martes, 29 de diciembre de 2020

CALENDARIO 2020-2021: "Facendo Camiño"

Ola amiguiños e amiguiñas!! Este ano no cole queremos aprender moitas cousas do "Camiño de Santiago". Así pois decidimos dar comezo a un novo PDI que chamamos "Facendo Camiño"

Para comezar o noso proxecto empezamos por localizar as paisaxes máis bonitas de Bandeira que un peregrino ten que ver. Cada curso, mestres e persoal do cole escolleu un lugar para apadriñar. Que mellor agasallo que amosarlle aos peregrinos os lugares máis fermosos de Galicia?

Agora que temos fotos fermosas había que facer algo con elas e fixemos o noso calendario para o ano que imos a empezar. O lema "FACENDO CAMIÑO".

Se vos gusta e queredes descargalo premede aquí


lunes, 21 de diciembre de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTURAS

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa  chega o Nadal e o tempo de lecer, de divertimento e de agasallos... Queredes unhas propostas de lecturas de todo tipo para aproveitar o tempo ou para pedir ós Reis?

Contos marabillosos, divertidos, aventureiros, intrigantes,... adaptados a todas as idades e a todos os lectores... 

Non esperedes máis!! Picade nas recomendacións que vos facemos dende a Biblioteca. Non ides ser quen de resistirvos!!

Bo Nadal a todos e todas!! Felices lecturas!!



domingo, 13 de diciembre de 2020

UNHA ÁRBORE DE CONTOS

Chegou o Nadal a nosa biblioteca!! 

Unha árbore cargada de novidades de lectura. Todas interesantes para aproveitar o tempo de lecer destas vacacións. Lectura, música, cociña, investigación,... toda unha variedade de propostas.

Vide a biblioteca e escollede o voso conto para estas vacacións!!



DIGICRAFT: Creamos un videoxogo!!

Nesta sesion os nenos e nenas maiores de 8 anos, grazas ao itinerario 2, entraron en contacto co mundo dos videoxogos. A través da actividade "Creamos un Videoxogo!" foron quen de facer o seu propio videoxogo e pasar uns momentos moi divertidos poñéndoos en práctica.

DIGICRAFT: Que animal son?

Ola amiguiños e amiguiñas!! Rematamos outra sesión de Digicraft. Nesta ocasión o itinerario 1 para os nenos e nenas de 6 a 8 anos serviu para achegarnos ao mundo da realidade aumentada 

Unha aventura onde os debuxos dos animais cobraban vida. Unha fascinante e divertida experiencia

Ollade os vídeos das actividades:


CONCERTO DE PACO NOGUEIRA

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 24 de novembro tivemos a sorte de presenciar de xeito virtual un concerto de Paco Nogueiras.

Todas as aulas cantamos e bailamos ao son deste grande artista grazas a editorial Kalandraka que nos invitou a un concerto virtual.

Coma ben sabedes podedes atopar os libros-Cd deste compositor na Biblioteca e mentres deixamos unhas fotos da xornada e pequenos bocadiños de información e música. Ollade!!


 

viernes, 27 de noviembre de 2020

FACENDO CAMIÑO: As nosas parroquias

Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes este ano imos aprender todo o que poidamos sobre o "Camiño de Santiago". Estamos desexando converternos en peregrinos e facer unha pequena ruta que pase pola nosa parroquia.

Bandeira era un cruce de camiños e por ela pasaba o camiño de Santiago ("A ruta da Prata" e o "camiño de inverno") por un lado e polo outro o camiño de Caldas cara a Lugo.

Para animar á xente a pasar e parar neste tramo do camiño quixemos mostrarlles o mellor das nosas parroquias. Aquí comeza o noso traballo, amosándolle aos peregrinos que Bandeira e a súa contorna ben merece unha parada, e unha visita, 

E... para aqueles que non poidan achegarse... estas imaxes das "Nosas Parroquias"

domingo, 22 de noviembre de 2020

LECTURAS PARA O 25 de novembro

Ola amiguiños e amiguiñas!! Chega o 25 de novembro, unha data que non debemos de deixar pasar. Xa sabemos que a ides a traballar na aula con todos os mestres e mestras, así coma con algún especialista. Dende aquí propoñémosvos unhas lecturas que nos parecen moi interesantes e divertidas.
Mirádeas e xa nos contaredes!!
Un saúxo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

 

miércoles, 4 de noviembre de 2020

DIGICRAFT NO TEU COLE

Ola amiguiños e amiguiñas!! Dende hoxe imos a abrir unha nova xanela neste blog que levará por nome DIGICRAFT

DIGICRAFT é un programa educativo, no que estamos a participar con todo o alumnado de primaria, que ten coma obxectivo formar nas competencias dixitais. Semana a semana iremos aprendendo conceptos relacionados coa realidade aumentada, a programación e o videoxogo ou a robótica.

Un proxecto emocionante, interesante e moi divertido. Se queredes ver o que facemos premede neste vídeo resultado da 1ª sesión que tiveron os nenos e nenas de 1º a 3º e que se chama: Viaxamos no tempo; e a de 4º a 6º que se chama: Enigmas no aire.


lunes, 2 de noviembre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Un ano máis celebramos o "Día das Bibliotecas". Este ano foi acompañado de novidades: A presentación tivo que ser na aula e as normas da biblioteca cambiaron un pouquiño. 
Agora xa víchedes o vídeo e tedes o voso marcapáxinas co protocolo a seguir.
A Biblioteca xa está aberta a todos e todas!!
Así que xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!



miércoles, 28 de octubre de 2020

AS NORMAS DA BIBLIOTECA

Ola amiguiños e amiguiñas!! A Bibliotecas abriu as súas portas. Xa sabedes que as normas cambiaron e grazas ao vídeo que fixeron os axudantes da Biblioteca de 6º imos aprendendo coma debemos comportarnos neste espazo.

Tamén entregaron un marcapáxinas coa normativa para que poidades solucionar ao momento as vosas dúbidas.


En todo caso o Equipo de Biblioteca, e os axudantes de 6º, estaremos sempre pola Biblioteca durante os recreos, para axudarvos coas vosa dúbidas.

Así que xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


domingo, 25 de octubre de 2020

24 de Outubro, Día das Bibliotecas

Ola amiguiños e amiguiñas!!

O pasado sábado celebramos o Día das Bibliotecas baixo o lema "Bibliotecas sempre ao teu carón", porque como ben sabemos a Biblioteca é unha porta á cultura, ao coñecemento e ao entretenemento en calquera circunstancia... polo que:

Despois de tanto tempo de corentena..., vacacións... e portas pechadas...

ABRE A BIBLIOTECA!!

Os axudantes da Biblioteca coma todos os anos achegáronse a axudarnos a preparar todo para poder abrir as nosas portas. Coa súa axuda fixemos un vídeo para ensinar as novas normas impostas pola nova situación derivada do COVID-19, así coma lembrar as normas que xa todos sabiamos.

Todos e todas os que formamos a biblioteca estamos moi ilusionados por poder abrir as portas no recreo e para as aulas. Agardamos volver a vivir con ilusión a lectura, a creatividade, a imaxinación...

Aínda que nos gustaría moito invitarvos coma cada ano a pasar pola Biblioteca, amosarvos o video e agasallarvos con pequenas sorpresas... hoxe toca gozar deste día doutro xeito. Acompañádesnos? Pois mirade o que os Axudantes da Biblioteca veñen a contar.

Ollade!! Ollade!!


lunes, 29 de junio de 2020

FELIZ VERÁN


ATA SEMPRE 6º!!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Rematamos!! Chegaron as vacacións e  toca descansar e gozar do tempo libre como máis vos apeteza!!! Eu quedarei por aquí agardando por vós, lendo novas historias para contárvolas á volta!!!
Pero antes de pechar este curso quería dedicarlles unhas verbas ós nenos e nenas de 6º que tiveron que deixar o cole dun xeito tan “raro”, sen despedidas.
Ola 6º!! Hoxe esta entrada está dedicada a vós. Un curso que sempre creu na Biblioteca e en min “Garabullo”. Non podo deixarvos marchar sen despedirme de vós.
Foi un pracer compartir con todos vós estes anos de Biblioteca, e especialmente este último tan intenso que nos tocou vivir...
Grazas por crer en min, pola ilusión que sempre puxestes en todas as actividades que vos propuxen, polos debuxos, polos contos, polas recomendacións, pola axuda na radio...GRAZAS POR TODO!!!
Botareivos moito, moito de menos axudantes de 6°. Agora comezades unha nova etapa no instituto, moita sorte!!! Non esquezades esta biblioteca que medrou con vós e cambiou coas vosas propostas. Seguide levando a lectura por onde vaiades e regalade ilusión e a imaxinación a través dun conto.
Garabullo, a mascota da biblioteca que cobrou vida grazas a vós, e o Equipo de Biblioteca do que a vosa titora forma parte queremos desexarvos o mellor nesta nova etapa tan marabillosa que vos tocará vivir. Aprendede, gozade, divertídevos.... e lede! Nunca esquezades e facede voso o lema da biblioteca que sempre nos acompañou: “Lemos porque nos peta
Agora toca descansar e gozar do tempo libre como máis vos apeteza!!! Eu quedarei por aquí agardando, lendo novas historias para contárvolas á volta!!!
E que mellor maneira de rematar que con esta foto de cando empezastes e unha das últimas de todos na biblioteca neste curso singular e diferente que de seguro quedará no noso recordo para sempre...
Adeus!! E xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Garabullo
ASÍ EMPEZAMOS TODOS XUNTOS


