lunes, 25 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Atrás quedou o Día do Libro. Pasámolo en grande!!
É ben divertido lerlle contos a outros nenos e nenas, e así intercambiar os nosos gustos pola lectura. Sei que moitos pensábades en agradar aos vosos compañeiros coas lecturas e buscábades libros axeitados ao voso público.
O voso respecto polo ben feito tamén quedou evidente cando liberamos seis libros que xa están, por diferentes puntos de Galicia e fóra dela, buscando lectores e vivindo libres.
Por todo o voso apoio ás actividades recibíchedes como premio, á vosa labor na semana da prensa, o noso primeiro xornal impreso "As novas de Garabullo"
Rematamos a xornada do Día do Libro co Troco de contos.
Toda unha manchea de actividades para festexar o Día do Libro e vivir unha xornada divertida e inesquecible para todos.
Gracias pola vosa colaboración e pola ilusión que poñedes en todo o que facermos
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!





0 comentarios: