jueves, 27 de febrero de 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!! o pasado 20 de febreiro saíron as mochilas viaxeiras. Este ano foron os rapaces do "Alto dos Xenerais infantil" os encargados de entregalas. Saíron rumbo as vosas aulas e as vosas casas. Van cheas de imaxinación, ledicia, ilusión, creatividade e diversión que atoparedes nos contos, álbumes e películas que levan. Non podo esquecer as fotos vosas que recollen eses momentos no que fúchedes protagonistas das actividades do cole. Agardamos que disfrutedes con elas.
Non esquezades deixarnos as vosas suxestións para ir mellorando neste proxecto!!



martes, 18 de febrero de 2020

IV ENCONTROS DO ENTROIDO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos aquí o Entroido. Chega o tempo do cocido, das orellas e das filloas, dos disfraces e da risa. A época do divertimento!!!
Coma ven sendo tradición na escola, os nenos e nenas de 6º preparan os "atranques" para participar no "Alto dos Xenerais Infantil" de Bandeira e para participar nos IV Encontros do Entroido. Un ano máis iremos a Vila de Cruces a participar xunto con outros centros nun lance de atranques escolares.
Dende a volta das vacacións fomos escoitando como se creaban pequenas batallas verbais nos corredores e na biblioteca, criticando cousas do cole, de Bandeira ou dos propios "xenerais". Un traballo moi duro de achegamento a nosa tradición oral, que esixe un grande esforzo, e que terá a súa recompensa o sábado 22 coa paricipación no Alto dos Xenerais de Bandeira e o xoves 20 coa participación nos "Atranques escolares dos Xenerais do Ulla",e desde logo, coa representación que farán pola tarde para todos nós.
Se queredes saber algo máis dos "Atranques" e do "Alto dos Xenerais Infantil" de Bandeira non deixedes de pasar pola biblioteca Temos un montón de información para todos vós.



lunes, 10 de febrero de 2020

DEDICA AS TÚAS LECTURAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa sabedes que o xoves 13 é o "Dia Mundial da Radio" e o venres 14 "Día dos namorados". Xuntamos todo e decidimos emitir nestas dúas datas en aberto. Na hora do recreo poderedes ir á radio ou a Biblioteca a dedicarlle un conto aos vosos amigos, amigas, nais, pais, familia,... a quen queirades.
Na entrada do cole tedes unha exposición de contos de amizade e amor coma proposta para que dediquedes. Moito ánimo. Agardamos as vosas dedicatorias.
Ao longo da semana tamén haberá emisións moi interesantes para apoiar un chamamento da UNESCO que nos invita a defender a diversidade. Pensade que a RADIO ten a capacidade de chegar á moita xente, e todos podemos expresarnos e ser escoitados dende os nosos programas variados e adaptados aos nosos gustos e aos nosos oíntes.
Agardámosvos en Radio Garabullo coas vosas dedicatorias e iniciativas.
Mentres deixámosvos o anuncio do "Día Mundia da Radio": Somos a diversidade. Somos a Radio.



miércoles, 5 de febrero de 2020

SUPERHÉROES CONTRA O PLÁSTICO

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa estamos loitando co consumo de plástico, melloramos a nosa selección e reciclaxe do lixo pero aínda podemos facer moitas máis cousas e cambiar moitos costumes que fan que tiremos moito lixo e, sobre todo, moito plástico.
Que estades aprendendo dos plásticos?
Por que loitar contra os plásticos?
Cal é o plástico malo? Como podemos identificalo?
Algunha idea para mellorar a nosa reciclaxe?
Que ideas tedes para reducir o plástico no voso día a día?
Agardo as vosas ideas e respostas...



Iriña Bailarina

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa tedes na biblioteca o conto de Iriña Bailarina. O pasado venres 31 de xaneiro puidemos ver a interpretación deste fantástico conto grazas a compañía Ghazafelhos.
Aprendemos que un pirata, un xogador de fútbol e unha bailarina de caixiña de música poden compartir un único desexo: Xogar sen límites para medrar sen medida.
Non esquezades voltar a ler este fermoso conto co que pechamos este ciclo de "Lecturas pola PAZ"


lunes, 3 de febrero de 2020

Lecturas pola PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis rematamos as "Lecturas pola PAZ" deixando unhas imaxes fermosas. Todos e todas lendo e gozando dos contos!! Uns trouxeron risas e outros emocionáronnos. Grazas a estas lecturas falamos de temas tan dolorosos coma a guerra, os enfados, as envexas, a falta de amizade e empatía e aprendemos a entender mellor esta data tan importante o "Día Escolar da NON Violencia e da PAZ".