miércoles, 22 de junio de 2016

RECOMENDACIÓNS DE 3º

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa está rematando o curso, con esta xa terminan as recomendacións de lectura para o verán. Agardo que foran do voso agrado e para todos os gustos.

Sabela, Paula, Carme e Luisa (como xa fixeron un grupo de nenos de 2º) aconsellan como lectura para este verán "O grilo máxico" obra de Antonio Manuel Fraga ilustrada por Antonio Seijas co obxectivo de sensibilizar hacia a normalización dos Centros de Menores.

Xabier recomenda os Sonidos do océano un libro para zambullirse nos océanos do mundo e descubrir a maxia da vida mariña ambientadas con sonidos das profundidades.

Sara aconsella Macavity é un poema único. Escrito por T. S. Eliot, define ao gato máis travieso do mundo, que nunca deixa rastro, que sempre ten coartada, e que cando chegas... nunca está.


Elena e Lía rematan estas recomendacións con Eu curareite dixo oso pequeño. Janosch conta nesta historia que cando tigre pequeño enferma, oso pequeño preocúpase  de coidalo e todos os vecinos do bosque o acompañan no seu traslado ao hospital de animais. A auténtica amizade, máis aínda nos momentos difíciles, é o cerne deste relato entrañable e propenso ao sorriso.

Por último lembrar que todas as nosas recomendacións están acompañadas da canción "Xan de Outeiro" que podedes atopar no CD de Pelo gato 24.







1 comentarios:

Anónimo dijo...

MOI BEN! Bravo polas rapazas e rapaces de 3º.
Sodes xeniais, levareivos sempre no meu corazón.
Supoño que xa sabedes quen son. Unha aperta moi forte para tod@s.