miércoles, 24 de abril de 2019

23 de abril. DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Ola amiguiños e amiguiñas!! O tempo corre e un ano máis chegou unha das festas máis agardada nas bibliotecas. "O DIA MUNDIAL DO LIBRO"
Un ano máis o celebramos cos nosos Apadriñamentos Lectores, nenos e nenas de todas as idades mesturados e compartindo un conto. Imaxes que nos acompañan todos os anos tal día coma hoxe, converténdose nunha doce tradición que forma parte xa da nosa escola.


Tamén a idea de traer unha libraría para axudarnos a coñecer os contos e achegarnos a eles presentándonolos. Onte achegámonos aos contos tradicionais e aos contos distintos, os que falan de historias de ficción, e os que están cheos de curiosidades ou de intriga. Aqueles que presentan pequenos retos ou aqueles de consulta nos que nos sumerximos para aprender de todo un pouco. Contos! Libros! que Lola da libraría Aenea de Santiago trouxo para todos. Deixóunolos tocar, ulir,  acariñar e así puidemos escoller aquel que tiñamos que ter na nosa aula.
Unha fermosa xornada onde grazas a ela coñecemos moitos contos, que dende hoxe, están na biblioteca e moitos que pronto estarán.
E... como non? Fixémoslle unha entrevista. Os nenos e nenas de 5º aproveitaron a ocasión e preguntáronlle cousas da libraría e dos contos que aquí deixamos para que escoitedes. 
Grazas Lola! Xa saber que sempre será benvida na nosa biblioteca!!!




0 comentarios: