miércoles, 31 de enero de 2018

CONTRATOS VOLUNTARIADO

Aquí podedes ver aos vosos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º asinando os seus contratos de voluntariado de bibliotecas.


lunes, 29 de enero de 2018

II Encontros do Entroido

Xa chega o Entroido!!
Os disfraces e o Alto dos Xenerais.
Do mesmo xeito que o ano pasado fixemos o "Atranque" e invitamos a outros coles para aprender máis do entroido, do recitado oral, dos Xenerais do Ulla; este ano repetímolo con máis novidades en Vila de Cruces
O xoves 1 de Febreiro estaremos no Auditorio Municipal de Vila de Cruces. Alí interpretaremos os "Atranques Escolares dos Xenerais do Ulla" con outros compañeiros doutros centros e con as Regueifas.
Imos a darlle vida ao noso Entroido!!!


domingo, 14 de enero de 2018

CALENDARIO DE XOGOS TRADICIONAIS

Amiguiños e amiguiñas rematou o NADAL!! Xa estamos en tempo de traballo e que mellor xeito de ordenar o tempo que co noso calendario. Vós xa o tedes na casa e para quen o queira descargar ou ver aquí o deixamos.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!