martes, 12 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Que tal de vacacións? Eu estiven disfrutando moito lendo na biblioteca, vendo o alto dos xenerais da Bandeira, a neve...
Hoxe, deixo aquí unha mostra dos disfraces que as cámaras do cole foron recollendo ao longo do día.
Tal e como amosaban os carteis os vosos disfraces foron orixinais e creativos, deixaban mostras da vosa imaxinación e da vontade de pasalo ben e disfrutar do entroido. A verdade que é moi divertido ver pasillos e aulas cheos de risas e cor.
Gozade coas fotos!! Coincidiredes co xurado? Cales serán os disfraces que leven o premio?
Mañá o descubriredes!!! Agora toca rir coas fotos. Mañá a celebrar os gañadores!!!!


Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha montaxe moi bonita. Supoño que o pasástedes moi ben.
Noraboa a Garabullo e aos seus axudantes.