lunes, 4 de febrero de 2019

CDU renovada

Ola amiguiños e amiguiñas!! Sabedes o que é a CDU? Pois é un consello de como clasificar e colocar todos os libros da biblioteca para que poidamos atopalos. Nós seguimos a que propoñen as Bibliotecas Escolares de Galicia. Este ano houbo unha pequena renovación da man de Óscar Villán que fixo uns debuxos que nos engancharon  e que decidimos aproveitar. Sabendo que cada vez se unen máis bibliotecas a esta CDU esperamos que pouco a pouco sexa máis doado atopar os libros en calquera biblioteca galega, ao facelo todos do mesmo xeito. Este foi o resultado.
Gústavos?


0 comentarios: