miércoles, 6 de marzo de 2013

ANXO MOURE

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Teño unha marabillosa sorpresa. O xoves un atrapador de contos un defensor dos ríos e dos montes... vén visitarnos.
 
 Anxo Moure vive en Garabelos, unha pequena aldea á sombra das montañas da Serra do Faro, e non moi lonxe do río Miño. Enriba dun castiñeiro e un carballo, na Casa das Árbores. Esta casiña é un lugar de lecer, onde escoitar os contos que viven nas árbores. Un lugar para coñecer a Graciano Zoqueiro, trasniño Gaiteiro, que anda na procura da música das árbores e a quen vós podedes axudar.
 
Viaxa no seu ciclocarro para que así, os libros percorren rúas, bosques, praias, prazas,... Para engaiolar a grandes e pequenos, para reivindicar a lectura e a escoita como ferramenta cultural e para descontaminar o mundo cunhas simples pedaladas culturais. 
Entre outros libros de consulta e de lectura a ciclobiblioteca leva os libros escritos polo atrapador de contos: O Carballo con Botas, As Árbores da Paz, a Xacia Luviñas ou Plantarse...
Esta é a maxia que o xoves imos a descubrir. Grazas a Anxo Moure imos a gozar e a aprender a pedalear entre poesías, contos, historias, ilustracións, fotografías... 
Poñámoslle rodas a nosa imaxinación!!!

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

0 comentarios: