domingo, 25 de octubre de 2020

24 de Outubro, Día das Bibliotecas

Ola amiguiños e amiguiñas!!

O pasado sábado celebramos o Día das Bibliotecas baixo o lema "Bibliotecas sempre ao teu carón", porque como ben sabemos a Biblioteca é unha porta á cultura, ao coñecemento e ao entretenemento en calquera circunstancia... polo que:

Despois de tanto tempo de corentena..., vacacións... e portas pechadas...

ABRE A BIBLIOTECA!!

Os axudantes da Biblioteca coma todos os anos achegáronse a axudarnos a preparar todo para poder abrir as nosas portas. Coa súa axuda fixemos un vídeo para ensinar as novas normas impostas pola nova situación derivada do COVID-19, así coma lembrar as normas que xa todos sabiamos.

Todos e todas os que formamos a biblioteca estamos moi ilusionados por poder abrir as portas no recreo e para as aulas. Agardamos volver a vivir con ilusión a lectura, a creatividade, a imaxinación...

Aínda que nos gustaría moito invitarvos coma cada ano a pasar pola Biblioteca, amosarvos o video e agasallarvos con pequenas sorpresas... hoxe toca gozar deste día doutro xeito. Acompañádesnos? Pois mirade o que os Axudantes da Biblioteca veñen a contar.

Ollade!! Ollade!!


0 comentarios: