Xa case está a rematar o outono. Un outono que trouxo contos como Feliz Feroz, Un cóndor en Madrid ou A vaca Victoria... entre outros.
Mentres as follas secas e douradas caían chegaba o San Martiño e toda escola reuniuse no patio para a un so berro lanzar os trompos no recreo.
As carreiras e os xogos tradicionais sucedéronse no Magosto que rematou coas mellores castañas asadas do mundo. As castañas de Mejuto que máis que estourar... querían avisar de que a festa non podía rematar!!
Xogamos, comimos castañas, pintamos as fazulas, botamos carreiras e como non? Cantamos tamén...
O outono segue traendo frío e agora na biblioteca atoparedes os mellores contos para quecer lendo....
Un saúdo e xa sabedes VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario