martes, 15 de noviembre de 2016

Lembrando o SAMAÍN

Xa tedes na páxina do cole un vídeo para lembrar o ben que o pasamo no SAMAÍN.
Se queredes velo pinchade na imaxe!!!


TRABALLAMOS COS NENOS DE 4 ANOS

A pasada semana tivemos a visita dos nenos e nenas de 4 anos. Estiveron a axudar a un membro do equipo de biblioteca. Contáronnos como comenzan os contos e axudáronnos a buscar comezos de contos distintos. Remataron rexistrando o comezo dos contos así coma colocando algúns nos seus andéis.
Foi unha xornada moi divertida.
Mirade como traballan!!!


lunes, 14 de noviembre de 2016

XOGOS COA LECTURA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Ao longo destas semanas o alumnado de terceiro está axudando aos membros do equipo de biblioteca coa lectura.Cada luns dous nenos ou nenas achéganse á biblioteca na "Hora de Ler". Aquí fan xogos moi divertidos para amosar que ler e diversión van xuntiños da man.



As actividades que fixeron hoxe:
- Imitaron o que podería ser unha lectura aburrida
- Lectura lenta, lectura moi rápida seguindo as ordes do compañeiro.
- Alongar as vogais que aparecen na lectura seguindo a orde da compañeira.
- Ler imitando as voces dun cativo chorón, unha avoa moi boa,...
Sempre rematan coa preparación dun conto que queren gravar como resultado deste traballo.
A semana que vén contareivos máis!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


martes, 8 de noviembre de 2016

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O pasado día 4 de novembro celebramos o "Día da ciencia en galego". Este día da Ciencia en Galego está dedicado á Bioloxía. Neste día lémbrase a Mendel que elaborou una leis xenéticas moi importantes tras investigar cun tipo de legumes: os chícharos
Por outra banda a ONU declarou o 2016 ano Internacional dos legumes.

" O Ano Internacional dos Legumes
concienciará á poboación sobre cultivos
importantes que son esenciais para
a agricultura sostible e a nutrición"

Unimos todo isto e dende 5º e 6º quixeron celebrar o día da ciencia en galego destacando unha das propiedades dos legumes: as súas vantaxes nutricionais. Os legumes poden formar parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición. Amósase como unha posibilidade de cultivo sostible nestes momentos que en grandes zonas do mundo pasan tanta fame. Como mostra do seu traballo este taboleiro e o resultado da súa pequena plantación de fabas.