AGORA DÍGOVOS ADEEEUS!!!  en non esquezades:
"Lemos porque nos PETA"
Non vos esqueceremos!!!




sábado, 27 de junio de 2020

LECTURAS VERÁN

Ola amiguiños e amiguiñas!! Chegaron as vacacións!!!
Xa sei que moitos de vós botastes en falta as "Bolsas de libros do verán", así que decidimos darvos unhas pequenas recomendacións lectoras para seguir estando preto de todos vós, agradecéndovos as vosas recomendacións durante a corentena. Achegámosvos contos novos  que están a encher as librarías. Historias máxicas, fantásticas, misteriosas, divertidas,... Para cada idade un conto e... contos para todas as idades. 
Animádesvos a ler no verán e non ser un lacazán?
Lembrade que podedes mandar mensaxes comentando se vos gustaron os contos!!
Felices vacacións!! Feliz verán!!


viernes, 19 de junio de 2020

XUNTOS NAS ONDAS

Ola amiguiñas e amiguiños!! Xa se achega o verán e "Xuntos nas Ondas" despídese despois de 17 programas que non serían posible facer sen a vosa axuda. Un programa que naceu coa idea de manternos unidos neste confinamento. Grazas a todos e todas pola vosa axuda e colaboración. Hoxe para despedirnos escollemos un menú de recompensa para o vindeiro ano. Os nenos e nenas de 1º falaron das comidas do comedor e recomendan un menú para cando voltemos as aulas. Conseguirán ter o menú para a volta? De momento escoitade a ver se coincidides nos gustos co alumnado de 1º. 
Feliz Verán!!! 

jueves, 18 de junio de 2020

NOTAS DE AQUÍ 8

Ola amiguñas e amiguiños!! Estamos rematando curso e toca despedirnos ata o vindeiro ano de "Notas de Aqui". Candela e Ana escolleron coma último grupo desta tempada a "Pauliña". Supoño que terán varios motivos, un deles é que dous dos músicos que a acompañan son de aquí de Bandeira, e as súas fillas foron compañeiras nosas no cole. Se queredes escoitar a "Pauliña" e saber máis dela xa sabedes,... dádelle ó play e a gozar!!!
Feliz verán! Adeeeus!! 


viernes, 12 de junio de 2020

NOTAS DE AQUÍ 7

Ola amiguiños e amiguiñas!! Seguimos emitindo en Radio Garabullo. Ana e Candela no seu 7º programa de "Notas de Aquí" quixeron contarnos curiosidades dunha banda moi cercana a nós. A Banda Municipal de Silleda que, coma todos, estivo moi activa na corentena, creando pezas marabillosas contando con distintas colaboracións. Escoitade o que hoxe Ana e Candela contan desta agrupación musical que tanto admiramos.


