martes, 13 de marzo de 2012

Inacio Vilariño Sanmartín. Hoxe unha visita no centro

Ola amigos e amigas. Como ben sabedes polos carteis da entrada do centro imos a ter unha visita dun contacontos: INACIO.
Inacio Vilariño Sanmartín, aínda que semella un adulto, é un neno coma nós. Dirixe a compañía Fantoches Baj. Con esta compañía representou entre outras obras Tío Miseria.



A súa admiración pola cultura popular vese tanto nas súas investigacións como nas súas creacións, sobre todo na literatura dramática. Entre moitos premios ten no ano 2009 o VII Premio Barriga Verde de Textos para teatro de monicreques na modalidade de adultos coa obra Auga que non vas beber... E no 2010 o VIII Premio Barriga Verde de Textos para teatro de monicreques, esta vez na modalidade infantil, con Fábula galénica na que homenaxea co título as narracións tradicionais, as radios de galena e a ciencia farmacéutica.

Promete ser unha visita moi especial, entretida e divertida. Agardo que vos guste e xa me contaredes.
Un saúdo a todos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

0 comentarios: