miércoles, 24 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe na escola celebramos o Día de Rosalía!!
Para conmemorar esta data fixemos unha postal que lle daremos as nosas familias como agasallo "Rosaliano"
Dende a biblioteca enviamos, tamén, a nosa postal. Unha postal para todos os nenos e nenas da escola,  para todos os compañeiros e compañeiros que formamos esta gran familia da escola da Bandeira, para as familias e para as bibliotecas.




FELIZ DÍA DE ROSALÍA.



martes, 23 de febrero de 2016

UNHA LONGA ESPERA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Aquí tedes o voso conto. O que fixechedes todos e todas. Unindo historias e debuxando. Dende hoxe podedes lelo na rede cando queirades!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

QUÉROTE EN GALEGO

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Este ano celebramos o San Valentín lendo co corazón e lembrándolle aos nosos familiares e amigos que os queremos. Escribimos mensaxes a móbiles que colgamos polo cole e agora deixo aquí recollidos para que poidades velos tantas veces coma queirades.

miércoles, 17 de febrero de 2016

LECTURAS POLA PAZ 2016

Xa falamos da PAZ e dos contos que durante a semana da PAZ limos nas nosas aulas. Hoxe deixo aquí recollidos algúns deses momentos de lectura.
E se pinchades enriba de canción podedes ver o vídeo resumo das actividades do día da PAZ incluída a canción que a "teacher" vos ensinou.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA

 

martes, 16 de febrero de 2016

ALTO DOS XENERAIS

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Lembrades o "Alto dos Xenerais" dos vosos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º?
Fixeron un fantástico traballo de recompilación de antigas arengas e de creación de arengas propias para representar no Entroido da Bandeira e desde logo para representar para todos nós.
Que mellor xeito de darlles as grazas que deixar aquí o vídeo para que o poidamos voltar a ver as veces que queiramos.
Tamén poderedes ver nestes días as arengas que escribiron os vosos compañeiros e compañeiras e a recompilación de arengas que tradicionalmente se empregaban no "Alto dos Xenerais" de Bandeira.
Parabens polo voso traballo!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 14 de febrero de 2016

CONCURSO DE DISFRACES

Xa chegou o tan ansiado resultado do concurso de disfraces!!!
Coma cada ano e atendendo ao xa sinalado nos carteis (feitos polos compañeiros e compañeiras de 4º) hai premios para os disfraces máis creativos e orixinais segundo as categorías individual, parella e grupo.
Antes de dar os resultados felicitar a todos os participantes. Este ano a elección do premio foi moi difícil e os grupos estaban fabulosos, se puidesemos daríamoslle premio a todos e todas, pero como é un concuso...
Para ver a todos os participande premede aquí
Os gañadores son:


Individual orixinal
Luísa de 3º como Lavadora





Individual creativo
Pablo de 4 anos como Soldado imperial




Parellas tradicional
Asier e Irene de 3 anos coma "Os Velliños"


Parella creativos
Juan de 5 anos e Jorge de 1º coma "Os transformers" 



 Grupos orixinal
Elena, Sabela e Lía de 3º co disfrace "Os globos"



Grupos creativos
O alumnado de 6º formado por Natalia, Manuel, Juan, Antía, Arantxa, Irune, Almudena e Xoana co disfrace "Os limpachemineas"


Premio simpatía e "gracia"
E este ano temos que darlle un premio a Marco, Brais e Rubén pola posta en escena do seu disfrace "Anxos de Victoria´s Secret". Co seu desfile amosáronnos o que é darlle graza e simpatía a un disfrace.

Parabens a todos os participantes!!!
Sodes marabillosos!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

PARA LER CO CORAZÓN

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Hoxe é o día dos namorados e que mellor xeito de celebralo nós, os nenos e nenas da escola, que lendo lecturas co corazón a todos aqueles e aquelas persoas que son tan importantes nas nosas vidas: papá, mámá, os avós, os irmáns, os amigos e amigas de todas as idades... Calquera vale para lerlle un conto; e como non? para enviarlle unha mensaxe de móvil. Aquí tedes esas mensaxes de móbil que adornan a entrada da nosa escola.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!!






MOCHILAS VIAXEIRAS

E xa saíron as mochilas viaxeiras. Dende o día 4 de Febreiro e de xoves a xoves saen as mochilas a pasar unha semana nas vosas casas. Van cargadas de aventuras, de contos, de maxia e  de ilusión...
O pistoletazo de saída das mochilas foi o mellor escenario posible. Rodeados dos compañeiros e compañeiros que participan no "Alto dos Xenerais" de Bandeira. Que ben o fixeron!!!
Divertídevos coas mochilas!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



jueves, 4 de febrero de 2016

Contos para o "Día da PAZ"

Ola amiguiños e amiguiñas!!!!
Como todos os anos fixemos os 9 días con 9 libros para que rotaran polas 9 aulas e celebrar así, dende a escola, as lecturas pola PAZ. Rematamos o venres cando proxectamos o conto feito entre todos Unha longa espera.
Como sodes moitos os que queredes os contos para levar ás vosas casas e poder gozar deles aquí deixo unha breve nota de cada un e ademáis se pinchades na imaxe podedes ollar algún vídeo do conto.
https://www.youtube.com/watch?v=k3O_IJ49KOc
 UNO Y SIETE da editorial SM
Este conto de Gianni Rodari e ilustrado por Beatrice Alemagna descúbrenos que por moi distintos que sexan os lugares de orixe e as súas linguas, os sete nenos deste conto parécense moito a nós e entre eles.

El cielo de Afganistán neste conto escrito por Ana A. de Eulate e ilustrado por Sonja Wimmer, unha nena invítanos a soñar para que no seu país, Afganistán, reine para sempre a Paz. É un canto á Paz que lembra a necesidade de ser solidarios e tolerantes.


EL DESHIELO De Riki Blanco é un marabilloso libro ilustrado sobre dous pobos enfrentados dende tempos inmemorables que unha noite se conquistan mutuamente...




CERCA un conto de Natalia Colombo. Gañador do I Premio Compostela é unha fábula contemporánea sobre a incomunicación, unha reflexión poética entre as persoas e as súas emocións.


GATIÑO E O BALÓN de Joel Franz Rosell coa ilustración de Constance v. Kitzing. Neste conto un pequeno veciño deberá atopar o seu lugar na comunidade e aprender a facer amizades. E para iso non hai nada mellor que un achádego redondo: o balón será quen de deixar compartir xogos e topar aventuras en compañía.


O nacemento do DRAGÓN de Wang Fei e Ilustrado por Catherine Louis. É unha obra bilingüe galego-chino mandarín, que conxuga literatura, caligrafía e ilustración, conta a orixe desta criatura mítica, creada en tempo inmemorial polos nenos e nenas das diversas tribos chinesas



A GRAN VIAXE do Señor M. escrito por Gilles Tibo e ilustrado por Luc Melanson.
"Tras a morte do seu neno, o Señor M. abandonou todo. Só gardou un osiño de la, e unha cadeira para viaxar. Na estación, o Señor M. mercou un billete, só de ida, para calquera sitio. Viaxaba sentado sobre o último vagón."




LOS NIÑOS NO QUIEREN LA GUERRA de Èric Battut.Qué fermoso era aquel país onde se instalaran! Alí counstruíran dous castelos, un tan bonito coma o outro. Pero un día, os dous reis decidieron declararse a guerra. Cal foi ese motivo? Merece a pena?...

MALALA de Jeanette Winter.
Dous nenos pakistaníes denunciaron a inxustiza no seu mundo. Primeiro foi Iqbal Masih, quen denunciou a esclavitude infantil nas fábricas de alfombras de Pakistán. Logo, Malala Yousafzai reivindicou o dereito das nenas a ir á escola. A valentía coa que afrontaron o perigo resulta inspiradora para todos aqueles que coñecen a súa historia.