lunes, 8 de junio de 2020

DÍA DO MEDIO AMBIENTE E DÍA DOS OCÉANOS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Este ano empezamos un proxecto que chamamos "Desplastifícate" Queríamos concienciarnos a nós mesmos, e as nosas familias, da problemática que supón o plástico, a repercusión que trae a utilización do mesmo e cambiar a nosa actitude de cara a súa utilización.
Aprendemos a reciclar, a reducir e a reutilizar; pero, aínda así, queda moito camiño para loitar polo noso planeta e salvar o noso medio ambiente e os nosos océanos.
O venres, 5 de xuño, foi o "Día Mundial do Medio Ambiente". Hoxe, 8 de xuño, é o "Dia Mundial dos Océanos". Nunha situación normal estaríamos finalizando este proxecto. Un proxecto no que fomos aprendendo que os océanos están morrendo, porque os estamos usando coma vertedoiros, enchéndoos de residuos. O lixo prexudica as criaturas que viven dentro do mar e arredor del. Debemos seguir loitando por salvar o planeta, seguir coidando o noso pequeno mundo.
Un xeito de axudarnos a entender este problema é a través dos libros e dos contos. É aquí onde nós cobramos importancia. Nesta data tan sinalada, propoñemos Lecturas para cambiar o mundo. Apuntádevos? Seguimos co proxecto o vindeiro ano? Apetécevos ser SUPERHÉROES CONTRA O PLÁSTICO?

Como primeira idea... un libro que leva por título "SUPERHÉROES CONTRA EL PLÁSTICO" de Martin Dorey da Editora Destino Infantil & Xuvenil.
Máis que un libro é unha guía práctica que propón 50 misións para loitar contra o plástico e así poder cambiar o mundo. Queredes ser "Superhéroes"?



"¿Qué le pasa al planeta?" Eva Clemente achéganos un conto que vai a axudar a entender mellor a situación ambiental do noso planeta dende un punto de vista divertido. O planeta amosa síntomas de estar enfermo: contaminación dos océanos, extinción de especies, agotamento dos recursos naturais,... Pero... Que pode facer un neno para sandar ó noso Planeta?


Palmeras en el Polo Norte. Todo o mundo fala do cambio climático, pero é verdade todo o que din sobre el? Palmeiras no Polo Norte responde algunhas preguntas que todos nos facemos. É un libro que fala da contaminación, de animais extinguidos, de volcáns, icebergs,... se tes curiosidade sobre estes temas xa sabedes collede este libro de Marc ter Host e Wendy Panders.


Tú puedes salvar el mundo de Angela Green. A través deste conto podes unirte a Greta Thunberg e a millóns de nenos e nenas. A túa misión: Salvar o mundo. Aprende de 38 personaxe inspiradores e convértete ti tamén nun héroe da Terra. No libro tamén atoparás 12 retos para aportar o teu gran de area na loita contra o cambio climático. Lembra: Non hai un Planeta B. Tes 12 meses para protexer o noso!!


Plastic Detox de José Luis Gallego é un libro que lembra que hai que "Desplastificar" o Planeta.  Da claves, ideas e ferramentas para reducir o consumo de plástico sen cambiar moito o noso estilo de vida.


Cambio climático de Yayo Herrero, María Gonzáles e Berta Páramo da todo tipo de información sobre este tema: Comprendemos ben que é o cambio climático? Como se produciu? Sabemos como afecta ós bosques, á auga ou ós animais? Como nos afecta ás persoas? e o máis importante... Sabemos o que podemos facer para afrontar o problema?
Un mar de plásticos de Kristi Blom y Geir Gabrielsen explica coma o océano, que alimenta ás aves mariñas, está a converterse nun vertedoiro. Que podemos facer para remedialo? Neste libro veremos aportacións de xentes de todo o mundo para afrontar o problema dos residuos plásticos no mar!!


Basura. Todo sobre as cousas máis molestas do mundo. Gerda Raidt explica, con moitas ilustracións e breves textos, que lles pasa ós desperdicios cando son recollidos polos camións do lixo... 




ÚLTIMO PROGRAMA DE "Parabéns na hora de comer..."

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe no programa Brais e Rosalía aproveitan para despedirse e prometen voltar a visitarnos o vindeiro ano. Non deixedes de escoitar este último programa onde tamén felicitan ós compañeiros e compañeiras que estiveron de aniversario a pasada semana e nesta.

NOTAS DE AQUÍ 6

Ola amiguiños e amiguiñas!! Candela e Ana achegan a nosa emisora a "Elba Souto", unha xoven promesa galega que debemos de seguir neste 2020. Para saber máis dela escoitade a súa música e o que delas nos contan as vosas compañeiras.




lunes, 1 de junio de 2020

Programa 8º "Parabéns na hora de comer..."

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa chegou xuño e xa sentimos as vacacións. Así todo a radio continúa. Hoxe emitiuse un novo programa de "Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer". Ademais de felicitar o aniversario a aqueles nenos e nenas que cumpren anos na derradeira semana de curso, tamén falan de dúas conmemoracións moi interesantes. Non volo perdades!!!


jueves, 28 de mayo de 2020

NOTAS DE AQUÍ 5

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe emítese o 5º programa de Notas de Aquí. Da man de Ana Molinos e Candela Agra hoxe achegámonos a unha parella de músicos moi singular chamada "Acordeireta" que leva por lema nas súas actuacións "Loitar cantando". Escoitade!!


A arte de 6º de Infantil

Ola amiguiños e amiguiñas!! Durante esta corentena foron moitas as habilidades que fomos aprendendo e nas que fomos mellorando. Grazas ás propostas dos mestres e a axuda das familias poderíamos facer exposicións moi interesantes onde a creatividade e a vosa naturalidade e espontaneidade fai medrar o voso traballo. Ollade o que mandaron os nenos e nenas de 6º de infantil!!


martes, 26 de mayo de 2020

XUNTOS NAS ONDAS 15

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos unha nova emisión do programa Xuntos nas Ondas da man de Zaira de 6º. Hoxe está dedicado ás lecturas. Escoitade que ben len os nenos e nenas de 1º!!


lunes, 25 de mayo de 2020

Programa 7º de "Parabéns na hora de comer..."

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe contamos cun novo programa de "Parabén na hora de comer e as novas no tempo de lecer" Non deixedes de escoitar as cousas curiosas do día de hoxe e do cole da man de Brais e Rosalía. Nesta semana non só felicitan ós que cumpliron anos a pasada semana. Tamén, dado que o curso está a piques de rematar, felicitaron a aqueles nenos e nenas que cumplen na última semana de xuño, cando xa non temos clase. Parabéns a todos!! Escoitade todo o que nos din!!


sábado, 23 de mayo de 2020

NOTAS DE AQUÍ 4

Ola amiguiños e amiguiñas!! Aquí deixamos unha nova emisión do programa de Candela e Ana de 5º: Notas de Aquí
Un programa de música dedicado a nosa música, á música galega. Nesta ocasión falan dun grupo chamado Lulavai. Catro mulleres que forman un curioso cuarteto feminino onde o protagonismo das arpas celtas e o son doce das súas voces da vida a un estilo propio e único.
Escoitade e xa nos contaredes que opinades!!


XUNTOS NAS ONDAS14

Ola amiguiños e amiguiñas!!! O programa 14 de Xuntos nas Ondas está dedicado á lectura e a algunhas lembranzas da nosa escola nesta época. Non deixedes de escoitalos!!


lunes, 18 de mayo de 2020

PROGRAMA 6º: "Parabéns na Hora de Comer e as Novas do tempo de lecer"

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa está na nosa canle de Ivoox o programa número 6 de Parabéns...
Rosalía e Brais ademais de felicitar ás compañeiras que están de aniversario aproveitaron para lembrar que hoxe é o Día Internacional dos Museos. Falan dun reto que hai na rede. Trátase de facerse unha foto imitando os cuadros de pintores famosos. Atrévese alguén co reto?
Non deixedes de mandarnos a foto que a publicaremos xunto con pinceladas da obra e da vida do artista.
Lembrade o correo conversascongarabullo@gmail.com
Veña escoitade o podcast e animádevos co reto!!


RICARDO CARVALHO CALERO

Ola rapazada!! Neste día das Letras Galegas 2020 tan particular non podíamos deixar de facer un programa de radio do noso homexaneado. Da man de Reina Esther de 4º poderemos escoitar datos da biografía do escritor así coma anacos das súas composicións que foron musicadas. Non deixedes de escoitar este feromoso programa de Radio Garabullo sobre Ricardo Carvalho Calero.

domingo, 17 de mayo de 2020

Desplastifícate de 6º

Ola amiguiños e amiguiñas!! Este ano a biblioteca propoñía coma proxecto para traballar entre todos o problema dos plásticos. Baixo o nome de "Desplastifícate" foise traballando ó longo do curso nas distintas aulas e en diferentes ocasións. Hoxe é o alumnado de 6º o que nos presenta un traballo que une o amor á terra e a necesidade de eliminar, reducir e reutilizar o consumo de plástico. Unha posibilidade de darlle a un producto perigoso para o noso medio ambiente a posibilidade de xenerar vida. No seu proxecto déronlle vida ás botellas de plástico convertíndoas en macetas de decoración con fermosas plantas, en sementeiras de vida e en pequenas hortas urbanas. Cada un tirando das súas posibilidades e imaxinación. Un fermoso traballo unido a unha música que levanta esa paixón polo noso, pola nosa terra, polo coidado dela... coa música de Uxía Lambona e a Banda Molona e o seu tema "Verdescente" así nos amosan o seu traballo. Só podo dicir "FERMOSO".


viernes, 15 de mayo de 2020

XUNTOS NAS ONDAS E DESPLASTIFÍCATE

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe o programa "Xuntos nas Ondas" foi moi especial porque o alumnado de 6º apreoveitou para presentarnos o seu proxecto de Desplastifícate. En marzo vímonos obrigados a deixar as aulas pero eles puideron adaptalo á situación e decidiron aproveitar as botellas de plástico para facer pequenas plantacións e coidar a terra nun dobre sentido. Escoitádeos!! Son fenomenais!!

jueves, 14 de mayo de 2020

NOTAS DE AQUÍ 3

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos en Radio Garabullo o programa número 3 de Notas de Aquí. Nesta ocasión Ana e Candela contan a historia e curiosidades da Asociación Culturas "Cántigas e frores" de Lugo. Escoitade!! 



XUNTOS NAS ONDAS 12

Ola amiguiños e amiguiñas!! Aquí temos un novo programa de Xuntos nas Ondas. Hoxe un programa moi diverso con cantigas, consellos e relatos das primeiras saídas. Non volo perdades!!



Receitas na corentena

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe son os nenos e nenas de 6º de infantil os que se achegaron a nós para recomendarnos unhas receitas para entreternos nesta fin de semana de frío e corentena Vese que lles gustan as lambetadas porque temos moitas de sobremesa. Non deixedes de velas. Aquí deixamos as receitas escritas e se queredes ver ós artistas da casa cociñando picade no debuxo de lambecazolas e poderedes ver como cociñan!! Uns cociñeiros de 10!!








martes, 12 de mayo de 2020

A XOGAR CON RICARDO CARVAHLO CALERO

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Coma vedes hai un montón de cousas de Ricardo Carvalho Calero. E coma sei que xa sabedes moitas cousas vamos a propoñer un xogo de dardos a ver ata onde chegades!!
Ánimo picade na imaxe e a.... XOGAR!!
E se queredes aprender máis entrade no apartado de actividades do Equipo de Dinamización, na marxe esquerda da páxina web do cole ou picando aquí



PREGUNTOIRO MUSICAS DE RICARDO CARVALHO CALERO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Estamos na Semana das Letras Galegas. Nesta etapa, nova nas nosas vidas, de confinamento na casa, hai moita xente cunha creatividade inmensa coma vos que fai cousas marabillosas e coas que todos podemos aprender.
Hoxe atopei nas redes este traballo realizado durante a corentena, que quer dar a coñecer, a través dun xogo canción, datos importantes da vida e obra de Ricardo Carvalho Calero. Así que tomámolo prestadiño para xogar nós e aprender con el cousiñas do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020.


lunes, 11 de mayo de 2020

Programa 5 de "Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer"

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa está na nosa canle de Ivoox o programa número 5 de Parabéns...
Rosalía e Brais ademais de felicitar aos compañeiros que están de aniversario aproveitaron para lembrar que estamos na Semana das Letras Galegas dedicada a Ricardo Carvalho Calero, ademais de deixar algunhas novas da escola.
Escoitade!!


domingo, 10 de mayo de 2020

Primeiro continúa co reto

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Son tantos os retos que están a chegar que volvemos a empezar!! Veña deixa o teu conto ou a túa historia creada a partir dos títulos dos contos!!
Este tan fermoso é de Lía Enríquez agardamos polos vosos!
Temos sorete porque neste caso súmase ó reto una familia. Xabi, Xoán e os papás no reto de contar cos títulos dos contos. Unha marabilla!!
E seguén chegando!! Parabéns!!! Neste caso é Lía García. Sodes fantásticos!!
Continúa co reto Ramón de 1º. Unha historia dunha voda. Escoitade!!
E agora tócalle o turno a Sara!! Mirade que chuli!!
Reto de Sara


O reto de Ramón!!


O reto de Lía García!!



O reto da familia de Xabi e Xoán:



Reto de Lía Enríquez:

XUNTOS NAS ONDAS 11

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe o alumnado de 1º estivo con Alba de 6º no programa número 11 de Xuntos nas ondas. Nesta ocasión falarán das cousas que poden facer para renovar as súas habitacións ou vivendas, acertixos,  pequenas lecturas.... Un programa moi entretido para un día de tormenta coma hoxe.
Escoitade, escoitade!!


viernes, 8 de mayo de 2020

Xogo de Pistas das Letras Galegas

Ola amiguiños e amiguiñas!! Por aquí deixo outra actividade relacionada coas LETRAS GALEGAS.
Picade na imaxe e accederedes a un xogo de pistas moi divertido. Sós ou en familia animádevos a pasar polas distintas fases do xogo. Acabaredes coñecendo curiosidades da vida e da obra de Ricardo Carvalho Calero. É moi divertido. Intentádeo!!


Carvalho Calero para 6º de Primaria

Ola chicos e chicas de 6º!! Coma se achega o Día das Letras Galegas deixamos aquí unhas actividades para coñecer un pouco máis a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero. Picade nas imaxes e pasade un bo rato de aprendizaxe!!





Carvalho Calero para 5º de Primaria

Ola nenos e nenas de 5º. Hoxe deixámosvos aquí curiosidades de Ricardo Carvalho Calero. Como xa sabedes este ano adícaselle o Día das Letras Galegas. Picade na imaxe e descubride cousiñas da súa vida e da súa obra.
E despois unha actividade interactiva para comprobar as vosas aprendizaxes!!






Carvalho Calero para 4º de Primaria

Ola rapazada de 4º!! Veña un novo reto!! Coñecer un pouco máis a Ricardo Carvalho Calero, un grande defensor da lingua galega. Veña a ver que aprendedes!!




Carvalho Calero para 3º de Primaria

Rapaces e rapazas de 3º se queredes coñecer un pouco máis de Ricardo Carvalho Calero picade na imaxe e aventurádevos a saber algo máis da súa vida e da súa obra. Animádesvos?





Carvalho Calero para 2º de Primaria

Rapaces e rapazas de 2º estades preparados para coñecer a Ricardo Carvalho Calero? Picade na imaxe, e aprenderedes máis cousiñas desta figura tan importante para as nosas Letras Galegas!!






Carvalho Calero para 1º de Primaria

Agora as actividades para 1º de primaria. Unha pequena lectura sobre a vida do noso homenaxeado e despois actividades para ver o que aprendemos. Veña animádevos e picade na imaxe!!





Carvalho Calero e 6º de Infantil

Para 6º de Infantil tamén temos unha proposta. Xa sabedes picade na imaxe e aprendede cousiñas de Ricardo Carvalho Calero.
Picade na imaxe para coñecer a este gran defensor da lingua galega e que escribiu un libro infantil do que tamén vos fala aquí "As pitas baixo a choiva".







Carvalho Calero e 5º de Infantil

Agora toca presentar as actividades para 5º de Infantil. Un chisco distintas e ademáis con pictogramas que sempre axuda a entender mellor o que lemos!! Picade na imaxe e a aprender xogando!!






Carvalho Calero e 4º de Infantil

Dende o seminariogalan.org aconsellan estas actividades para 4º de Infantil. Animádesvos con elas?
Estas actividades están acompañadas de pictogramas. Picade na imaxe e veredes!!




VIDA DE RICARDO CARVALHO CALERO

Ola amiguiñas e amiguiños!! Chegan as Letras Galegas. Nesta entrada e nas seguintes colgaremos cousiñas de Ricardo Carvalho Calero para que poidades aprender cousiñas da figura homenaxeada o "Día das Letras Galegas". Son cousas recollidas polo Seminario Galán, mestres e mestras que nos axudan a coñecer mellor ós escritores homenaxeados cada ano o "Día das Letras Galegas".
Empezamos coa súa bibliografía, é dicir, se picades na imaxe poderes ir lendo cousas da súa vida.


jueves, 7 de mayo de 2020

Notas de Aquí 2

Ola amiguiños e amiguiñas!! Seguimos con Radio Garabullo no programa Notas de Aquí presentado por Candela e Ana de 5º. Hoxe as súas pescudas e curiosidades están dirixidas á Banda de Música de Arzúa. Un Banda que se adapta aos temas e cun variado repertotio. Escoitade!!


miércoles, 6 de mayo de 2020

XUNTOS NAS ONDAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Radio Garabullo non para. Seguimos coas emisións do programa "Xuntos nas ondas". Xa estamos coa emisión 9 e 10.
O programa 9 da man de Zaira de 6º que aproveita para darlles paso a Sara de 1º e Elena de 4º que contan cousas para entreternos nesta corentena.
No programa 10, presentado por Euxea de 6º, podedes escoitar a Nina e a variedade de actividades de lectura que propón: trabalinguas, contos, poemas,...
Escoitade os podcast. Moi entretidos e con ideas para esta corentena.


lunes, 4 de mayo de 2020

O COELLIÑO BRANCO

Ola amiguiñas e amiguiños!! Hoxe é Vega a que, coa axuda do seu papá, conta un conto imprescindible na nosa biblioteca: "O coelliño branco".

Na busca de axuda para reconquistar o seu fogar ocupado pola terrible cabra cabraza que se lle salta enriba o esmagaza, o coelliño branco levará varias sorpresas.

"O coelliño branco" é unha adaptación de Xosé Ballesteros a partir dun conto popular portugués, con ilustracións de Óscar Villán que, por esta obra foi galardoado co Premio Nacional de Ilustración.

Agora tócanos escoitar a Vega e gozar deste fermoso conto!!



PARABÉNS NA HORA DE COMER 4!!

Ola amiguños e amiguiñas!! Continuamos coa nosa programación de radio. Hoxe no programa "Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer" felicitan ás nais que tiveron onte o seu "día especial" e comtan moitas máis cousas. Non deixedes de escoitar a Brais e a Rosalía no seu  4º programa na corentena.


domingo, 3 de mayo de 2020

O POLO PEPE

Ola amiguiños e amiguiñas!! Sabedes que come un polo para medrar tanto? Pois escoitade a Sabela de 5º de Infantil e descubrirédelo!!



CORRE CORRE CABACIÑA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Aproveitando ben estas tardes de paseo? Pois agora toca descansar un ratiños escoitando a Noela de 1º. Vai a contarnos o conto de Corre corre cabaciña. Un conto de Eva Mejuto que todos e todas coñecemos moi ben. Escoitade, escoitade. Fermoso!!


sábado, 2 de mayo de 2020

RECOMENDACIÓNS DOS NOSOS LECTORES

Ola amiguiños e amiguñas!! Estamos de fin de semana!! Seguro que papá ou mamá queren saír a dar un paseo, e mentres nós podemos aproveitar para quedar lendo na casa. Hoxe da man de algúns compañeiros e compañeiras do cole deixamos algunhas recomendacións de lectura para todas as idades.
Así Irene de 3º recomenda, por un lado unha lectura sinxela para os máis pequerrechos Cocorico: 
Un conto da editora Oqo. Neste conto de Marisa Núñez & Helga Bansch contan a historia de Cocorico un pitiño que vive tranquilo coa súa mamá ate que un día ofrécese para axudala. Que ten que facer Cocorico e que aventuras vivirá?
Pois anímate a ler este conto!!

O outro conto que propón Irene para os máis que se lanzan con lecturas máis grandes é 
Las locas aventuras de las hermanas de TikTok
Este libro de Julia Menú García de Edicións Martínez Roca conta a hitoria de dúas irmás que non deixan de meterse en líos cada dous por tres. 


Por outra banda temos a Martina de 5º de infantil que anima a todos os compañeiros e compañeiras a ler A cousa que máis doe do mundo. Un conto de Paco Liván e publicado en OQO editora. Unha lebre asegura que "o que máis doe do mundo é unha mentira" e demóstrao neste conto fantástico e divertido que seguro provocará moitas gargalladas!!





Martín de 3º dirixe as súas recomendación a una colección de libro de Dav Pilkey que atoparedes na editorial SM: O capitán calzoncillos. Nestes libros da colección Barco de Vapor nárranse as historias creadas por dous nenos moi pícaros que empregan o tempo libre creando historias protagonizadas polo Capitán Calzoncillo un superhéroe dono duns calzóns con poderes que se enfrenta a supermalos.

E xa para rematar temos unha pequena historia contada por Samuel de 3º. Un clásico coñecido por todos: Peter Pan. Poderedes atopalo en distintas versións e publicado por moitas editoriais. Foi publicado en 1911 coma un conto por James M Barrie  (hai máis de cen anos!!) Un conto fantástico que narra as aventuras dun rapaz que non quería medrar!!
Escoitade os consellos dos vosos compañeiros e compañeiras!! Fantástico!!