domingo, 18 de febrero de 2018

Rosalía que namoras!!!

Atrás queda "O día dos Namorados". 
Que mellor xeito de entender esta data que a partir de lecturas. Lecturas que nos fan lembrar a importancia  das amizades e da familia. De lembrarlles, a todos os que nos rodean e nos queren, o importantes que son para nós.
Rosalía así o facía nos seus poemas, non só amosaba o amor aos seus senón tamén a súa terra e a súa lingua. 
Seguindo a Rosalía aproveitamos este mes de Febreiro para amosar o amor e admiración á nosa poeta e aos seus versos:
Negra sombra; Campanas de Bastabales; Cando era tempo de inverno; Has de cantar; Eu cantar, cantar, cantei; Quíxenche tanto, meniña! ou Xan son entre outros os poemas que escollemos para honrar á nosa admirada poetisa.
Queredes ver unha mostra de como quedou o cole?:





jueves, 8 de febrero de 2018

ECOPREGUNTOIRO

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Os vosos compañeiros de 6º viviron esta semana unha aventura apaixoante. O pasado martes 5 compañeiros vosos participaron no Ecopreguntoiro demostrando os seus coñecementos de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais. Foi unha xornada moi divertida e unha experiencia inesquecible.



miércoles, 7 de febrero de 2018

Saen as mochilas viaxeiras

Xa saíron as "MOCHILAS VIAXEIRAS". Un ano máis os xoves saen as mochilas camino das casas. Van cheas de imaxinación e creatividade, de coñecemento e diversión. Cada mochila leva o seu conto, o seu álbum ilustrado, película, libro de consulta,... e un montón de cousas máis que xa vos irei contando.
Que contentos saíron os vosos compañeiros da biblioteca para levarvos as vosas mochilas!!










Lecturas con AMOR

Febreiro é coñecido coma o mes dos namorados. Así que dende a biblioteca propoñemos que non esquezades de buscar nos contos esas mensaxe de amor, amizade e cariño e de lembrarlle a todos os que queredes o moito que os queredes cunha grande aperta ou simplemente cun sorriso.


Mércores de Lecturas Compartidas

Coma todos os mércores o voluntariado de 5º reúnese cos nenos e nenas de 1º para compartir as súas lecturas e falar de contos durante a "Hora de Ler".
Ollade que centrados están!!


lunes, 5 de febrero de 2018

II Encontros do Entroido

E despois de tantos ensaios e de tanta preparación chegou o momento de poñelo en práctica. Os nenos e nenas de 5º e 6º foron a Vila de Cruces a ver as diferentes formas de facer un Atranque. Aprenderon que aínda que os "Altos dos Xenerais" son semellantes teñen aspectos que os diferencian: entoación, ritmo, temática,...
A verdade que estamos aprendendo moito do noso entroido e as rapazas que van a participar no "Alto dos Xenerais" de Bandeira fanno estupendamente.
Non vos esquezades de ir a velas o domingo.
Tamén podedes seguir o BLOG para descubrir máis cousas.

viernes, 2 de febrero de 2018

Día da PAZ 2018

Un ano máis tomamos o "Día da PAZ" como motor de saída de boas intencións para o curso escolar. Este ano o noso obxectivo foi pensar nas cousas boas que axudan a que nos sintamos ben, o mellor dos que nos rodean, os camiños que debemos seguir para vivir tranquilos.Fixemos o noso SEMÁFORO DA PAZ para ver como todo o que pretendemos é posible.





















Os voluntarios da biblioteca axudáronnos a buscar libros que poderíamos empregar para poñer as "ideas verdes" (as boas e as positivas) do semáforo en camiño.


Como cada ano, ao longo de 9 día rotamos 9 contos dos que aprendemos moito; e rematamos esta época adicada á PAZ, cunha canción que nos anima a "Camiñar xuntos pola PAZ" de Jesús Pareja.

Un montón de actividades que marcaron un bo comezo de curso e esperemos que nos acompañen ao longo do mesmo.
VIVAMOS XUNTOS POLA PAZ, UNIDOS POLA PAZ como dicia a canción.


lunes, 29 de enero de 2018

II Encontros do Entroido

Xa chega o Entroido!!
Os disfraces e o Alto dos Xenerais.
Do mesmo xeito que o ano pasado fixemos o "Atranque" e invitamos a outros coles para aprender máis do entroido, do recitado oral, dos Xenerais do Ulla; este ano repetímolo con máis novidades en Vila de Cruces
O xoves 1 de Febreiro estaremos no Auditorio Municipal de Vila de Cruces. Alí interpretaremos os "Atranques Escolares dos Xenerais do Ulla" con outros compañeiros doutros centros e con as Regueifas.
Imos a darlle vida ao noso Entroido!!!


domingo, 14 de enero de 2018

CALENDARIO DE XOGOS TRADICIONAIS

Amiguiños e amiguiñas rematou o NADAL!! Xa estamos en tempo de traballo e que mellor xeito de ordenar o tempo que co noso calendario. Vós xa o tedes na casa e para quen o queira descargar ou ver aquí o deixamos.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



sábado, 23 de diciembre de 2017

A LENDA DA ÁRBODE DE NADAL. Kamishibai

Un ano máis a biblioteca deixa a súa pegada no festival de Nadal. Este ano as encargadas de ler o conto foron Carme e Luisa de 5º. Gústouvos?
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
BO NADAL!!!