martes, 8 de marzo de 2016

Día Internacional da Muller

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Isabel Ruíz Ruíz
Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller. Que significa esta data para nós os nenos e nenas de 3 a 12 anos?
Ao longo do día escoitamos que hoxe é un día para resaltar a importancia da actuación da muller en todos os ámbitos da vida.
Acordamos que un día é pouco para celebrar unha loita constante, diaria e sen descanso. Pero que neste día debemos lembrar a aquelas mulleres que demostran e demostraron a súa valía e loitaron por elas e por o futuro dos nenos e nenas de hoxe.
Investigamos ás mulleres do noso ámbito. Mulleres galegas que deron un paso adiante, rompendo tradicións, no mundo do deporte, da literatura, da música, do cine, da ciencia, do ensino,... marcando un antes e un despois na súa especialidade.
Parabens a esas mulleres que loitaron, que loitan e que nos animan a loitar polos dereitos, pola igualdade e pola liberdade de todas e todos.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!





0 comentarios: