miércoles, 25 de febrero de 2015

Celebramos o DÍA DE ROSALÍA na escola

Hoxe reunímonos na aula de usos múltiples para celebrar o "DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO".
O centro sumouse á proposta da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega que nos convidaron a realizar actividades encamiñadas a afondar na obra e na vida de Rosalía, e que así cada un de vós fose quen de descubrir con que facetas da nosa autora se sentía máis indentificado.
O vídeo resultante da gravación de "Eu son Rosalía cando..." foi proxectado hoxe na escola.
Despois tivemos unha doce sorpresa. A ANPA BRINCADEIRA agasallounos cunha lambetada, para celebrar este día. Unha lambetada que pintou a nosa "lingua de cores". Foi unha sorpresa fantástica e dende aquí dámosvos as grazas por ese doce momento.

Tamén dámoslle as grazas ao CONCELLO que enviou un marcapáxinas de Rosalía para cada un dos nenos e nenas da escola. Para que non esquenzamos a importancia desta poetisa coa que descubrimos que temos moitas cousas en común xa que... 


TODOS SOMOS ROSALÍA


lunes, 23 de febrero de 2015

EU SON ROSALÍA

Un 24 de febreiro de hai moitos, moitos anos naceu en Galicia unha nena de nome Rosalía que sen sabelo converteuse nunha das mellores poetas en lingua galega e castelá de todos os tempos.
Nós como moitos galegos queremos honrala, hoxe e cada 24 de febreiro, polo importante que foi para nós o seu amor polo galego e por Galicia.
Sabemos que cada un de nós leva un pouquiño de Rosalía no seu corazón e en cada unha das caras da súa vida.
Todos somos Rosalía tal e como algúns dos vosos compañeiros amosan neste vídeo e EU, Garabullo, SON ROSALÍA cada vez que estou orgulloso de ser galego.

viernes, 20 de febrero de 2015

SAEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!!

Xa veñen e van as mochilas viaxeiras!!!
O xoves 12 de febreiro sairon nove mochilas todas iguais e todas distintas.
Hai un libro común en todas as mochilas. Un libro que fala dalguén que vai a ser moi importante na historia desta escola.
Olládeas!!! Comparade as vosas mochilas coas dos vosos compañeiros nos patios, nos buses, nas rúas, no parque.... e contádeme de que libro falo.
Este ano está cheo de sorpresas e de novas. Sede vos os que llo vaiades amosando a todo o mundo!!
Agardo as vosas respostas!!!


Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

OS GAÑADORES DO CONCURSO DE DISFRACES SON...

Ola nenos e nenas!!! Xa sei que andades impacientes ollando o Blog para saber o nome dos gañadores do concurso de disfraces deste ENTROIDO 2015.
Xa cansos de esperar?
Do mesmo xeito que en anos anteriores, haberá dous premios por categoría atendendo á creatividade e á orixinalidades, así que, sen máis tardar, aquí van os premios:

Premio ao disfraz individual orixinal para...
   Luisa de 2º co disfraz de Medusa


Premio ao disfraz individual creativo para...
  Mikaela de 3º co disfraz de Cubo de Rubik


 Accésit para...
   Iria de 4º co disfraz de Gerónimo Stilton
 
 
Premio ao disfraz parellas orixinal para...
  Guille e Eugenia de 1º e 4º co disfraz de Bolso


Premio ao disfraz de parellas creativo para...
  Nes e Marcos de 6º co disfraz de Mimos



Accésit para...
   Pablo de 3 anos e André de 1º co disfraz de Mario Bros




Premio ao disfraz de grupos orixinal para...
Paula, María e Rocío de 6º co disfraz Camiñamos do revés
 

Premio ao disfraz de grupos creativo para...
Brais, Lucas, Manuel, Marco, Juan, Rubén, Adán de 5º co disfraz Os Mosquitos


Parabéns a todos os afortunados e afortunadas!! Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 10 de febrero de 2015

AÍ VEN O ENTROIDO

NENAS E NENOS TEDES PREPARADO O DISFRACE?
XA VEN O ENTROIDO CHEO DE RISA, DISFRACES, DIVERTIMENTO
CONCURSOS....
O VENRES CONCURSO DE DISFRACES!!
PREMIOS Á CREATIVIDADE, A ORIXINALIDADE,... 
PREMIOS PARA O MELLOR DISFRACE INDIVIDUAL, DE PARELLA E DE  GRUPOS 

BO ENTROIDO!!!

ORELLAS DE BOLBORETA

Ola nenos e nenas!!
Xa podedes desfrutar do mural de Orellas de Bolboreta 
Un traballo que comezou buscando facer un vídeo do conto de Luisa Aguilar, e rematou sendo un traballo moi fermoso e digno de admiración.
Estará dende hoxe, e ao longo de toda a semana, exposto na entrada do cole para que o vexades.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

 

PLANTAMOS UNHA OLIVEIRA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Aproveitando o bo día de sol, hoxe, decidimos plantar a nosa OLIVEIRA da PAZ chea de bos desexos. Agardamos vela medrar, do mesmo xeito que agardamos que os nosos desexos,medren e cheguen a facerse realidade.
Non perdades de vista o blog de VOZ NATURA para ver as fotos.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


lunes, 2 de febrero de 2015

Lecturas pola PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa sabedes que polo mal tempo non rematamos as nosas celebracións para conmemorar o día da PAZ.
Ao longo destes últimos quince días estivemos contando contos, durante a hora de ler, que tiñan como tema a PAZ.
Tamén fomos enchendo una Oliveira sen follas con novos brotes cheos de novos desexos. Cada lectura traía novas follas.
Os nosos contos acabaron coa proxección de "Orellas de bolboreta" baixo unha interpretación dos nenos e nenas do cole.
Agora somentes queda plantar unha árbore que simbolice a nosa vontade por acadar os nosos desexos.
De momento deixo aquí un antes e un despois da nosa oliveira e os mellores momentos das nosas lecturas pola PAZ.
Un saúdo e xa sabedes... VËMONOS NA BIBLIOTECA!!!