parte da familia do cole de Bandeira. Os que estamos hoxe e os que pasáchedes polas nosas aulas.
Agardo as vosas colaboracións.
Premede na imaxe para acceder aos contos!!
Un saúdo e xa sabedes... Agardo os vosos contos!!


miércoles, 18 de marzo de 2020

ALTO INFANTIL 2020

Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis os compañeiros e compañeiras de 6º participaron no "Alto dos Xenerais Infantil". Como ben sabedes para nós é un acontecemento moi agardado. Tamén para os que participan xa que dende decembro empezan a buscar as teimas e as debilidades do centro, e dos compañeiros e compañeiras, para compoñer as  Arengas. Logo un traballo de interpretación e de ensaio durante os recreos para ese dia tan ansiado. O sábado do Entroido: "O Alto dos Xenerais Infantil". Unha tradición que no pobo é tan agardada por todos coma o resto das actividades programadas para ese día.
Aínda que moi nerviosos, os vosos compañeiros xa interpretaron as arengas en Vila de Cruces nos Encontros de Entroido Escolar e para nós o público máis crítico pero que máis os queremos.
Agora toca amosarlles a todos coma o fixeron no Entroido de Bandeira. no Alto dos Xenerais Infantil. Subidos a cabalo e vestidos coma auténticos Xenerais. Queredes velos? Pois premede no vídeo!!!


TODAS SOMOS ROSALÍA

Ola amiguiños e amiguiñas!!

Hoxe toca o agasallo que non se esquece!! Comezamos a enfocar as actividades do 8 de Marzo cunha muller grande e admirable, a nosas Rosalía, continuamos cunha Exposición interactiva que non podía pasar de largo, concertos e entrevistas de artistas, unha obra de teatro e somentes quedaba facer algo material para non esquecer esta data tan representativa nin a nosa muller de ferro. Xuntamos todo e creamos as NOSAS ROSALÍAS.
Grazas a impresora 3D creamos pequenos chaveiros para todos e todas os que formamos a pequeña familia do CEIP Ramón de Valenzuela. Gústanvos??



Axudantes da Biblioteca escollen libros para mercar

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Como xa sabedes os compañeiros e compañeiras de 6º son os axudantes da biblioteca. Son moitas as labores que fan para que a biblioteca estea sempre agardando por todos nós.
Ademáis de axudar a coidar a biblio nos recreos, facelo préstamo, colocar libros, axudar cos ordenadores e xogos e manter un ambiente tranquilo nos recreos... O pasado martes axudáronnos a escoller entre varios libros moi bonitos que trouxo un profe do equipo de biblioteca. Coma todos os contos nos gustan e os cartos non chegan os axudantes da biblioteca escolleron uns poucos tendo en conta moitas cousas: os vosos gustos, as ilustracións, posibles utilidades, tipos de letra,...
Ollade!! Semella que os escoitamos deliberar!!



Semana da Prensa

Ola amiguiños e amiguiñas!! A pasada semana celebramos a Semana da Prensa na Escola.
Na escola temos o convencemento de que o xornal é unha ferramenta útil e beneficiosa para todos os nenos e nenas. Non só traballamos a lectura senón que desenvolvemos tamén o noso espíritu crítico.
Aínda que moitas aulas traballan coa prensa todo o ano (5º e 6º están dentro do programa "Prensa-Escola") a semana do 9 ao 13 de Marzo prestámoslle unha atención especial para falar das novas e... Como non? Converternos en pequenos xornalistas, creando as nosas novas para emitilas na nosa radio "Radio Garabullo".

Pouco a pouco iremos emitindo o resultado do voso traballo. Non deixedes de escoitar os Podcast de "Radio Garabullo".
Polo de agora se picas na foto poderás ver coma o alumnado de infantil foi achegándose ao mundo da Prensa!!

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramonvalenzuela/node/757

"María Pita" por Cristina Collazo

Ola amiguiños e amiguiñas!! Nesta ocasión foron os nenos e nenas de 1º de Primaria os encargados de preparar un pouco máis unha data tan importante coma é o 8 de Marzo "Dia Internacional da Muller". Ademáis do concerto de infantil e da Exposición interactiva a aula de primeiro invitou á nosa escola a CRISTINA COLLAZO unha muller do noso pobo á que entrevistaron na radio e  que, dun xeito moi doce, achegounos á vida das artistas mulleres e contounos cousiñas que está a facer na actualidade. Tamén tivemos a sorte de vela interpretar a obra "María Pita".
Aquí podedes escoitar a súa entrevista e picando na foto podedes ver un resumo do que foi un día na escola con CRISTINA COLLAZO.
GRAZAS CRISTINA pola túa visita!!!


https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramonvalenzuela/node/748


As nosas Rosalias

Ola amiguiños e amiguiñas!! As nosas Rosalías é unha é unha Exposición interactiva na que podemos visualizar mulleres galegas que destacan no ámbito das Artes. A través da tablet do colexio e dos diferentes dispositivos electrónicos (móbil, reloxo...) podemos descubrir moitas curiosidades de cada unha delas coa axuda dos códigos QR localizados á dereita de cada lámina.


De aquí para alá!!

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado mércores 4 de Marzo o alumnado de Infantil visitou o Auditorio de Santiago de Compostela para disfrutar co concerto "De aquí para alá", unha proposta musicar e teatral de Lydia Botana. Trátase dun proxecto de música infantil no que a través da música contan a historia dunha bolboreta. Unha viaxe musical arredor do mundo.
Unha aventura moi divertida que podedes ver picando na foto

martes, 3 de marzo de 2020

Entrevista ANPA Brincadeira

Ola amiguiñas e amiguiños!! Hoxe visitaron "Radio Garabullo" a nai de Ramón e Lola e a nai de Marco que forman parte da Xunta directiva da ANPA Brincadeira. Foron entrevistadas por Ramón, Marco e Brais. Falaron das actividades que fan coa ANPA e de moitas cousas máis. Aquí tedes o Podcast para escoitar a entrevista enteira.
Mulleres importantes nas nosas vidas que hoxe foron protagonistas na nosa Radio nesta semana dedicada ás Mulleres.



MULLERES!!!

Ola amiguiños e amiguiñas!! Entramos nunha semana chea de actividades. Dende o día 24 febreiro "Día de Rosalía" e ata o día 8 de marzo "Día Internacional da Muller", imos a propoñervos un montón de actividades nas que a muller sexa a protagonista. Dende as lecturas que xa tedes na entrada do cole, o mural feito polo alumnado de 1º para conmemorar esta data, as entrevistas ás nais que representan a ANPA, ata unha galería de arte nun dos corredores da escola onde a muller é a protagonista. Sen deixar de lado á música nesta ocasión para infantil no auditorio de Santiago de Compostela, a cargo de Lydia Botana co seu epectáculo "De aquí para alá".