martes, 19 de febrero de 2019

ATRANQUES ESCOLARES DOS XENERAIS DO ULLA

Xa está aquí o Entroido. Escoitamos, nos recreos, coma os maiores preparan, un ano máis, as súas "arengas" para o "Alto dos Xenerais" (o alto infantil, claro está). Coma en anos anteriores compartiremos o noso alto con outros centros que están traballando, coma nós, para conseguir que os Atranques dos Xenerais do Ulla, continúen no tempo. É a nosa tradición e non debemos permitir que se perda.
Este ano foi o CEIP Cerdeiriñas de Piloño o que nos xuntará mañá no Auditorio de Vila de Cruces para celebrar os III Encontros do Entroido. Alí ademáis do noso cole e o de Piloño tamén estarán, coma en outras edicións, o IES Marco do Camballón, o CEIP Nosa Señora da Piedade e o CEIP de Merza.
Tamén contamos coa axuda de asociacións como a Asociación Cultural do Vello dos Cornos, Asociación amigos de Salgueiros e a Asociación Cultural Cornamentas de Piloño; así coma o apoio dos concellos de Vila de Cruces e de Silleda.
Agardamos que sexa unha xornada inesquecible que xa vos contaremos.
Un saúdo e... VIVA O ENTROIDO! 

0 comentarios: