miércoles, 30 de mayo de 2018

O composteiro: Un pequeno ecosistema

Ao longo do curso fumos achegándonos ao tema da compostaxe. Investigamos acerca dos composteiros e aprendimos moito tanto que acabamos falando do noso proxecto no II Congreso Escolar de Educación Ambiental sobre compostaxe promovido pola Deputación de Pontevedra.
Un Proxecto que involucrou a todo o cole e todas as posibilidades que da a compostaxe. Fixemos sementeiras con compost, fixemos anuncios e publicamos na prensa un artigo relacionado con esta temática. Investigamos e fixemos unha infografía de  todo o que pode ir non so á composteira senón tamén aos distintos colectores de lixo, concienciándonos da importancia de Reciclar, Reutilizar e Reducir os residuos que xeneramos. Fixemos papeleiras para as aulas para reciclar papel, investigamos o pequeno ecosistema dunha composteira e fixemos a nosa granxa de miñocas. E sempre vixiando que todo funcione ben coa Patrulla de Patio. Unha actividade intensa e fermosa que explicaron os maiores no Congreso. Aquí tedes un resumo do día do Congreso.
Se queredes saber máis desta actividade buscade no seguinte enlace





Se queredes ver o PowerPoint que presentaron os vosos compañeiros, aquí o tedes. É un resumo de todo o voso traballo.


lunes, 28 de mayo de 2018

ANXO MOURE

O pasado mércores 23 de maio tivemos a sorte de contar coa visita de Anxo Moure. Pasamos unha fantástica tarde de lecer onde este contador e escritor de contos falounos da importancia do coidado do medio ambiente e da reciclaxe. Ensinounos a maxia precisa para reciclar as malas novas e convertelas en boas e ao mesmo tempo mellorar o medio ambiente.


viernes, 25 de mayo de 2018

A maxia dun sorriso

Xoel e Sabela de 5º na súa función de axudantes de biblioteca lanzáronse a contar un conto doutro xeito. Con realidade aumentada, monicreques e a axuda de Elena co Power Point foron contando a todos os compañeiros do cole "A maxia dun sorriso" de Ester Alsina.
Gustouvos?






domingo, 20 de mayo de 2018

XOSÉ LUNA

O pasasdo martes 15 de maio contamos coa visita de Xosé Luna. Baixo o título "Unha iguana no CEIP Ramón de Valenzuela" os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º viviron unha performance músico-poética coa que riron moito e aprenderon os distintos xeitos de interpretar un texto. Bailaron e cantaron os poemas de Sol Rebulideiro e O libro dos bicos. Ollade que ben o pasaron!!


A XOSÉ LUNA

Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º traballaron ao longo do mes de maio cos poemarios de Xosé Luna Sol Rebulideiro e con O libro dos Bicos.
Debuxos e poemas feitos polos nenos de 3º e 4º decoraron un mural da entrada do cole. Os maiores buscaron os diferentes xeitos de interpretar os poemas do noso poeta estradense. Son orixinais e creativas. Moitas están cargadas de ritmos, música, emoción e sentimento. Aquí deixo un resumo pero prometo publicar cada unha individualmente para que poidades escoitar a fermosura dos poemas recitados polos vosos compañeiros e compañeiras.




jueves, 17 de mayo de 2018

Fontes, Lavadoiros e Muiños da parroquia de Manduas

O alumnado investigou acerca das fontes, os lavadoiros e os muiños de Parroquia de Manduas. Un proxecto para Voz Natura no que tamén estivo implicada a biblioteca. Tras a investigación e a elaboración de fichas para a recollida da información obtiveron este resultado.
Noraboa nenos e nenas. Sodes os mellores!!


jueves, 10 de mayo de 2018

María Victoria Moreno para 5º e 6º

Rematamos coa biografía e actividades aportadas polo Seminario Galán para coñecer máis a figura de María Victoria Moreno. Con esta publicación para 5º e 6º comezamos a celebrar "As Letras Galegas". Mañá teremos a nosa "Romaría das Letras Galegas"  e xa dende hoxe a figura de María Victoria Moreno Luce na fachada principal da nosa escola xunto cos xa homenaxeados Carlos Casares e Manuel María.
Gozade da nosa festa e aprendede moito da nosa escritora e amante da nosa lingua.






miércoles, 9 de mayo de 2018

María Victoria Moreno para 3º e 4º

Hoxe son os de 3º e 4º os que poden achegarse á biografía e obras de María Victoria, unha vez máis, grazas ás propostas do Seminario Galán.



María Victoria Moreno para 1º e 2º

Seguindo coas propostas do Seminario Galán, deixamos a biografía de María Victoria Moreno para 1º e 2º, así coma recursos para achegarnos un pouquiño mellor a súa obra.
Picade nas imaxes.










lunes, 7 de mayo de 2018

María Victoria Moreno para infantil

Grazas ao Seminario Galán podémonos achegar á figura de María Victoria Moreno dende todas as aulas.
Aquí queda una proposta para infantil. Premede na imaxe.





SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2018

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa estamos no cole cos preparativos para celebrar as Letras Galegas.
Coma todos os anos teremos a Romaría cargada de tradición, xogos, e moitas sorpresas.
Non esquezades achegarvos á obra de María Victoria Moreno. Este escritora que homenaxeamos este ano é un dos faros da literatura infantil e xuvenil galega e unha figura sempre comprometida coa nosa lingua e a nosa cultura.


Visita do pai de Lía de 5º

O pai da vosa compañeira Lía de 5º é veterinario. O pasado día 2 de maio estivo no cole para contarlle a Lía e aos seus compañeiros curiosidades do seu traballo. Veu cargado coa súa caixa/botiquín ou "Caixa dos tronos" coma el lle chamaba e un montón de historias e anécdotas. Foi unha xornada moi divertida na que aprendemos moito dos nosos animais domésticos.Dende aquí agradecer a súa visita. Moitas grazas e xa sabedes a biblioteca está aberta a todos.
Grazas pola visita!!!


Os libros do día do libro

Os axudantes de biblioteca encargáronse de facer chegar ás aulas os libros que foron escollidos e mercados o Día do Libro.
Rapaces e rapazas agardo as vosas recomendacións de tan fantásticos e marabillosos contos.


jueves, 3 de mayo de 2018

COMO SE DEBUXA...

A poesía ofrece moitas posibilidades de xogo pola súa rima e polo ritmo que conleva. Os nenos e nenas de 5 anos foron descubrindo estas posibilidades creando o seu propio libro de Poesía "Como se debuxa..." seguindo a unha grande poeta: GLORIA FUERTES. A Gloria Fuertes coma aos nosos nenos gustáballe contar cousas e para elo empregaba fermosos versos.
Os vosos compañeiros e compañeiros de 6º de infantil convídannos, a través do seu conto, a aprender a debuxar rimando.
Fermoso traballo!!! Parabens!!! Xa sodes unha clase de artistas!!



BIBLIOTECA DE AULA

Ola amiguiños e amiguiñas. Como xa sabedes a biblioteca non  so ten que ser o espazo ao que vides no voso tempo de lecer a coller contos, ler ou para vir cos vosos mestres a investigar. A biblioteca tamén ten que ter un espazo na aula. Así traballan os colaboradores de biblioteca na aula, na súa "Biblioteca de Aula".


miércoles, 2 de mayo de 2018

BÁGOAS BAIXO A CAMA

Ana Meilán e Marta Mayo son as autoras de "Bágoas baixo a cama". Conta a historia do pequeno Simón que cansado de que todo o mundo lle chame chorón, decide gardar en botes debaixo da cama as súas bágoas e as de todo aquel que chora, pero... Que pasaría se o mundo se quedara sen bágoas?

Os nenos e nenas de 6º de infantil escolleron este conto para traballar as emocións na aula. Con moito cariño, tenrura e respecto falaron das emocións e do importante que é chorar, non so de tristeza, tamén de ledicia;botella" das emocións.


pois as bágoas tamén acompañan momentos felices e emotivos. Cada neno pensou nos motivos dos seus choros e meteron as súas bágoas na súa "


martes, 1 de mayo de 2018

Plantamos pementos

E xa temos aquí unha guía de como facer a nosa plantación de pementos. Os nenos e nenas de infantil achégannos estes consellos para facer a nosa primeira plantación.


AHORA ME LLAMO LUISA

Ahora me llamo Luisa de Jessica Walton é un álbum illustrado que fala da amizade sen límite e sen condicións. Foi o libro escollido por Carme e Luisa para contar a toda a escola. Buscaron un xeito distinto de contalo cumprindo así cun dos compromisos do voluntariado lector, sen deixar de lado os valores tan importantes que podemos atopar na lectura. Neste caso a identidade sexual e a amizade incondicional.