lunes, 20 de febrero de 2017

LIBERAMOS LIBROS: As viaxes dos nosos libros

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Lembrades a actividade que comezamos o ano pasado polo Día do Libro? Nenos, nenas, mestres e pais axudáronnos a "Liberar libros". Libros que toman vida polas rúas cumprindo a súa función de acompañar, entreter e divertir... a quen os atope.
Hai pouco chegou ata nós esta carta de Antía García González que nos encheu de ledicia ao ver que os nosos libros están vivos:

"Boas tardes, esta tarde paseando polo centro comercial Pontiñas de Lalin, miña nai topou un libro titulado "Os soños na gaiola". Ela misma decidiu regalarllo a sua neta que tanto lle gusta ler libros. Cando acabe de lelo deixarao en algún recuncho para que alguen o atope. Boa iniciativa. Noraboa! 😃"

Con esta ilusión agardamos seguir recibindo novas dos nosos libros liberados!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

0 comentarios: