miércoles, 30 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

Ola amiguiños e amiguiñas!!
O pasado mércores 23 de abril celebramos O día do libro.
Son moitas as bibliotecas que conmemoran este día con diversas e marabillosas actividades. 
Na nosa escola continuamos cos Apadriñamentos lectores. É curioso como dende o primeiro momento vivides esta actividade. A vosa preocupación polo conto que ides a contar. Seleccionades o conto adecuado e o buscades teimosamente na biblioteca, aconsellándovos cos titores e amigos dos vosos apadriñados. Así fúchedes quen de divertir e enganchar aos compañeiros nas vosas lecturas. O resultado védelo neste vídeo.



Tamén tivemos unha sorpresa!!! Lembrades? Dende o concello tivemos o regalo dun libro que fala dos entroidos de España e onde se menciona a nosa vila, Bandeira, e o seu entroido.

Como vemos a lectura gañou unha vez máis, e agasallounos cun día cheo de ilusión, lectura, sorpresa, risas,... en resumo un Día do Libro que non esqueceremos.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

0 comentarios: