jueves, 30 de abril de 2020

NOTAS DE AQUÍ 1

Ola amiguiños e amiguiñas!! Emprendemos unha nova andaina en Radio Garabullo. É unha iniciativa que nos fai moita ilusión e agardamos que gocedes e aprendades moito dela. Hoxe, da man do alumnado de 5º, comezamos un novo programa "Notas de Aquí" que será emitido en Radio Garabullo todos os xoves e redireccionado dende este Blog.
"Notas de Aquí" é un programa de música galega. Cada semana achegarémonos a historia dun grupo/banda galego, comentaremos algunhas curiosidades e escoitaremos algúns dos seus temas máis famosos.
Esta semana como podedes imaxinar empezamos con "Uxía Lambona e a Banda Molona" xa que o seu tema "Parabéns para ti" é a música base do programa "Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer" que emitimos todos os luns e que a xente bonita de "Uxía Lambona" deuxounos empregar para felicitarvos.
A súa música é ademáis de fermosa, moi especial e está a ser empregada en máis proxectos da nosa escola. Non deixedes de escoitar o programa e de visitar o Blog pois seguiremos con moitas sorpresas.
Moitas graza "Uxía Lambona e a Banda Molona" pola música fermosa, polo apoio ás escolas e a nosa radio: Radio Garabullo (Dende xa estades invitados a unha entrevista cando queirades) e mentres.... "Notas de Aquí" na súa estrea da man de Ana e Candela de 5º.


RESCATAMOS CONTOS!!!

Ola amiguiños e amiguiñas!! A semana que lle dedicamos ao LIBRO quedou atrás, pero as inciativas dos vosos compañeiros seguen adiante.
Entrar en contacto con tanto conto fixo que os nenos e nenas lles pedisen aos papás e mamás que falasen dos contos que lían cando eran pequenos. Contos coma O Parruliño Feo, Dumbo ou La Ratita Presumida, moitos deles contados, antigamente,  oralmente de pai a fillo antes de se deitar. Tamén rescatan outros contos que papá e mamá empregaban para estudar coma o Atlas da Natureza ou contos que son importantes para o cole coma Era tempo de apandar, escrito por Ramón de Valenzuela, quen lle da nome ao noso cole.
Outros contos son rescatados polos propios nenos e nenas, son os contos de cando eran pequechos e ían en infantil coma O cumpleanos de Pupi, Sabela e as zocas máxicas ou A casa dos ratos....
Todos contos que dalgún xeito forman parte das nosas vidas e para eles coma para nós, os amantes dos contos, sempres serán inesquecibles!!!



miércoles, 29 de abril de 2020

XUNTOS NAS ONDAS 8

Ola amiguiños e amiguiñas!! Seguimos coa Radio. O programa número 8 de "Xuntos nas Ondas" dedicado ás recomendacións lectoras para todas as edades. Da man de Isaac de 6º iremos escoitando a Andrés de 6º de infantil, e a Xulia, Brais, Samuel e Lorena de 3º que falan dos contos que están lendo ou xa remataron. Non deixedes de escoitar estas recomendacións para pedir os contos para ler nesta corentena!!


martes, 28 de abril de 2020

XUNTOS NAS ONDAS 7

Ola amiguiños e amiguiñas!! Radio Garabullo está funcionando a tope. Hoxe o programa "Xuntos nas Ondas" que nos está a acompañar na corentena fala do cambio de primaria ao instituto. O entrevistado un rapaz que foi alumno do cole e a locutora a súa irmá. Un programa moi interesante!! Non deixedes de escoitalo!!


lunes, 27 de abril de 2020

PARABÉNS NA HORA DE COMER 3!!

Ola amiguiños e amiguiñas!! Rosalía e Brais continúan co seu programa nas ondas. Ademáis de felicitar aos compañeiros que celebraron o aniversario a pasada semana, aproveitaron para felicitar ó alumnado que cumpre en AGOSTO. Entre outras cousas hai avisos importantes da escola e o anuncio dun novo programa de Radio Garabullo "Notas de Aquí"
Escoitade!! Escoitade!!



viernes, 24 de abril de 2020

OS RETOS DO DÍA DO LIBRO.

Ola amiguiños e amiguiñas!! Estamos na semana do "Día do Libro" nunha época moi especial que quedará marcada en nós para sempre. As redes sociais e as novas tecnoloxías mantéñennos unidos. Unha das formas de manter a moita xente unida son os retos (animar a alguén a que faga algo do que pensa que non é capaz).
Pois un reto é o que propoño. Que contedes unha pequena historia cos títulos dos contos/libros que tedes na casa. Podedes facelo sós ou con alguén da familia que viva con vós.
Reina Esther de 4º aceptou o reto de Marga e enviáronnolo.
Lembrade que podedes  envialo ó correo do blog: conversascongarabullo@gmail.com
Todos os retos que cheguen serán publicados nesta entrada.
Ánimo enviade os vosos retos!!!
Reina mandou o seu agora seguimos con Ana de 5º
Veña que siguen chegando.
Agora Noa de 5 anos. Todos fermosos!!
Agora dous retos o profe José de EF e Jorge de 5º
Dous novos retos, a mestra de 5º Marisa e o seu alumno Martín. Animádevos para facer un en familia!!
Agora son unha nai e unha filla. Mariña de 5 anos e a profe Cristina. Tamén o de Merchi e a súa nena
Un reto con libros de Música de Blanca, ata aquí chegamos mañá máis!!
Hoxe é a teacher Lucía a que envía o seu reto.
Outro reto que nos chega, a profe Esperanza. Xenial!! Seguide enviando!! Lembrade que o podedes facer en familia!!
Estamos contentos porque seguen chegando retos coma o da profe Mª Jesús.
Que ben!! O alumnado de 5º segue animándose, son os campións do reto. Agora é o turno de Carla.
E seguen chegando os retos. Veña animádevos que seguiremos colgando as vosas aportacións. Agora toca ir con Xulia de 3º e unha pequena aportación da súa mamá. Estou encantada con os contos tan bonitos que tedes.
Reto de Xulia:



Reto de Carla:



Reto de Mª Jesús:



Reto de Esperanza:



Reto de Lucía:




Reto de Blanca:




Reto de Merchi:



Reto de Mariña de 5 anos:



Reto de Cristina:



Reto de Martín de 5º:



Reto de Marisa:




Reto de Jorge de 5º:




Reto de José:




Reto de Noa de 6º de infantil:



Reto de Ana de 5º:





Reto de Reina de 4º:



Reto de Marga:



XUNTOS NAS ONDAS 6.

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe tocoulle a Silvia de 6º facer o program de "Xuntos nas Ondas". Neste 6º programa compartimos unha lectura "O peixe Arcodavella" contada por Lorena de 3º.
Escoitade!!


jueves, 23 de abril de 2020

RADIO GARABULLO E O DÍA DO LIBRO. XUNTOS NAS ONDAS 5

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe é o "Día do Libro", e en Xuntos nas Ondas tiñamos que participar dalgún xeito nesta conmemoración.Os pequenos de 5 anos déronnos a idea ao contarnos contos para a radio, e Alba de 6º prestouse coma locutora; o resultado: Un programa de Radio que non podedes deixar de escoitar!!
Fala de dous libros moi chulos que xa recomendamos e voltaremos a recomendar neste Blog.
Escoitade!! Escoitade!!


DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe é o "Día Internacional do Libro". Unha celebración importante para a Biblioteca porque moitos de vós mandástedes moitas cousas para lembrarnos o importande que é a lectura neste momento, cando temos que quedar na casa.
É divertido ver como ensinades a ler e xogar cos contos, a buscar aqueles contos que xa tiñamos esquecidos e "rescatalos" para lelos outra vez, a facer marcapáxinas, a contar os contos lendo ou dar pistas do "chuli" que é un libro ou outro. Falades de moitos libros. De libros de maiores con moita letra e libros ilustrados con apenas letra, de libros que cantan e de libros de animais, de libros de aprender e de cómics,...
Falades de moitos contos. Cada un de vós contoullo á súa titora, dende as vosas casiñas, porque a lectura é esa aventura que nos acompaña sempre... e cando semella que xa non podemos facer nada... volven os contos para xogar con nós, para ensinarnos moitas cousas, para levarnos a mundos descoñecidos,... Os contos nunca nos abandonan, nin nós a eles.
Hoxe celebramos o "Día Internacional do Libro" aínda que para nós os libros se celebran sempre!!!
Felices Lecturas nesta corentena!!!


miércoles, 22 de abril de 2020

XUNTOS NAS ONDAS 4

Ola amiguiños e amiguiñas!! 
Coma nos conta Euxea de 6º achégase o "Día do Libro" está a chegar, e os nenos e nenas do cole empezan a falarnos dos contos que máis lle gustan, os contos que marcan a nosa vida, os contos que rescatarían,... 
Son moitas as achegas e moi variadas así que comezamos hoxe cun conto na radio: "Corre, corre cabaciña" de Eva Mejuto e contado por Noela de 1º de Primaria.
Agardamos que vos guste e seguide contando e recomendando contos porque o "Día do Libro" é mañá pero nós o celebramos todo o ano.


22 de Abril do DÍA INTERNACIONAL DA TERRA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe mércores, 22 de abril, celebramos o "Día Internacional da Nai Terra". É un día que se celebra en multitude de países de todo o mundo e pon o seu interese principal nos problemas e preocupacións que afectan ao medio ambiente.
A  nosa preocupación polo medio ambiente trasládamola ao noso proxecto da Biblioteca "Desplastifícate", que estamos a traballar nas aulas ao longo deste curso con distintas actividades.
Aínda condicionados pola corentena, seguiremos con este proxecto, así que hoxe recoméndovos un libro que propón moitos retos.
"Tu puedes salvar el mundo" de Angela Green.

«Hemos aprendido que si no actuamos por nuestro futuro, nadie dará el primer paso. Somos la generación que hemos estado esperando.» Greta Thunberg

Ti podes salvar o mundo é un libro ilustrado sobre o cambio climático que se centra en 12 grandes temas que nos preocupan: os bosques, os incendios, os océanos e o plástico entre outros. Un libro que propón ideas para axudar a deter o cambio climático a través de 12 retos, un reto por mes do ano.
Ademáis atopan as biografías de 38 heroes do noso planeta.
Se tedes o libro animádevos a facer algún reto e contádenos a vosa experiencia.
Se estades facendo algo para coidar o planeta contádenolo.
Escribide a conversascongarabullo@gmail.com ou a radiogarabulo@gmail.com contando o que facedes para coidar,"Desplastificar" o noso planeta.





martes, 21 de abril de 2020

XUNTOS NAS ONDAS 3

Ola amiguiños e amiguiñas!! Aquí temos o 3º programa de "Xuntos nas Ondas". Nesta ocasión é Zaira de 6º a que presenta este novo programa, no que Sabela de 4 aniños e Reina de 4º contan o seu día a día nesta corentena.
A verdade que dan ideas e rutinas moi interesantes. Non deixedes de escoitar a nosa radio, Radio Garabullo, a radio do CEIP Ramón de Valenzuela de Bandeira.
Entre outras rutinas mirade a Mariña de 5 anos que debuxos fai para animarnos a quedar na casa.
#EuQuedoNaCasa






lunes, 20 de abril de 2020

PARABÉNS NA HORA DE COMER!!

Ola amiguiños e amiguiñas!! Aínda que parecía moi difícil, Rosalía e Brais consiguen facer maxia e manter este programa nas ondas. Nesta ocasión, coma non había aniversarios, aproveitaron para felicitar ó alumnado que cumpre en XULLO. Tamén lembran o traballo estupendo dos compañeiros das distintas aulas; lembran datas especiais,... non volo perdades!!
Escoitade!! Escoitade!!


domingo, 19 de abril de 2020

AUGAMAR OU PLÁSTICO?

Ola amiguiños e amiguiñas!! Sabíades que as medusas ou augamar son o alimento de moitos dos animais que viven nos mares e océanos?
Na actualidade aínda que reciclamos e tentamos reducir o consumo de plástico... os nosos mares e océanos están moi contaminados. Moitas tartarugas e peixes morren cada día por comer plásticos ao confundilos con medusas.
Os vosos compañeiros de 1º fixeron un experimento para amosarnos a dificultade que supón diferenciar un augamar dun plástico dentro da auga do mar ou do océano. Meteron un plástico nunha botella chea de auga,ao mover a auga o plástico realmente semellaba unha medusa. Mirade que video fixeron para vós e así colaborar co noso proxecto deste ano DESPLASTIFÍCATE!!


XUNTOS NAS ONDAS 2

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa tedes en Radio Garabullo a segunda emisión de "Xuntos nas Ondas". Neste caso é Guillermo de 6º o encargado de entrevistar a súa irmá Eugenia e preguntarlle polo súa experiencia no instituto. Xa sabedes que os de 6º están rematando o curso con nós e están moi intrigados por saber como será esta nova etapa académica. Non deixedes de escoitar este "Podcast"!!!




sábado, 18 de abril de 2020

DIGICRAFT

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe escribo en especial para os nenos e nenas de 4º, 5º e 6ºque participaban no proxecto DIGICRAFT.
Como xa imaxinades o proxecto  quedou parado nesta etapa de corentena. Seguiremos co apartado de Intelixencia artificial e robótica cando volvamos as aulas. 
Sen embargo hai unha nova moi interesante. O proxecto foi aberto para todos na seguinte dirección web: https://digicraft.fundacionvodafone.es/ 
Hai actividades propostas tanto para alumnado coma para as familias, e hainas para distintas idades e con distintos niveis de dificultade.
Anímovos a fedellar na páxina a todos, da igual de que curso sexades!! E... Quen sabe? Quizais á volta sodes vós os que nos ensinades un montón de cousas!! 
Unha aperta rapazada e moito ánimo!!!



lunes, 13 de abril de 2020

PARABÉNS NA HORA DE COMER... na corentena

Ola amiguiños e amiguiñas!! Remataron esta extrañas vacacións na casa. Xa sabedes que dende mañá os mestres e mestras volven a mandar traballiños para facer na casa. Tamén achéganse datas importantes como o "Día da Terra" e o "Día do Libro".... Pero quen mellor para contarvos todo iso que Brais e Rosalía de 6º que xa empezaron a traballar hoxe facendo o programa "Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer"
Non deixedes de escoitalos!! Son fantásticos
E xa sabedes #EuQuedoNaCasa





sábado, 11 de abril de 2020

XUNTOS NAS ONDAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes na Escola e na Biblioteca estamos sempre pensando en vós. Que cousas podemos facer para estar máis cerca vosa?. Sabemos que este "encerro" cada un o vive dun xeito distinto, por iso decidimos facervos unha proposta. Un PROGRAMA DE RADIO no que todos e todas poidamos participar: XUNTOS NAS ONDAS
Na seguinte carta (que podedes descargar dende aquí) tedes toda a información. De todos os xeitos esta carta vai a chegar a todas as familias a través do correo electrónico.
Lede ben a información e animádevos a participar!!!

Hoxe foi Silvia Salgueiro de 6º a que se decidiu a abrir este programa. Aproveitamos para engadir un programa de radio feito polo alumnado de 3º con motivo da "Semana da Prensa" que pensamos é moi interesante para o primeiro programa porque fala do "Coronavirus".
Non deixedes de escoitalos!!
Ao remate do 1º programa de Xuntos nas Ondas tedes a carta por se queredes descargala.
Todos os programas serán colqados en IVOOX, na web do cole e aquí no Blog.
Moito ánimo e xa sabedes #EuQuedoNaCasa.



 



DESCARGAR 

#TeCuento

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe achégome a vós para ensinarvos outro xeito de contar.
Sabedes que hai nenos e nenas xordos, e que a elas e elas coma a nós encántanlles os contos. Preguntarédevos: "Como fan?".
Pois grazas a xente que traballa para asociacións e fundacións coma a CNSE  conseguiron crear un aplicación gratuita que se chama "tecuento". Grazas a esta aplicación os nenos e adultos poden editar de forma sinxela e divertida os seus propios contos na lingua de signos española. Para personalizar os contos pódense ilustrar as historias con imaxes propias e arquivalas para a súa reprodución tantas veces como se queira. Tamén se incorporan na biblioteca contos xa editados na lingua de signos española e subtitulalos. Coa primeira descarga inclúese o conto de "Platero y yo", a partir de aquí a biblioteca medrará con novas edicións creadas na Fundación CNSE ou por vós mesmos. Esta iniciativa está enmarcada no programa de promoción e fomento da lectura das pesoas xordas, especialmente dos nenos e nenas.
Coma vedes é un xeito novo de contar e, se queredes ver contos xa editados picade na imaxe e poderedes VER/LER/ESCOITAR/DISFRUTAR de este tipo de contos



viernes, 10 de abril de 2020

Cuarentena SEMANA SANTA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Non vos animades a mandarnos nada para que colguemos no blog. Agardamos as vosas fotos, os vosos contos, os vosos vídeos, un recitado de poesía, cousas de plástica entretidas e divertidas,... Un montón de cousas que seguro facedes todos os días.
Xa sabedes que tedes o correo de conversascongarabullo@gmail.com para contarnos todo o que queirades.
De momento seguimos mandando suxestións e enlaces de lectura. Lecturas en rede gratuítas para que vos entreteñades e tamén música e debuxos en galego.
Agardo que o pasedes moi ben. Premede nas imaxes e enlaces e xa poderedes ler, cantar e bailar ou simplemente ver debuxos en galego.
Xa sabedes que aínda que estamos na casa... SEMPRE estamos para vós.
#EuQuedoNaCasa 





Nos seguintes enlaces tamén podedes atopar:



Escolma de videoclips infantís con subtítulos realizada polo Departamento de Galego da EOI de Pontevedra.


SERIES DE DEBUXOS ANIMADOS EN GALEGO

Estas series están aloxadas na páxina Programas de Xabarín da TVG /CRTVG




sábado, 4 de abril de 2020

#EuQuedoNaCasa

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa sabedes que a profe Blanca lanzou un reto. "Facer un molinete" tinguindo as nosas casas de azul. Era un xeito de amosar o noso apoio aos nenos e nenas con autismo que tamén teñen que quedar na casa, pese a todas as dificultades que implica.
Nós, todos os profes e os que formamos parte da familia do cole, tamén quixemos sumarnos a este reto pero pensando tamén en vós e no moito que vos botamos de menos.
Agardamos que este vídeo vos guste moito. Foi feito con todo o noso cariño e admiración a vós, os nosos nenos e nenas, que sabedes adaptarvos a todas as situacións.
Seguide a mensaxe do "Día Mundial do Autismo"
PODO APRENDER, PODO TRABALLAR.
Parabéns a todos polo voso esforzo

#EuQuedoNaCasa



jueves, 2 de abril de 2020

Día do Libro infantil de Xuvenil e DÍA MUDIAL DO AUTISMO

Ola amiguiños e amiguiñas!!
A profe Blanca na páxina web, dentro da parte que dedicamos a aula de Música, lembrounos a importancia dunha data coma a de hoxe para achegarnos e facernos recomendacións músico literarias.
Tamén rétanos a tinguir este día de cor azul facendo un molinete.
Se picades na foto podedes acceder directamente á páxina web e ver as recomendacións de Blanca.
Aproveitando os seus consellos nós tamén queremos propoñervos un reto:
Cada un de vós pode facer o seu molinete azul ou decorar os nosos balcóns de cadenetas azuis, pancartas, coma propón Blanca, tamén podemos facer vídeos pequechos cunha mensaxe para conseguir un mundo máis inclusivo e compartídeo con nós. Enviade un foto ou un vídeo pequeno ao noso correo conversascongarabullo@gmail.com
Unha vez cheguen iremos facendo un vídeo que será publicado aquí e na páxina de cole e neste Blog. Unidos todos
#DiaMundialAutismo
#EuQuedoNaCasa



Coma tamén é o Día do Libro infantil e xuvenil sumámonos á proposta que Cristina a mestra de 1º de primaria lle fixo aos seun nenos e nenas. Unha foto cun libro da súa biblioteca persoal. Mándovos un exemplo de coma fixeron Xoan de infantil e Sara e Xabi de 1º. Tamén podedes contar por que elexides ese libro ou ler un cachiño do mesmo. Lembrade o correo conversascongarabullo@gmail.com.




E coma lectura recomendamos:

Páxinas do Diario de Simón
Páginas del Diario de Simón é unha aproximación ao autismo a través dos ollos dun neno, que narra en primeira persoa, a súa vida escolar e a influenza dun compañeiros que lle moveu o seu mundo. Cóntanos a historia de Simón, un neno de Primaria que empeza un diario que comeza coa chegada á clase de Héctor un rapaz con autismo que rematará sendo o seu amigo inseparable.