martes, 18 de febrero de 2020

IV ENCONTROS DO ENTROIDO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos aquí o Entroido. Chega o tempo do cocido, das orellas e das filloas, dos disfraces e da risa. A época do divertimento!!!
Coma ven sendo tradición na escola, os nenos e nenas de 6º preparan os "atranques" para participar no "Alto dos Xenerais Infantil" de Bandeira e para participar nos IV Encontros do Entroido. Un ano máis iremos a Vila de Cruces a participar xunto con outros centros nun lance de atranques escolares.
Dende a volta das vacacións fomos escoitando como se creaban pequenas batallas verbais nos corredores e na biblioteca, criticando cousas do cole, de Bandeira ou dos propios "xenerais". Un traballo moi duro de achegamento a nosa tradición oral, que esixe un grande esforzo, e que terá a súa recompensa o sábado 22 coa paricipación no Alto dos Xenerais de Bandeira e o xoves 20 coa participación nos "Atranques escolares dos Xenerais do Ulla",e desde logo, coa representación que farán pola tarde para todos nós.
Se queredes saber algo máis dos "Atranques" e do "Alto dos Xenerais Infantil" de Bandeira non deixedes de pasar pola biblioteca Temos un montón de información para todos vós.



0 comentarios: