viernes, 28 de noviembre de 2014

ARTUR E CLEMENTINA

A Violencia de xénero é un tema que ao longo desta semana estase a tratar nas aulas. Son moitas e moi variadas as formas de tratar este tema. Os nenos e nenas de 5 anos tamén traballaron o día 25 de novembro co conto de Artur e Clementina. Unha forma amena, divertida e adapata para entender o que esta data significa. Dun xeito ilustrado vemos o traballo feito polos nenos e nenas de 5 anos. 

Estas son as verbas que nos deixaron:

 ARTUR E CLEMENTINA
O pasado 25 de novembro celebrouse o Día Contra a Violencia de Xénero, e os nenos e nenas de 5 anos estivemos traballando o conto de “ARTUR E CLEMENTINA” de Adela Turín.
Todas as actividades desenvolvéronse a partires da historia fabulada de dúas tartarugas que se coñecen e namoran. Ela ten multitude de soños, ilusións e plans de futuro para a súa vida.
Cando casan, Artur decide que será el quen traballe, e que ela quede na casa. Isto a ela abúrrelle moito e a el parécelle que é tonta por aburrirse. Ela planea moitas actividades para entreterse, pero el en vez de permitirllo, traíalle cousas e poñíallas atadas ó seu lombo.
Un día ela decide saír do seu caparazón e dar un pequeno paseo, para voltar antes de que el regresara á casa. Esta costume, que lle facía sentirse moi leda, foise convertindo nalgo necesario, ata que un día decidíu marchar para non volver e poder realizar os seus soños. El nunca comprendeu por qué se fora, con todas as cousas que lle dera…
Porque aínda se precisan obras sobre coeducación e igualdade!!


Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
 

0 comentarios: