lunes, 3 de junio de 2019

PAOLA GUIMERANS

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Como xa sabedes os vosos compañeiros de 5º e 6º participan no programa de  VOLUNTARIADO DE LECTURA-A. Pola súa labor foron seleccionados 10 centros e un deles foi o noso. O traballo dos vosos compañeiros foi moi valorado e recoñecido. O seu premio: un obradoiro de formación con  Paola Guimerans.
Paola é unha artista que investiga novos materiais e aplicacións da tecnoloxía nos procesos artísticos. Defensora da cultura maker e inspirada pola cultura do "faino ti mesmo", no seu traballo explora novas formas de arte e deseño interactivo e novos xeitos de aprender.
Ofreceunos un obradoiro no que falou de cidades intelixentes e de contos con tecnoloxía. Invitounos a crear a nosa cidade intelixente e unha escena dun conto con tecnoloxía, empregando circuitos e luces LEDs. Foi unha actividade moi divertida e interesante e todos e todas conseguiron crear o seu circuito!!
Rematamos o día facéndolle a entrevista que colgamos en Radio Garabullo e poderedes escoitar a continuación. Tamén temos un vídeo resumo da actividade.
Xa estamos desexando poder contar con ela de novo para que todos a coñezades!!!





0 comentarios: