martes, 18 de mayo de 2021

O RETO DE GARABULLO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Gustouvos o reto do pasado venres? Xa vin que todos tiñades moi claro quen era a homenaxeada este ano polas Letras Galegas. Chegaron a min todas as vosas respostas e xa vexo que todos sabedes quen é Xela Arias e moitas máis cousas da ilustre mestra, poetisa e traductora galega.

Tamén me gustaría lembrar a Ricardo Carvalho Calero protagonista das "Letras Galegas 2020" e que por mor do COVID non lle rendemos a debida homenaxe.

Ambos foron inmortalizados a pasada semana na fachada do cole continuando cunha fermosa tradición instaurada dende o ano 2016 con Manuel María, grazas a Picho, o noso pintor de man, que sempre está disposto a facer cousas para os nenos e nenas do cole de Bandeira.

Déixovos coa mirada inconformista e creativa dos nosos ilustres galegos e coa vosa mirada inxenua e segura cando conseguíchedes superar o reto e acadar a vosa chapa de Xela Arias. Xa sabedes que agardo por vós na biblioteca para facer as vosas chapas personalizadas!!



Agora sodes vós os protagonistas!! Agárdovos na Biblioteca para crear as vosas chapas!!!

0 comentarios: