martes, 25 de junio de 2019

Canción do plástico

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Somentes podíamos pechar este curso abrindo unha porta de cara ás actividades do vindeiro ano. Non vola perdades!!!


lunes, 24 de junio de 2019

Derradeiro día do curso 2018-2019

E rematou o curso!!! Tivemos cancións, teatro, contacontos, merendas e xogos. Moitas emocións que podedes lembrar ollando este pequeno vídeo.
Disfrutádeo!!!


Obra de Teatro de 5º

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Como ben sabedes os vosos compañeiros e compañeiras de 5º representaron unha obra de teatro para despedir este curso e en especial ao alumnado de 6º que deixa o cole para empezar unha nova etapa: O instituto.
A obra de teatro representada leva por título "Unha aula do colexio".
Un traballo estupendo rapaces!!!


jueves, 20 de junio de 2019

Javi Solla

Ola amiguiños e amiguiñas. Como sabedes tivemos a Javi Solla no noso centro o martes 18 de xuño. Foi o noso premio por facer tan bo traballo coa compostaxe e a súa presentación no Congreso de Compostaxe da Deputación de Pontevedra. O premio foi para todos. E a verdade que o disfrutamos moito.



lunes, 17 de junio de 2019

OS GARABULLOS DA LECTURA E A POESÍA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa se achega o fin de curso. Moito tempo de lecer!!!
Os axudantes da biblioteca "Os Garabullos da Lectura" decidiron que a poesía é unha lectura moi divertida e danvos consellos para que xoguedes con ela durante o verán.
Pois xa sabedes!! A ler e xogar coa poesía no verán!!



miércoles, 12 de junio de 2019

LA JUNGLA

Ola amiguiños e amiguiñas!!
As nenas de 5º querían facer un Ksmishibai distinto para todos e todas, pero en especial para os nenos e nenas de infantil. E como saben que o que máis lles gusta son os animais, pois fixeron un Kamishibai dos animais da xungla. Elas debuxaron os animais e cóntannos cousiñais destes animais.
Animádesvos vós a facer debuxos doutros animais e contarnos outras curiosidades para facer máis grande este Kamishibai que partiu do conto "A Jungla"?


jueves, 6 de junio de 2019

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño celébrase o "Día Mundial do Medio Ambiente". Este ano pon especial interese na redución da contaminación do aire. Sabemos que unha das causas da contaminación do aire é o lixo. Así o entenderon os compañeiros de 1º e 2º que despois de aprender moitas cousas dos montes e da súa importancia, entenderon que había que coidalos moito e sen dubidalo fixeron unha saída aos montes que rodean o cole. Ademáis de gozar do paseo e merendar decidiron limpar os camiños e recolleron o lixo que foron atopando contribuíndo un pouquiño ao coidado do noso monte e do Medio Ambiente.


miércoles, 5 de junio de 2019

HÉCTOR CAJARAVILLE

Ola amiguiños e amiguiñas!!
O pasado 3 de xuño tivemos a sorte de contar unha vez máis coa visita de Héctor Cajaraville.
Veu a falarnos do seu libro "Kusuma" gañador do Premio Merlín 2018. Aproveitando o noso traballo sobre "O Noso Monte" os vosos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º leron "Kusuma" unha fábula que ten coma escenario un monte galego e coma protagonistas unha gran variedades de animais do máis variado, curioso e divertido que poidades imaxinar. Un libro moi interesante e que da moito que pensar.
Foi unha xornada moi agarimosa que rematou cunha entrevista na radio a Héctor. Non vola perdades!!







lunes, 3 de junio de 2019

PAOLA GUIMERANS

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Como xa sabedes os vosos compañeiros de 5º e 6º participan no programa de  VOLUNTARIADO DE LECTURA-A. Pola súa labor foron seleccionados 10 centros e un deles foi o noso. O traballo dos vosos compañeiros foi moi valorado e recoñecido. O seu premio: un obradoiro de formación con  Paola Guimerans.
Paola é unha artista que investiga novos materiais e aplicacións da tecnoloxía nos procesos artísticos. Defensora da cultura maker e inspirada pola cultura do "faino ti mesmo", no seu traballo explora novas formas de arte e deseño interactivo e novos xeitos de aprender.
Ofreceunos un obradoiro no que falou de cidades intelixentes e de contos con tecnoloxía. Invitounos a crear a nosa cidade intelixente e unha escena dun conto con tecnoloxía, empregando circuitos e luces LEDs. Foi unha actividade moi divertida e interesante e todos e todas conseguiron crear o seu circuito!!
Rematamos o día facéndolle a entrevista que colgamos en Radio Garabullo e poderedes escoitar a continuación. Tamén temos un vídeo resumo da actividade.
Xa estamos desexando poder contar con ela de novo para que todos a coñezades!!!